Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 79:
Desde que na [[Crise de abril de 1917 en Rusia|crise de abril]], as tropas da guarnición da capital —uns 180&nbsp;000 soldados, máis outros 152&nbsp;000 nas localidades próximas<ref name="wade100"/>— seguisen as ordes do [[Soviet de Petrogrado]]<ref name="uldricks617"/> e non as do xeneral [[Lavr Kornilov]], comandante da mesma, o Goberno non tivo máis remedio que tratar coas unidades de Petrogrado a través do soviet.<ref name="rabinowitch49"/> O Goberno non contaba en realidade con tropas realmente fieis: as unidades revolucionarias tendían a seguir as directrices dos grupos de extrema esquerda.<ref name="mosse106">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 106</ref><ref name="ferro335">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 335</ref> Os intentos, ilegais, do propio Goberno de frear a propaganda derrotista dos xornais entre as tropas, resultaron inútiles.<ref name="pethybridge134">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 134</ref> A finais de xullo, o gabinete restaurou a censura militar na prensa a petición do alto mando, e ante a súa ineficacia, tratou de eliminar a prensa derrotista.<ref name="pethybridge135">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 135</ref> A propaganda derrotista, principalmente bolxevique, era moito máis eficaz que a do Goberno, que rara vez chegaba aos soldados, e era moito máis próxima aos sentimentos destes, os máis afectados pola guerra.<ref name="pethybridge160">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 160</ref> Foi o propio propio Goberno, porén, o que permitiu a discusión política aos soldados que non estivesen de servizo, por presión da esquerda e contra a opinión dos mandos. A posibilidade de debater, a propaganda derrotista, e a crise de avituallamento da fronte fixeron que o extremismo político de esquerda se estendese rapidamente entre as tropas.<ref name="pethybridge162">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 162</ref>
 
Como no caso de outrosdoutros grupos, as esixencias dos soldados —uns sete millóns na fronte e outros dous millóns e medio nas guarnicións de retagarda<ref name="wade100"/>— ao comezo da revolución eran moderadas, centradas principalmente na democratización do Exército e a fin dos privilexios dos oficiais e da humillación das tropas.<ref name="uldricks617">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 617</ref> A incapacidade do groso dos mandos para adaptarse á nova situación, o apoio do Goberno aos oficiais, e a fundada sospeita de que as chamadas a recuperar a disciplina militar e a preparación dunha ofensiva tiñan ademais unha segunda intención contrarrevolucionaria levou ao descrédito do Goberno entre os soldados.<ref name="uldricks617"/> A guarnición de Petrogrado, oposta desde o comezo á continuación da guerra, foi perdendo a súa inicial confianza e apoio cara aos dirixentes socialistas moderados ante a falta de reformas.<ref name="uldricks617"/> O errado [[golpe de Kornilov]] a principios do outono acelerou definitivamente o proceso de oposición das tropas ao Goberno de coalición social-liberal e a esixencia de que o soviet tomase o poder.<ref name="uldricks618">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 618</ref>
 
Na fronte, as malas condicións das tropas pola falta de recursos fixo crecer as desercións; na súa maioría "campesiños uniformados". Moitos dos desertores regresaron ás súas aldeas levando con eles o radicalismo que xa crecía nas cidades e que se estendeu deste xeito polas provincias do [[Imperio Ruso|Imperio]].<ref name="pethybridge391"/> Ademais dos axitadores bolxeviques que o partido enviaba ás provincias, os soldados de permiso ou que desertaran actuaban tamén como propagandistas das posicións extremistas en asuntos políticos e sociais, a miúdo con grande efecto nas poboacións do agro ruso.<ref name="pethybridge166">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 166</ref> As desercións eran numerosas xa incluso na primavera: na fronte suroeste calculábanse uns dous mil soldados desertores nos ferrocarrís aos día a mediados de abril.<ref name="pethybridge174">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 174</ref> A chegada dos desertores ás guarnicións da retagarda afectou á moral destas, ademais de influír no campo. No outono, contábanse arredor dos dous millóns deles por todo o país.<ref name="pethybridge174"/>
Liña 165:
Ao desacordo en política agraria, sumouse a tensión entre o gabinete e as minorías: aínda que trala revolución a discriminación fora abolida, só no caso de [[Polonia]] prometérase a independencia dunha das minorías do Estado.<ref name="rabinowitch141">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 141</ref> A relación con [[Gran Ducado de Finlandia|Finlandia]], á que se ofreceron concesións consideradas polos nacionalistas insuficientes, era mala e, co resto, a política gobernamental limitarase a pospoñer calquera cambio á reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa]].<ref name="rabinowitch141"/> Esta situación, polo xeral insatisfactoria, empeorara polas accións dos nacionalistas ucraínos, que formaron un goberno autónomo, a [[Rada Central Ucraína]], que [[Proclamas da Rada Central de Ucraína|arroxouse en xullo ao poder]] na rexión, acción rexeitada polo Goberno de [[Petrogrado]].<ref name="rabinowitch141"/> Os intentos de conciliación de algúns dos ministros progresistas foron rexeitados polos membros do [[Partido Democrático Constitucional]], que utilizou o desacordo para dimitir,<ref name="basil99"/> a pesar de non limitarse este á cuestión ucraína, senón que era a política agraria a causa fundamental das discrepancias e da renuncia.<ref name="wade194"/><ref name="rabinowitch143">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 143</ref><ref name="radkey261">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 261</ref> Catro ministros abandonaron o executivo mentres que Nekrásov, ''kadete'' pero moi independente, abandonou o partido para permanecer no Goberno.<ref name="radkey275">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 275</ref>
 
Tralo fracasado intento de [[Xornadas de Xullo|golpe contra o Goberno a comenzos de xullo]], apoiado pola ala radical do [[Partido bolxevique]], o Goberno tratou de reforzar a súa autoridade e esmagar aos radicais de esquerda, con escaso éxito máis aló das aparencias.<ref name="rabinowitch55">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 55</ref> O arresto dalgúns dirixentes bolxeviques non impediu a fuga de outrosdoutros (como o propio [[Lenin]]) e o Goberno mostrouse incapaz de sometelos a xuízo a pesar das presións dos conservadores.<ref name="rabinowitch57">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 57</ref>
 
A crise política durou ao redor de vinte días, ata que se puido formar un novo gabinete a comezos de agosto.<ref name="wade196993">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 93</ref> Os ''kadetes'' opuxéranse ata ese momento a volver ao Consello de Ministros se este quedaba á mercede dunha maioría socialista e tiña como obxectivo a aplicación do programa do [[Soviet de Petrogrado]].<ref name="wade196993"/>