Vilaboa, Vilaboa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engadir provincia a ficha (via JWB)
Liña 20:
[[Ficheiro:Vilaboa-Hórreo de la rectoral (13421332635).jpg|miniatura|300px|Hórreo da reitoral.]]
 
A casa reitoral é un pazo de pedra do [[século XVII]]. Ten forma de "T" e fiestras con trabatel. Conta cunha gran portada que dá acceso a un patio cunha fonte cuberta por unha bóveda de canón, á que se accede por unha escalinata. Na entrada do patio hai un torreón. O patio está emparrado, e conta cun [[Horreo da Reitoral de San Martiño de Vilaboa|canastro]] do século XVIII]] de 36 pés.
 
En [[Acuña, Vilaboa, Vilaboa|Acuña]] hai dous cruceiros. Un deles é de 1670, e está construído sobre unha rocha grande. Nunha das súas caras está inscrito o ano de construción e o nome dunha persoa. O fuste é octogonal, e está moi desgastado. O capitel está decorado con debuxos, nun lado cos símbolos da paixón. A cruz é simple, sen ningunha imaxe.<br/>O outro cruceiro, situado detrás dun pequeno altar de [[granito]], data do século XVIII. Representa dúas escenas en dous niveis diferenciados. Ten forma rectangular redondeada nos seus ángulos superiores, o que lle dá ao conxunto unha estrutura piramidal. No nivel inferior hai uns seres que van sitiando o corpo dos condenados sobre unha grella martirial. No nivel superior as ánimas que escapan das lapas do [[purgatorio]] son axudadas por dous anxos, situados nos arcos laterais. Por riba do conxunto, sobre un pequeno fuste e un moldurado capitel, está o cruceiro en si, no que aparece a Virxe da Soidade coas mans diante do peito en símbolo de oración pola salvación dos defuntos.