Diferenzas entre revisións de «Fonoloxía»

m
Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
m (Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras)
A Fonoloxía utiliza procedimentos de estudo propiamente lingüísticos, como poden ser a [[conmutación]] ou estudo das [[relacións paradigmáticas]] e [[relacións sintagmáticas|sintagmáticas]] na distinción de oposición e contraste.
 
== Os fonemas ==
 
A Fonoloxía estuda as unidades ideais que os falantes cren pronunciar ou ouvir e que receben o nome de fonemas. Os fonemas son unidades [[funcionalismo|funcionais]] constituídas por un conxunto de rasgos relevantes, mentres que os sons realmente producidos van acompañados de rasgos irrelevantes. En consecuncia, distínguense fonema e halófonos, ou posíbeis realizacións na fala.
As diferenzas fonolóxicas permiten que nunha lingua determinada se poidan distinguir significados. Os dous b de ''vai'' e ''avó'' non manteñen unha oposición distintiva, pero si /p/ e /b/ en todos os casos, ainda que estes fonemas en [[Lingua árabe|árabe]] son só alófonos e confúndense, como sucede con /l/ e /r/ nalgunhas linguas asiáticas.
 
=== Os rasgos ===
 
Un rasgo diferencial é a diferenza mínima que opón dous fonemas. Os exemplos inclúen a [[abertura]] para as vogais ou a [[localización]] ([[labial]], [[dental]]) nas consoantes. Os rasgos son os constituintes dos fonemas, de maneira que un fonema é un conxunto de rasgos pertinentes pronunciados simultaneamente. O fonema non ten realidade concreta en si mesmo mais si ten un valor práctico porque é a unidade que o falante identifica, e non os rasgos.
67.216

edicións