Dolmen de Cabaleiros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
==Descrición==
Está sobre un túmulo dun diámetro aproximado de 30 metros e dous metros de altura. O dolmen está formado por sete [[ortóstato]]s máis a lousa de teito de 4×3,40 m. A cámara é poligonal aberta con corredor orientado ao leste. Está datado no terceiro milenio antes da era actual.<ref>{{Cita web|url=http://patrimoniogalego.net/index.php/5606|data-publicación=14-09-2011|páxina-web=Patrimonio Galego|título=Dolmen de Cabaleiros|data-acceso=30-04-2018}}</ref>
 
== Ocupación e asentamento ==
A existencia deste dolmen na área de Tordoia indícanos que o grupo étnico do período megalítico asentado na zona era un dos máis importantes. Dise tamén que estas construcións colocábanas para delimitar territorios asentados, que tras facer unha selección para os pastos e cultivo, queimaban zonas de arboleda, e sobre as súas cinzas dedicábano á agricultura. Este dato podería ser bastante preciso debido á orografía do terreo e á calidade dos os seus pastos que repercute na súa actividade económica, gandeira e os cultivos forraxeiros<ref>{{Cita web|url=http://turismo.tordoia.es/es/tordoia-arqueoloxica/dolmen-de-cabaleiros/|páxina-web=Concello de Tordoia|título=Dolmen de Cabaleiros. Turismo de Tordoia|data-acceso=21/08/2020}}</ref>
 
== Lenda ==
Este dolmen, chamado tamén Casa da Moura, porque segundo conta unha lenda, unha Moura, trasladou a pedra de 4,60 metros de longo sobre a cabeza, mentres tecía un vestido<ref>{{Cita libro|título=Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria|apelidos=Vaqueiro|nome=Víctor|editorial=Ed. Galaxia|ano=1998|ISBN=84-8288-205-8|ref=|páxinas=139}}</ref>
 
== Situación ==
 
=== Localización: ===
Sita na Avenida do Dolmen s/n, parroquia de Cabaleiros.
 
=== Coordenadas: ===
43.096922, -8.550280
 
=== Accesos: ===
 
* CP 8401 – PK 4,3 dende Santiago
* CL 4130 dende Ordes, Cerceda e Carballo
* AC 400 dende Santa Comba e Val do Dubra
* CP 1914 dende Coristanco, Carballo e Santiago
 
== Galería de Imaxes ==