Mitra (mitoloxía): Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 52:
Do corpo do touro xorden herbas, plantas e cereais (pan, vide), este desenvólvese en presenza de dous personaxes: Cautes e Cautópates; que sosteñen cada un un facho, un dirixíndoo cara ó alto (Cautes), e outro cara abaixo (Cautópates), ambos representan o amencer e o luscofusco. Mitra e Sol comparten a carne do touro, acompañado de pan e auga (quizais viño), nun banquete no seo da cova primordial. A continuación, Sol e despois Mitra, elévanse cara o ceo para o Xuízo e a Redención. Así fai a alma do crente que pasa, na súa ascensión, por sete portas asociadas a sete metais e ós sete planetas, ordenadas segudo a secuencia dos sete días da semana.
 
Mitra e Xesús comparten o mesmo día de nacemento (25 de decembro, o cristianismo o faría a partir do [[século II]]) e as mesmas crenzas sobre a fin do mundo. Mitra non morre, elévase cara o ceo para executar o Xuízo e resurrección dos corpos. O sacrificio do touro é interpretado como un sacrifico de redención do mundo. O asasinato do touro é primitivamente a obra de Ahrimán, príncipe do Mal iraníiraniano, que quere así, co seu escorpión que colle coas súas pinzas os xenitais do Touro, viciar a vida na súa fonte. Derramando o sangue do touro, Mitra fertiliza o mundo e permite a prepetuación da Creación. Ó contrario que nos ritos de Cibeles, o culto de Mitra non implica un sacrificio tauróbolo, este foi cumprido dunha vez por todas por Mitra na orixe. O rito consiste esencialmente na “oblación do pan”, para conmemorar o banquete primordial de Sol e Mitra, que precedeu á súa ascensión.
 
== Notas ==