Relapse Records: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Beninho (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 10:
En [[1991]] o selo moveu a súa sede a [[Millersville, Pensilvania]]. En [[1992]] o selo ampliou o seu alcance coa creación da súa filial Release Entertainment, especializada en [[música experimental]], [[Música ambient|ambient]], [[Música industrial|industrial]] e [[Música noise|noise]]. Cun crecemento continuado comezou a vender por correo e polo miúdo converténdose ao pouco tempo no maior centro de distribución underground de heavy metal dos [[Estados Unidos]]. O servizo de pedidos por correo transportaba unha gran variedade de gravacións e mercadotecnia de música extrema, ademais de publicacións de todo o mundo.
 
Ao longo dos anos Relapse continuou medrando e asinou contratos con artistas máis influíntesinfluentes dun espectro máis amplo de xéneros. En [[1996]] Relapse desvelou a Resound Music Resource Guide. Resound brindou aos fans un acceso directo ao listado de artistas do selo a través de entrevistas e recensións, ademais de formar parte do catálogo de pedidos por correo.
 
En [[1998]] Relapse abriu unha oficina de promocións en [[Berlín]], ademais de conseguir un acordo de distribución en [[Alemaña]]. No ano [[2003]], Relapse organizou un festival de música, o Relapse Contamination Festival, que tivo lugar os días 18 e 19 de xaneiro no Trocadero Theatre de [[Filadelfia, Pensilvania]] e contou con varios artistas do selo. No ano [[2000]] Relapse mudouse a Upper Darby, ás aforas de Filadelfia, e comezou a pensar en abrir unha tenda física. En xuño de [[2001]] o selo inaugurou a súa primeiros tenda de discos en Filadelfia.