Globo de Betanzos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dodro (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 26:
 
=== Relación coas festas de San Roque ===
Paralelamente, aínda que se descoñecen os anos e a súa continuidade, o concello comezou a incluír a elevación dun ou máis globos durante as [[Festas de San Roque de Betanzos|festas patronais na honra de San Roque]]. Consta a construción de aeróstatos con tal fin nos anos de [[1834]], [[1840]], [[1863]] ou [[1865]], realizados por artesáns como Manuel Ramos Casal ou Juan Contas. Entre os anos [[1868]] e [[1871]] o globo foi confeccionado por Luis Abella, a quen tamén se lle encargou facer o do ano [[1876]], mentres que no [[1872]] foi feito por Antonio Pedreira. Emporiso, [[Claudino Pita Pandelo]] é o persoeiro relacionado inseparablemente ó Globo de Betanzos, quen o fixo no ano [[1875]] e de [[1877]] en diante. [[Francisco Vales Villamarín|Vales Villamarín]] citaba que no primeiro terzo do [[século XX]] voábanse dous grandes globos durante as festas padroeiras: un o día 15 de agosto coincidindo coa [[Asunción de María]], e outro o día 16, o día de [[Roque de Montpellier|San Roque]], sendo o segundo de dimensións máis reducidas.<ref name="anuario">{{Cita publicación periódica |url=http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1981PDF/1981%20176_220.pdf |apelido=Vales Villamarín |nome=Francisco |ano=1981 |páxina=208 |título=O globo de Betanzos |revista=Anuario Brigantino | número=4 |lugar=Betanzos |lingua=gl}}</ref>
 
En [[1868]] voáronse tres globos polos que pagaron a Luis Abella a suma de 96 escudos. No ano seguinte foron de novo tres, mais desta volta o encargado da construción dos globos foi Manuel Ramos Casal, que ademais subministrou os materias necesarios para a súa construción.<ref>[[#Erias|Erias]], p. 56-57</ref> A partir do ano [[1935]] suprimiuse o globo do día 15, elevándose un único globo de grandes dimensións o día 16.{{Harvnp|de las Morás Hervella|1992|pp=48}} Claudino Pita é o responsable do actual deseño, que cada ano continúan recreando os seus descendentes ata os nosos días, interrompéndose o evento unicamente durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]]{{Harvnp|Lissarrague Leis|1990|pp=139}}{{Harvnp|de las Morás Hervella|1992|pp=47}} e durante a [[Pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia|pandemia por coronavirus]] en [[2020]].{{Harvnp|Lissarrague Leis|1990|pp=139}}{{Harvnp|de las Morás Hervella|1992|pp=47}}<ref>{{Cita novas |dataapelidos=6Cancela de|nome=Lucía xullo|apelidos2=S. de|nome2=T. 2020|título=Este añoano nonon habráhaberá globo ninin Caneiros en Betanzos |url=https://wwwgalego.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/betanzos/2020/07/05/betanzos-cancela-fiestas-agosto-incluido-globo/0003_202007H5C10997.htm |data=6 de xullo de 2020 |data-acceso=19 de agosto de 2020|lingua=es |xornal=[[La Voz de Galicia]]|apelidos=Cancela|nome=Lucía|apelidos2=S.|nome2=T.}}</ref>
 
En [[2018]] o globo de Betanzos non voou por primeira vez na súa historia a causa dunha rotura motivada presuntamente por engancharse a algún elemento, presumiblemente unha farola da torre da [[Igrexa de Santo Domingo de Betanzos|igrexa de Santo Domingo]], se ben descoñécese cal puido ser o lugar exacto onde rompeu un dos cuartenones. Ante a imposibilidade de que o aeróstato voara valorouse queimalo no chan, do mesmo xeito como "se queimaría" no ceo, aínda que finalmente optouse por repartir o papel entre o público asistente.<ref>{{Cita novas |url=https://www.europapress.es/galicia/noticia-globo-betanzos-no-puede-volar-primera-historia-romperse-20180817104947.html |título=El globo de Betanzos no puede volar por primera en su historia tras romperse |xornal=EuropaPress.es |data=17 de agosto de 2018 |dataacceso=25 de xullo de 2019 |lingua=es}}</ref>
Liña 35:
 
== Características ==
O Globo de Betanzos faise de xeito artesanal e cos materiais empregados tradicionalmente. As dezaseis porcións que o conforman están feitas con papel pardo, pegado con engrudo de [[fariña]] de [[centeo]] e reforzado con cinta de [[algodón]]. Está ilustrado con viñetas humorísticas. Acada unha altura máxima de 25 [[metros]], un diámetro máximo de 16 metros e unha circunferencia máxima de pouco máis de 50 metros. Pesa baleiro arredor de 150 [[quilogramo]]s, alberga ata 2 300 [[m³]] de aire, que se quenta mediante a queima de ''"pachuzos"'' (fachos de palla) e ''"chourizos"'' (paquetes de papel apertado) impregnados en aceite. Considérase o globo de papel máis grande do mundo<ref>{{cita web |apelido=Nebreda |nome=Marcos |url=http://www.elmundo.es/elmundo/2011/08/17/galicia/1313571337.html |título=El globo de papel más grande del mundo vuelve a surcar el cielo de Betanzos |lingua=Castelánes |data=17 de agosto de 2011 |autorxornal=El Mundo}}</ref>.
 
O globo lánzase a noite do 16 ó 17 de agosto dende a praza [[Irmáns García Naveira]] de Betanzos e sóltase dende campanario da igrexa de Santo Domingo. Ó evento, que dura algo máis de media hora, asisten cada ano decenas de miles de espectadores<ref>{{cita web |autor=A. S. R. |url=http://wwwgalego.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/08/17/globo-betanzos-reinventa/0003_20140820140817010455748.htm |lingua=Castelán|título=ElO globo de Betanzos se reinventareinvéntase |data=17 de agosto de 2014 |autorxornal=La Voz de Galicia}}</ref>.
[[Ficheiro:Igrexa de San Domingo de Betanzos - Galiza.jpg|miniatura|300px|Igrexa de Santo Domingo de Betanzos.]]