Coirós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 116:
 
=== Idade Contemporánea ===
No ano 1836 algunha das doce parroquias do concello de Muniferral pasa a formar parte do novo municipio de Coirós. Posteriormente, no ano 1842 pretendeuse que este concello se integrase no de Betanzos pero esta pretensión non saíu adiante. Ademáis no lugar de Flores, na parroquia de Santa María de Ois, descubriuse no ano 1915 un torque de ouro que hoxe en día exhíbese no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, na cidade da Coruña. Perdura a crenza de que no monte Felgar redicaba o castrum Leaccium, máis inda non apareceu ningunha mostra que así certifique a súa presenza<ref name=":1" />.
 
== Cultura ==
Liña 133:
En 1863, o arqueólogo Antonio da Iglesia<ref>{{Cita libro|título=Santa Olalla de Espenuca|apelidos=De la Iglesia|nome=Antonio|editorial=|ano=|ISBN=|ref=|serie=Galicia: Revista universal de este Reino|volume=Vol. XXIV}}</ref> publicou unha inscrición na que se indicaba que o presbítero Cendulfo terminara a obra do santuario que puxo baixo a advocación de Santa Baia, o día 1 de marzo do ano 881. Desgraciadamente, esta inscrición perdeuse, aínda que cara a finais do século XIX aínda era parcialmente visible. A construción do templo prerrománico podería relacionarse co interese da Igrexa por sacralizar lugares relacionados con cultos pagáns, tal e como sucede tamén en San Cosme de Sésamo e outros puntos de Galicia.
 
'''O castelo da Mota''' '''ou Mota de Ois'''<ref>{{Cita web|url=http://patrimoniogalego.net/index.php/98707/2018/02/fortaleza-da-mota-de-ois/|páxina-web=Patrimonio Galego|título=Fortaleza da Mota de Ois|data-acceso=18/08/2020|apelidos=Franco|nome=Óscar}}</ref> <ref>{{Cita libro|título=Las Fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños|apelidos=Rodríguez González|nome=Ángel|editorial=Fundación Pedro Barrié de la Maza|ano=1984|ISBN=9788497521079|ref=|serie=Padre Sarmiento de Estudios Gallegos}}</ref> en ruínas xa que só se conservan restos dos muros. Situado sobre un outeiro a uns 230 metros de altitude e sobre un primitivo castro. Data do século XII. Tiña unha planta duns 30 por 35 metros. Construído en sillería de granito de aparello irregular. Cara o NO é onde se conserva a maior altura. Tamén se ven restos dos alicerces doutras construcións que cinguen a torre. O castelo pertenceu a Pedro Fernández de Andrade, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Foi derrubado durante as guerras irmandiñas polo Arcebispo Alonso de Fonseca. Parece que foi reconstruído de novo, pero foi outravolta derrubado polo gobernador de Galicia Fernando de Acuña, por mandato dos Reis Católicos. Na zona había outros dous castelos que semellaban dominar e protexer en puntos estratéxicos situados no cauce do río Mandeo e, polo tanto, o acceso á cidade de Betanzos por esa vía. Estes eran os da Espenuca e o outro estaría en Aranga. Segundo a lenda foi unha fortificación de mouros, había un túnel secreto que partía dos sotos do castelo e ía ata o río polo onde se levaban os cabalos a beber, ademais de actuar como camiño de fuxido para os morarodos en caso de seren atacados. Tamén se di que na mota había un gran tesouro agochado e algunhas persoas andiveron na súa procura. No lugar do Casal utilizáronse as súas pedras para construír as casas.
 
Así tal e como se recolle, o nome do río Mandeo, tería seguinte orixe. A xente dos concellos de Aranga e Coirós relata que “estando os mouros acampados na ribeira deste río, dous dos seus caudillos comezaron a discutir sobre quen comandaría as tropas. O máis valente e decidido dos dous, ao ver que non se poñían de acordo, deu un grito exclamando: – aquí ''mando eu''!”<ref>{{Cita libro|título=Estudos de Onomástica Galega Microtoponimia: experiencias de recolla, didáctica e codificación|apelidos=Ferro Ruibal|nome=Xesús|editorial=Real Academia Galega|ano=2016|ISBN=978-84-946005-2-4|ref=|páxina=248|serie=Sección de Lingua / Seminario de Onomástica}}</ref>.
 
'''A igrexa románica de Santiago de Ois,''' da primeira metade do século XIII<ref>{{Cita web|url=https://1000-lugares-en-galicia.blogspot.com/2016/10/iglesia-romanica-santiago-de-ois-coiros-a-coruna.html|páxina-web=Mil lugares de Galicia|título=Iglesia Románica de Santiago de Ois, en Coirós. Provincia de A Coruña.|data-acceso=18/08/2020}}</ref>. Pouco se coñece da súa historia durante a época medieval, aínda que a presenza do castelo da Mota de Ois, que pertenceu aos Andrade, é un expoñente do interese que debeu de ter este termo durante a Idade Media<ref name=":2">{{Cita libro|título=Arte Románico en el Golfo Ártabro y el Oriente Coruñés|apelidos=Carrillo Lista|nome=María del Pilar|editorial=Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia da Arte. Santiago de Compostela|ano=2005|ISBN=|ref=|páxinas=766-770|volume=Cap. XII|url=http://hdl.handle.net/10347/9516}}</ref>. En 1471, esta fortaleza pasou por herdanza a Pedro Fernández de Andrade, que a recibiu cos setenta vasalos que conlevaba. Apenas se coñecen documentos medievais referentes a esta igrexa, pero si unha real cédula dos Reis Católicos, datada en 1487, pola que ordenan ao presidente e oidores da Audiencia de Galicia que lles envíen o proceso orixinal do preito establecido entre a cidade de Betanzos e Pedro Fernández de Andrade respecto a os ''"cotos de Oes e Oys"'', para que se vexa na Corte<ref name=":2" />.
Liña 153 ⟶ 155:
 
=== Patrimonio fluvial ===
'''Lugar de Chelo''', este lugar é un paraxe fluvial situado no val de A Espenuca, que foi declarado paisaxe pintoresco polo decreto 2646/1972 de 18 de agosto<ref>{{Cita web|url=https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1972-48700|páxina-web=Boletín Oficial del Estado|título=Decreto 2646/1972, de 18 de agosto, por el que se declara paraje pintoresco el lugar de Chelo, de los Ayuntamientos de Coiros y Paderne (La Coruña).|data-acceso=18/08/2020}}</ref>. Accedese a este lugar dende a N-VI, no lugar de Collantres e seguindo as indicacións do Coto de Chelo. Destaca a súa vexetación, na que predominan os ameneiros, freixos, abeleiras á beira do río e castiñeiros e carballos mais alonxados do río, en en canto á fauna destaca por ser un dos poucos ríos nos que conviven os salmóns, a troita, o reo e a anguía, O coto de pesca atrae a numerosos pescadores cada ano. Ademais, atopamos o mexillón de río, a píntega, o merlo rieiro, o martiño peixeiro ou a lontra.
 
Destaca a súa vexetación, na que predominan os ameneiros, freixos, abeleiras á beira do río e castiñeiros e carballos mais alonxados do río, en en canto á fauna destaca por ser un dos poucos ríos nos que conviven os salmóns, a troita, o reo e a anguía, O coto de pesca atrae a numerosos pescadores cada ano. Ademais, atopamos o mexillón de río, a píntega, o merlo rieiro, o martiño peixeiro ou a lontra.
'''Proxecto Mandeo'''<ref>{{Cita web|url=http://www.riomandeo.com/index.php?s=18&cat=s|páxina-web=Río Mandeo|título=Proxecto Mandeo|data-acceso=18/08/2020}}</ref>, este proxecto liderado pola Deputación de A Coruña e os concellos, é unha iniciativa que nace do interese por preservar o patrimonio medioambiental do río, catalogado na súa parte inferior, de ó redor de 1.020ha, como espazo natural protexido ó estar integrado na Rede Natura 2000.