Coirós: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ref
Liña 32:
O concello, de 32,8 km², abrangue seis parroquias. Está situado ó noroeste da provincia da Coruña, e limita ao norte con [[Betanzos]] e [[Paderne]], ao sur con e [[Aranga]], ao leste con Aranga e [[Irixoa]] e ao oeste con [[Oza-Cesuras]]. Está atravesado pola estrada [[N-VI]] e a autovía [[A-6]] que unen [[Madrid]] e [[A Coruña]].
 
=== Hidrografía, orografía e climaorografía ===
Está atravesado polos ríos [[río Mandeo|Mandeo]] e [[río Mendo|Mendo]], xunto cos seus afluentes rego de Tararou do Mendo e río Vexo, regato das Pías e rego das Bouzas do Mandeo. Os cumios máis destacados son o Pico da Felga (506 m), Fonte do Oso (448 m) e o [[monte da Retorta]] (502 m). Ten un [[clima oceánico]] suave.
 
=== PatrimonioClima ===
Ten un [[clima oceánico]] suave. En Coirós, os veráns son cálidos; os invernos son longos, fríos e húmidos e está parcialmente nubrado durante todo o ano. Durante o transcurso do ano, a temperatura xeralmente varía de 5 ° C a 25 ° C e de cando en cando baixa a menos de -0 ° C ou sobe a máis de 30 ° C.
 
=== Demografía ===
Liña 101 ⟶ 104:
 
{{Hab info|2550|2292|2209|1606|1650|1713|1771|1765|1751|||}}
 
== Historia ==
 
=== Idade Antiga ===
Crese que Coirós foi lugar de asentimento humano desde moi tempo remoto, os primeiros vestixios atópanse relacionados coa cultura castrexa, representada polos castros da Espenuca, Xora e Flores<ref name=":0">{{Cita libro|título=Coirós por dentro|apelidos=Fiaño Sánchez|nome=Manuel|editorial=Diputación Provincial de A Coruña|ano=2006|ISBN=84-9812-044-6|ref=|páxinas=22}}</ref>
 
Existen indicios da existencia en Coirós de pobos precristiáns con cultos pagáns en Spelunca, o que sería o actual lugar de Espenuca, onde se conservan pegadas da cultura castrexa como son restos de muíños e lápidas con incricións<ref name=":1">{{Cita libro|título=Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|apelidos=|nome=|editorial=Ed. El Progreso|ano=2005|ISBN=84-87804-12-8|ref=|volume=Vol. X|páxina=166}}</ref>.
 
=== Idade Media ===
A chegada do cristianismo comportou a edificación dun mosterio na Espenuca que, trala invasión dos suevos no século V, permaneceu destruído. Igualmente o Castelo da Mota, situado en Santiago de Ois, derrubouse e hoxe só se observan as súas ruínas<ref name=":1" />.
 
=== Idade Contemporánea ===
Ademáis no lugar de Flores, na parroquia de Santa María de Ois, descubriuse no ano 1915 un torque de ouro que hoxe en día exhíbese no Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón, na cidade da Coruña. Perdura a crenza de que no monte Felgar redicaba o castrum Leaccium, máis inda non apareceu ningunha mostra que así certifique a súa presenza<ref name=":1" />.
 
== Cultura ==
 
=== Patrimonio ===
=== Patrimonio artístico ===
[[Ficheiro:P1090557 Moura Pena Furada (Coirós, Coruña).jpg|esquerda|miniatura|200px|Petróglifo da Moura, en Pena Furada.]]
 
'''A Pena Furada.''' No lugar de [[Figueiras, Santa Mariña de Lesa, Coirós|Figueiras]] ([[Santa Mariña de Lesa, Coirós|Santa Mariña de Lesa]]) están os [[petróglifo]]s de [[Pena Furada]]. Posteriormente, o santuario foi cristianizado a través da igrexa de Santa Marina de Lesa, moi preto do lugar, a uns 800 metros, e tamén orientada estratéxicamente<ref>{{Cita audiovisual|título="ARQUEOASTRONOMÍA E RELACIÓNS ASTRONÓMICAS EN PENA FURADA". CONFERENCIA DE ANTÓN MALDE|autor=|url=https://www.youtube.com/watch?v=Jntu9qS458o|data=03/10/2015|medio=Sociedade Antropolóxica de Galicia}}</ref>.
 
Actualmente estase a traballar no proxecto, sendo un equipo multidisciplinar<ref>{{Cita libro|título=Grandes enigmas de la Historia|apelidos=Martínez Rodríguez|nome=Tomé|editorial=Ediciones Nowtilus|ano=2016|ISBN=978-84-9967-804-7|ref=}}</ref> formado por arqueólogos, arquitectos, entre outros, e dirixido polo arqueólogo director Antón Malde<ref>{{Cita web|url=http://historiadegalicia.gal/2019/09/pena-furada-a-moura-e-as-pedras-que-cambian-co-movemento-do-sol/|páxina-web=Historia de Galicia|título=Pena Furada, a moura e as pedras que cambian co movemento do sol|data-acceso=18/08/2020|data=10/09/2019}}</ref>.
No monte da Espenuca está a ermida de Santa Eulalia.
 
'''A ermida de Santa Eulalia''' sitúase no monte da Espenuca. Este mirador natural, situado a 290 m.s.n.m. sobre a comarca de As Mariñas permite ver o paso do Mandeo sobre o lugar de Chelo, e grande parte da comarca.
 
Unha lenda conta que o fundador deste cenobio foi un cabaleiro galego que incorrera en graves pecados; para purgar as súas culpas fundou catro templos nos sitios máis elevados da comarca, de maneira que puidesen ser vistos uns desde os outros. Na actualidade só se conservan o de Santa Marta de Babío (Bergondo) e o de Santa Baia dá Espenuca, onde aseguran que morreu o fundador tras levar unha vida exemplar. O certo é que a historia da igrexa remóntase a antes do ano 830, xa que de entón é unha designación de igrexas pertencentes ao bispado de Iria, entre as que se cita a de Espenuca<ref>{{Cita web|url=https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2015/01/santa-baia-da-espenuca-coiros.html|páxina-web=Galicia pueblo a pueblo|título=Santa Baia da Espenuca, Coirós|data-acceso=18/08/2020|nome=Alberto|apelidos=García Roldán}}</ref>.
 
En 1863, o arqueólogo Antonio da Iglesia<ref>{{Cita libro|título=Santa Olalla de Espenuca|apelidos=De la Iglesia|nome=Antonio|editorial=|ano=|ISBN=|ref=|serie=Galicia: Revista universal de este Reino|volume=Vol. XXIV}}</ref> publicou unha inscrición na que se indicaba que o presbítero Cendulfo terminara a obra do santuario que puxo baixo a advocación de Santa Baia, o día 1 de marzo do ano 881. Desgraciadamente, esta inscrición perdeuse, aínda que cara a finais do século XIX aínda era parcialmente visible. A construción do templo prerrománico podería relacionarse co interese da Igrexa por sacralizar lugares relacionados con cultos pagáns, tal e como sucede tamén en San Cosme de Sésamo e outros puntos de Galicia.
 
'''O castelo da Mota''' '''ou Mota de Ois'''<ref>{{Cita web|url=http://patrimoniogalego.net/index.php/98707/2018/02/fortaleza-da-mota-de-ois/|páxina-web=Patrimonio Galego|título=Fortaleza da Mota de Ois|data-acceso=18/08/2020|apelidos=Franco|nome=Óscar}}</ref> <ref>{{Cita libro|título=Las Fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños|apelidos=Rodríguez González|nome=Ángel|editorial=Fundación Pedro Barrié de la Maza|ano=1984|ISBN=9788497521079|ref=|serie=Padre Sarmiento de Estudios Gallegos}}</ref> en ruínas xa que só se conservan restos dos muros. Situado sobre un outeiro a uns 230 metros de altitude e sobre un primitivo castro. Data do século XII. Tiña unha planta duns 30 por 35 metros. Construído en sillería de granito de aparello irregular. Cara o NO é onde se conserva a maior altura. Tamén se ven restos dos alicerces doutras construcións que cinguen a torre. O castelo pertenceu a Pedro Fernández de Andrade, fillo de Fernán Pérez de Andrade. Foi derrubado durante as guerras irmandiñas polo Arcebispo Alonso de Fonseca. Parece que foi reconstruído de novo, pero foi outravolta derrubado polo gobernador de Galicia Fernando de Acuña, por mandato dos Reis Católicos. Na zona había outros dous castelos que semellaban dominar e protexer en puntos estratéxicos situados no cauce do río Mandeo e, polo tanto, o acceso á cidade de Betanzos por esa vía. Estes eran os da Espenuca e o outro estaría en Aranga. Segundo a lenda foi unha fortificación de mouros, había un túnel secreto que partía dos sotos do castelo e ía ata o río polo onde se levaban os cabalos a beber, ademais de actuar como camiño de fuxido para os morarodos en caso de seren atacados. Tamén se di que na mota había un gran tesouro agochado e algunhas persoas andiveron na súa procura. No lugar do Casal utilizáronse as súas pedras para construír as casas
 
'''A igrexa románica de Santiago de Ois,''' da primeira metade do século XIII<ref>{{Cita web|url=https://1000-lugares-en-galicia.blogspot.com/2016/10/iglesia-romanica-santiago-de-ois-coiros-a-coruna.html|páxina-web=Mil lugares de Galicia|título=Iglesia Románica de Santiago de Ois, en Coirós. Provincia de A Coruña.|data-acceso=18/08/2020}}</ref>. Pouco se coñece da súa historia durante a época medieval, aínda que a presenza do castelo da Mota de Ois, que pertenceu aos Andrade, é un expoñente do interese que debeu de ter este termo durante a Idade Media<ref name=":2">{{Cita libro|título=Arte Románico en el Golfo Ártabro y el Oriente Coruñés|apelidos=Carrillo Lista|nome=María del Pilar|editorial=Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Xeografía e Historia. Departamento de Historia da Arte. Santiago de Compostela|ano=2005|ISBN=|ref=|páxinas=766-770|volume=Cap. XII|url=http://hdl.handle.net/10347/9516}}</ref>. En 1471, esta fortaleza pasou por herdanza a Pedro Fernández de Andrade, que a recibiu cos setenta vasalos que conlevaba. Apenas se coñecen documentos medievais referentes a esta igrexa, pero si unha real cédula dos Reis Católicos, datada en 1487, pola que ordenan ao presidente e oidores da Audiencia de Galicia que lles envíen o proceso orixinal do preito establecido entre a cidade de Betanzos e Pedro Fernández de Andrade respecto a os ''"cotos de Oes e Oys"'', para que se vexa na Corte<ref name=":2" />.
 
'''A igrexa románica de San Xulián de Coirós'''<ref>{{Cita web|url=https://galiciapuebloapueblo.blogspot.com/2014/09/iglesia-romanica-de-san-xulian-de-coiros.html|páxina-web=Galicia Pueblo a Pueblo|título=Iglesia Románica de San Julián de Coirós|data-acceso=18/08/2020|nome=Alberto|apelidos=García Roldán}}</ref>''',''' poucas son as referencias históricas que se coñecen relativas a este templo e ao seu termo. A referencia máis antiga data do tempo do rei don Fernando IV o Emprazado, sucesor de Sancho IV o Bravo, quen outorgou un privilexio ao mosteiro de Cines en 1293 polo que lle concedía xurisdición ordinaria sobre os termos de Oza, Lesa e Coirós. No século XVIII os habitantes desta parroquia gozaban do dereito de veciñanza da cidade de Betanzos e, a principios do século XX, a provisión da igrexa corría a cargo dos Pardo Bazán. Templo de estilo románico de finais do século XII ou principios do XIII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, da que sobresae a ábsida rectangular.
 
'''A igrexa de Santa María de Ois'''<ref>{{Cita web|url=https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/24762/igrexa-de-santa-maria-de-ois?langId=es_ES&tp=8&ctre=31|páxina-web=Turismo de Galicia|título=Igrexa de Santa María de Ois|data-acceso=18/08/2020}}</ref>, igrexa de estilo románico que data do século XII (1183), de tipoloxía rural moi frecuente na comarca. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. No interior o tránsito entre o presbiterio e a nave realízase a través dun arco triunfal apuntado. O templo só ten bóveda na ábsida, que se reforza con dous arcos, o triunfal e outro intermedio, que arrincan de catro semicolumnas encostadas e coroadas por capiteis ornamentados con grosas follas e cintas en espiral. No exterior concéntrase a decoración na fachada principal, onde destaca o tímpano. Posúe unha inscrición que fai referencia ó presbítero Pelaio de Oídes e ao ano de construción.
 
'''A igrexa de Santa Mariña de Lesa'''<ref>{{Cita web|url=https://www.turismo.gal/recurso/-/detalle/24764/igrexa-de-santa-marina-de-lesa?langId=es_ES&tp=8&ctre=31|páxina-web=Turismo de Galicia|título=Iglesia de Santa Mariña de Lesa|data-acceso=18/08/2020}}</ref>, Iglesia de estilo románico de transición ao gótico do século XIII. Na súa planta rectangular desenvólvese unha soa nave, cunha ábsida rectangular. No interior, o espazo correspondente ao presbiterio conserva elementos románicos como as catro columnas encostadas, os dous arcos e a bóveda. O exterior da ábsida desta igrexa presenta ao sur dous contrafortes e unha pequena xanela oxival con archivolta e impostilla e ao norte engadíronlle unha sancristía<ref name=":0" />.
 
=== Patrimonio Natural ===
Neste concello atopamos, '''o río Vexo ou o Fervenzas''' (coñecido con estes dous nomes), é un afluente do río Mandeo. O sendeiro que parte da Ponte de Xora discorre por unha paisaxe que goza de tranquilidade e fermosura, na que se atopan varios muíños que nos recordan a importancia do río para os nosos antergos. Tamén no discurso do tramo do río atopamos unha antiga ferreiría coñecida como “O Machuco de Ois”, do que aínda se conservan os muros de grandes dimensións, tanto os do edificio principal como os dunha edificación anexa que podería ser a vivenda.
 
'''O lugar de Mende''', nun entorno tranquilo no que o Mendo nos deleita cunha bonita paraxe na que podemos atopar dous muíños totalmente rehabilitados e que antigamente foron muíños de maquía, tal como se pode apreciar dende o exterior, xa que a súa rehabilitación respetou con sumo cuidado os elementos do muíño. Nesta paraxe atopamos dous muíños; o “Muíño do Carlista” e o “Muíño do Mende”.
 
Mención especial merece '''o Monte do Gato''', este monte é o límite natural entre os concellos de Aranga, Coirós e Oza dos Ríos. No Monte do Gato atópase o punto mais alto do Concello, con 512 metros de altura e dende o que se pode desfrutar dunhas extaordinarias vistas sobre a comarca das Mariñas.
 
O Monte conserva o seu estado natural dende hai miles de anos, tanto a  nivel paisaxístico como no que se refire á conservación da súa fauna, na que destacan o corzo, o raposo, o xabarín, as aves rapaces e o retraído gato montés, especie da que é probable que derive o nome este Monte. O gato montés é unha especie protexida polo Real Decreto 439/90, e catalogado como “de interese especial”.
 
=== Patrimonio fluvial ===
'''Lugar de Chelo''', este lugar é un paraxe fluvial situado no val de A Espenuca, que foi declarado paisaxe pintoresco polo decreto 2646/1972 de 18 de agosto<ref>{{Cita web|url=https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1972-48700|páxina-web=Boletín Oficial del Estado|título=Decreto 2646/1972, de 18 de agosto, por el que se declara paraje pintoresco el lugar de Chelo, de los Ayuntamientos de Coiros y Paderne (La Coruña).|data-acceso=18/08/2020}}</ref>. Accedese a este lugar dende a N-VI, no lugar de Collantres e seguindo as indicacións do Coto de Chelo.
Destaca a súa vexetación, na que predominan os ameneiros, freixos, abeleiras á beira do río e castiñeiros e carballos mais alonxados do río, en en canto á fauna destaca por ser un dos poucos ríos nos que conviven os salmóns, a troita, o reo e a anguía, O coto de pesca atrae a numerosos pescadores cada ano. Ademais, atopamos o mexillón de río, a píntega, o merlo rieiro, o martiño peixeiro ou a lontra.
'''Proxecto Mandeo'''<ref>{{Cita web|url=http://www.riomandeo.com/index.php?s=18&cat=s|páxina-web=Río Mandeo|título=Proxecto Mandeo|data-acceso=18/08/2020}}</ref>, este proxecto liderado pola Deputación de A Coruña e os concellos, é unha iniciativa que nace do interese por preservar o patrimonio medioambiental do río, catalogado na súa parte inferior, de ó redor de 1.020ha, como espazo natural protexido ó estar integrado na Rede Natura 2000.
 
== Economía ==
O concello de Coirós ten unha base económica agraria e forestal. Nos últimos anos creouse o [[Polígono industrial de Coirós]], situado entre a [[A-6]] e a [[N-VI]] con acceso á N-VI. Neste polígono instaláronse empresas como [[Emesa]], [[Cementos Estrella]], [[Disashop]] ou [[Prefabricados Castelo]].
 
== Festas e romarías ==
'''Xaneiro'''
 
# 7 de Xaneiro. Festas patronais na honra a San Xulián de Coirós.
# 22 de Xaneiro. Festas patronais na honra a San Vicente de Armea.
 
===== Febreiro =====
 
# 3 de Febreiro. Festas patronais na honra a San Brais de Caresma.
 
===== PASCUA =====
 
# Pascua de Pentecostés "O Santísimo" en Sta. Mariña de Lesa.
# Romaría de Frai Pedro Manzanas, que se celebra os 3 domingos despois da pascua, en Sta. María de Ois.
# Corpus Christi, celébrase nas parroquias de Colantres e Armea.
 
===== Xullo =====
 
# 18 de Xullo. Festas patronais en Sta. Mariña de Lesa.
# 25 de Xullo, Festas patronais en Santiago de Ois.
 
===== Agosto =====
 
# Primeiro fin de semá de agosto "O Santísimo", en San Xulián de Coirós.
# 6 de agosto, festas patronais en Sta. María de Ois.
 
===== Setembro =====
 
# 8 de setembro. Romaría dos Remedios en Sta. Aia de Espenuca.
 
===== Decembro =====
 
# 10 de Decembro. Festas patronais na honra a Sta. Aia de Espenuca.
 
== Galería de imaxes ==