Eva mitocondrial: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Thijs!bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: ca:Eva mitocondrial
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 1:
'''Eva mitocondrial''' é a suposta [[muller]] da que, segundo estudos desenvolvidos dende comezo dos anos 1980s por un grupo de xenetistas, todos os humanos actuais descenden. Eva era membro dun grupo de humanos que viviron hai 150.000 anos en [[África]], e o seu coñecemento débese á información que nos dan as [[mitocondria]]s, que son unhas estruturas celulares que teñen como función de producir enerxía, e no que almacena unha pequena cantidade de xenes, o que se coñece como o [[ADN mitocondrial]], que se caracteriza por sofrir mutacións moi rapidamente, actuando como un [[reloxio molecular]] e só se transmite pola liñaxe feminina.
 
== Orixe ==
[[Allan Willson]], xenetista da [[Universidade de Berkeley]], e o seu equipo viña desenvolvendo investigacións sobre a orixe do humano moderno e o estudo do ADN mitocondrial. En 1985 deron a coñecer os seus primeiros resultados, nese momento modestos, e en 1987 deron a coñecer en ''Nature'' que o ADN mitocondrial confirmaba a teoría antropolóxica de que a orixe do ''[[Homo sapiens]]'' estivo en África e era relativamente recente, xa que amosaba pouca variación xenética. A idea que toda a poboación actual descenda dunha única muller, non quere dicir que fora a única femia do seu tempo, pero si foi a única que produciu unha liña directa de descendentes pola liña feminina que persiste hoxe.