Lei de Grassmann: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Rei-bot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: hu:Grassmann-törvény
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 1:
A '''lei de Grassmann''', chamada tamén « lei de [[disimilación]] das [[consoante aspirada|aspiradas]] », é unha [[lei fonética]] que describe unha modificación acaecida nun estadio prehistórico do [[grego antigo]] e do [[sánscrito]] (unha fase que segue directamente ao [[indoeuropeo]], de feito), modificación que quedou efectiva todo ao longo da súa historia. Estúdase na [[fonética histórica]] destas dúas linguas. Malia ser coñecida e correctamente explicada polos gramáticos indios, leva o nome do seu « descubridor » occidental, [[Hermann Grassmann]].
 
== Funcionamento ==
 
Esta lei explica que cando nunha mesma palabra se atopa unha secuencia de dúas consoantes aspiradas (φ /pʰ/, χ /kʰ/, θ /tʰ/ e o [[espírito áspero]] /h/ pola parte grega, todas as consoantes transcritas cun ''h'' subsecuente pola parte do [[sánscrito]], como ''th'', ''bh'', etc., ), a primeira [[disimilación|disimílase]] en non aspirada: a primeira consoante é reemprazada polo seu equivalente simple (π /p/, κ /k/, τ /t/ ou o espírito suave pola parte do grego, a consoante sen o seu ''h'' subsecuente pola do sánscrito, como ''t'', ''b'', etc.).
Liña 10:
* nun estadio histórico, explica fenómenos de alternancias de forma no seo dunha mesma etimoloxía cando, polo xogo da [[lingua flexiva|flexión]] ou da [[derivación]], dúas aspiradas entran en contacto máis ou menos próximo nunha mesma palabra. É, daquela, unha forma de [[sandhi]] que dá lugar a [[paradigma]]s irregulares.
 
== Exemplos ==
Casos regulares atópanse a miúdo nas formas verbais con [[reduplicación]], onde a consoante inicial da [[raíz]] se repite:
Liña 51:
As dúas interpretacións son plausibles. A primeira (cambio de aspiración) explica máis simplemente por que unha forma *τρίξ ''*tríks'' grega non se atopa, o que implicaría, se se segue a segunda interpretación, que a lei interveu '''antes''' da constitución dos paradigmas e quedou o suficientemente forte como para non ser varrida pola [[analoxía]]. A segunda fai o sistema máis regular e non fai intervir unha lei anexa de desprazamento da aspiración (que existe con todo noutros casos en grego e en sánscrito).
 
== Resume ==
 
* extensión da lei: grego, sánscrito;