Semiótica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 9:
Un dos grandes nomes na Semioloxía é [[Umberto Eco]], recoñecido polos seus traballos no campo das [[Teoría da Comunicación|comunicacións]], da [[estética]] e da semiótica. Como semioticista, nas obras ''A Estrutura Ausente'' e ''As Formas do Contido'', a súa produción é particularmente importante polos desenvolvementos que proporciona e pola estruturación que ten procurado. O seu ''Tratado Xeral de Semiótica'', alén de constituírse nunha verdadeira suma das principais abordaxes do tema, consegue deliñar unha teoría global da lingüística, a [[lóxica]], as [[lingua natural|linguas naturais]], a [[retórica]], a estética, a [[filosofía da linguaxe]] e a [[teoría da percepción]], reunidas nunha reorganización articulada e sistemática.
 
== Historia ==
As orixes da semiótica contemporánea pódense identificar nas obras e reflexións de dúas figuras fundamentais, o filósofo norteamericano [[Charles Sanders Peirce]] ([[1839]]-[[1914]]) e o lingüista xenebrino Ferdinand de Saussure. Porén, a disciplina como tal atopa unha primeira definición institucional a partir dos anos sesenta do século XX coa obra de [[Roland Barthes]] ([[1915]]-[[1980]]) ''Elementos de semioloxía''.