Escudería Berberecho: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xanetas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "A '''Escudería Berberecho''' é unha escudaría deportiva con sede no Obre, no concello coruñés de Noia. Organiza dende 1984 o Rally de Noia e..."
Etiqueta: edición de código 2017
 
Xanetas (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
 
== Historia ==
Foi fundada en [[1974]] por nove amigos afeccionados ao motor, encabezados por Kiko Fontano. Naceu coa intención de organizar probas automobilísticas na zona de [[Noia]]. Tentaron organizar ese ano unha [[Carreira de montaña (motor)|carreira de montaña]] no [[monte Iroite]], pero non conseguiron o diñeiro suficiente. Lográrono ao ano seguinte, nacendo así en 1975 a [[Subida ao Iroite]], da que se levaron a cabo oito edicións máis.<ref>{{Cita novas|data=2 de abril de 1993|título=Ayuda a la Escudería Berberecho|url=|data-acceso=|lingua=es|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=43|edición=Barbanza}}</ref> O pintor [[Alfonso Costa]] foi o deseñador do logo.<ref name=":1" />
 
Durante eses anos organizaron ademais outros eventos non relacionados co automobilismo, como as festas patronais de Noia de [[1982]], para as cales organizaron un partido amigábel de baloncesto entre o [[Real Madrid Baloncesto|Real Madrid]] e o [[Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto|Obradoiro]] no pavillón municipal e actuacións de artistas como [[Pucho Boedo]], [[Juan Pardo]] e [[Mocedades]].<ref>{{Cita web|url=http://cbnoia.com/historia/|páxina-web=|título=Historia do Club Baloncesto Noia|data-acceso=14 de agosto de 2020}}</ref><ref name=":1">{{Cita novas|data=30 de xuño de 1987|título=La escudería «Berberecho» de Noia tributó homenaje a sus colaboradores|data-acceso=|xornal=[[La Voz de Galicia]]|páxina=25|edición=Barbanza|lingua=es|apelidos=Narváez|nome=Rosa}}</ref>
 
En [[1984]] organizaron a primeira edición do [[Rally de Noia]], que rematou con vitoria de [[Chano Carrera]] sobre un [[Opel Ascona|Opel Ascona RS 2000]]. A proba, puntuable para o [[Campionato de Galicia de Rally]], continuou celebrándose anualmente coas únicas excepcións de [[2002]], por problemas económicos, e [[2020]], debido á [[Pandemia por coronavirus de 2020 en Galicia|pandemia por coronavirus]].<ref>{{Cita novas|data=20 de maio de 2020|título=Cancelado el Rally Berberecho Noia 2020|url=https://www.gzrally.com/cancelado-el-rally-berberecho-noia-2020/|data-acceso=14 de agosto de 2020|lingua=es}}</ref>
Liña 19:
* [[Senra Sport]]
 
=== Ligazóns externas ===
 
* [http://www.ralinoia.es/ Sitio web oficial do Rally de Noia]
{{Automobilismo en Galicia}}
{{Control de autoridades}}