Cartelle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 151:
'''Igrexa de Santa María de Cartelle'''. Datada no século XVIII, a igrexa de Santa María de Cartelle é de planta basilical con tres naves e outras tantas portas na fachada principal. No seu interior destaca un interesante retablo barroco. A igrexa pertenceu aos templarios, e estivo baixo a xurisdición de Quiroga (Lugo)
 
'''Igrexa de Santa María de Mundil''', foi construída entre os anos 1788 e 1791<ref>{{Cita libro|título=Galicia hacia la modernidad; concreción de nuevos ámbitos en lo urbano y en lo rural, 1750-1900|apelidos=García Iglesias|nome=José Manuel|editorial=Fundación Caixa Galicia|ano=1998|ISBN=9788489231580|ref=|páxina=250}}</ref> e é o lugar onde foi soterrado o [[Benito Xerónimo Feijoo e Montenegro|Padre Feijóo]]. Destaca a fachada barroca, dunha soa torre que se alza á dereita da fachada principal. A torre divídese en tres corpos, separados por balaustradas. A fachada principal posúe un curioso frontón, cuxas formas curvas contribúen á ornamentación do edificio.
 
'''Igrexa de Santiago de Penela'''. Amorno de cronoloxía indefinida, con fachada finalizada en espadana. O seu interior con cobertura de madeira. Destaca o retablo maior, de finais do século XVIII, barroco. Os retablos laterais se embuten dúas pequenas imaxes de San Pedro (un no lateral dereito e outro no esquerdo) que destacan pola súa talla; ambas son obra barroca da segunda metade do século XVII.