Cartelle: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 172:
 
== Festas e tradicións ==
A festa das Marabillas é un dos principais actos marianos da provincia, unha imaxe da Virxe, acompañada de arcos florais, sae do santuario en procesión, feito que se remonta a 1646 e realízanse, ó mesmo tempo, a ofrenda e a poxa de produtos locais do campo<ref name=":0" />.
 
Na parroquia de Sande destaca o seu Entroido, e máis concretamente o disfraz das ''Bonitas''<ref>{{Cita web|url=http://historiadegalicia.gal/2018/02/os-outros-entroidos-de-galicia-galos-da-mezquita-bonitas-de-cartelle-merdeiros-de-vigo-ou-mikaela-de-buno/|páxina-web=Historia de Galicia|título=Os outros entroidos de Galicia|data-acceso=14/08/2020|nome=Íñigo|apelidos=Mouzo Riobó|data=11/02/2018}}</ref>''.'' Esta vestimenta caracterízase pola súa vestimenta coidada, camisa branca, garabata encarnada, pantalón branco de algodón e envoltos en panos de seda. Dise que este entroido procede dos anos posteriores á guerra de Filipinas, de 1898, de onde se terían traído, ou imitado, precisamente a estética dos panos ou mantóns. Tamén levan polainas negras de coiro, cascabeis e na man unha vara de vimbio coa que impoñen a súa autoridade.
 
Dende hai uns anos a Asociación de Veciños recuperou tamén as personaxes do ''oso'' e da ''vaca''<ref>{{Cita novas|data=18/02/2020|título=Las bonitas de Sande se alían para divulgar sus tradiciones|url=https://www.laregion.es/articulo/celanova/bonitas-sande-alian-divulgar-tradiciones/20200218103534926388.html|data-acceso=14/08/2020|xornal=La Región}}</ref>.
 
== Galería de imaxes ==