Diferenzas entre revisións de «Tulsidas»

(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
== Carreira literaria ==
=== ''Rāmacharitamānasa'' ===
''[[Ramacharitamanasa]]'', un [[Epopea|poema épico]] consagrado a [[Rāma]], foi a versión en [[Lingua awadhi|awadhi]] do ''[[Rāmāyana]]'' de [[Valmiki]]. Ademais do awadhi, atópanse outras linguas no poema, tales como "Bhojpuri", " Brijbhasa" e "a lingua local da poboación de Chitrakut". Como moitas traducións do Rāmāyana orixinal en [[lingua sánscrita|sánscrito]], é lido e venerado con gran reverencia en moitas casas [[Hinduísmo|hindús]] na [[India]]. É un libro que contén coplas en forma de [[verso]] denominadas ''chaupai''.
 
Denomínase ''Tulsi-krita Ramayana'' e é moi coñecido entre faltas de hindi na India. Moitos dos seus verson son [[proverbio]]s populares nesa rexión. As frases de Tulsidas pasaran á fala común e son empregadas por millóns de falantes de hindi, e incluso por falantes de [[lingua urdú|urdú]] sen que os falantes sexan conscientes da súa orixe. Os seus ditos non só son proverbios: en realidade, a súa doutrina forma unha forte influencia relixiosa no hinduísmo actual, e se ben non fundou ningunha escola e nunca foi coñecido como gurú ou mestre, é aceptado en moitas partes como un poeta e un santo, un guía inspirado e autorizado en relixión e a condución da vida.
270.595

edicións