Biblos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lles (conversa | contribucións)
m Referencia
Lles (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 27:
'''Biblos''' foi unha antiga cidade [[Fenicios|fenicia]] situada nun outeiro chamada ''Gubla'' nos textos [[cuneiforme]]s e ''Gebal'' na [[Biblia]]. Actualmente é unha cidade do [[Líbano]] denominada ''Djubayl'', trinta [[quilómetro]]s ao norte de [[Beirut]].
 
A súa etimoloxía provén do outeiro no que estaba situada<ref>{{Cita web|título=A antiga Biblos|url=https://www.elcorreogallego.es/hemeroteca/antiga-biblos-DOCG52423|páxina-web=www.elcorreogallego.es|data-acceso=2020-08-13|lingua=es-ES}}</ref> (''Gablu'', montaña en [[lingua hebrea]]) que derivou no seu nome orixinal [[hebreo]] ''Gebal'', pasando de aquí á forma [[Lingua grega|grega]] '''Byblos''' e de alí a palabra '''Biblion''' "libro", que tamén orixinará o termo ''Biblia''.
 
Foi unha activa cidade mercantil, mercado de [[papiro]]s, madeira de [[cedro]], e [[cobre]] do [[Cáucaso]], convertida no centro comercial do [[Mediterráneo]] oriental. Mantivo vasalaxe cos [[faraón]]s do [[antigo Exipto]]; posteriormente foi cidade tributaria de [[Asiria|asirios]] e [[imperio persa|persas]].