Trazo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
ref
Liña 130:
 
== Historia ==
A existencia de castros como o de Lestrobe (Benza) e o de Chaián, no que en 1883 se atoparon 25 muíños de man, máis sete fornos e unha galería romana, con armas e ferramentas nas súas proximidades, fai presumila presenza humana nestas terras como mínimo dende a época castrexa<ref name=":0">{{Cita libro|título=Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|apelidos=|nome=|editorial=Ed. El Progreso|ano=2005|ISBN=84-87804-23-3|ref=|volume=Tomo XLII|páxinas=144-145}}</ref>.
 
As terras do actual municipio de Trazo pertenceron á xurisdición de Montaos. Esta xurisdición existía polo menos desde o século XII e figura por primeira vez nunha doazón de [[Afonso VII de Castela|Afonso VII]] á [[Arquidiocese de Santiago de Compostela|mitra compostelá]] datado 31 de maio de 1124. Nela establécense os límites desde [[Ponte Sigüeiro]] ao [[monte Xalo]], incluíndo practicamente todas as parroquias do concello. Os Bermúdez de Montaos, descendentes ou sucesores dos poderosos condes de Traba, exerceron este señorío, tendo como lugares principais [[Santa Cruz de Montaos, Ordes|Montaos]] (Ordes) e [[Lestrobe, Benza, Trazo|Lestrobe]], na parroquia de [[Benza, Trazo|Benza]]. Neste lugar posuían unha impresionante fortaleza, pero o abandono e o tempo acabaron con ela.
 
Co fin do Antigo Réxime e a proclamación da Constitución de 1812 creouse o concello de Montao, que foi suprimido cando Fernando VII derogou o devandito texto constitucional en 1823. Coa recuperación definitiva do municipalismo en 1835, quedou constituído o termo de Trazo<ref name=":0" />.
 
== Patrimonio Artístico ==
Destacan os templos de San Pedro de Benza e de San Xoán de Campo, ámbolos dous de estilo románico. É digna de mención a igrexa de Santa María de Chaián tamén construída a finais do século XII ou comezos do XIII e reformada posteriormente no ano 1676<ref name=":0" />.
 
Outros exemplos son: a igrexa de Santa Eufemia de Vilouchada de planta de cruz grega e con columnas xónicas na fachada; a de San Cristovo de Xavestre do século XVII; a capela de San Xosé de Oa en Xavestre ou a ermida de Auga Santas na Polveira<ref name=":0" />.
 
No eido da arquitectura popular cómpre mencionala ponte de Albar en Xavestre, de canteiría con cinco arcos de medio punto, e o conxunto de muíños de mediados dos século XVII que se estenden ó longo do curso do río da Chonia, ó seu paso pola parroquia de Xavestre<ref name=":0" />.
 
== Escudo de Trazo ==