Diferenzas entre revisións de «Mundial de Fútbol de 1986»

(Traducido da wikipedia en lingua inglesa (en:1986 FIFA World Cup))
 
== Sedes ==
Once cidades acolleron esta edición do mundial. O [[Estadio Azteca]] de [[Cidade de México]] foi o recinto con maior capacidade do torneo. Nel xogáronse nove encontros, incluíndo a final, sendo así o estadio máis utilizado. Alén dos nove encontros do Azteca, a Cidade de México albergou en total trece encontros, xa que o Estadio Olimpico Universitario acolleu outros catro encontros. Na área metropolitana da capital do país, concretamente en Nezahualcoyotl, xogáronse outros tres encontros, polo que se pode dicir que a área da capital acolleu dezaseis encontros, prácticamente un terzo de todos os partidos do mundial. A segunda cidade máis grande de México, [[Guadalaxara, México|Guadalaxara]], acolleu un total de dez encontros, sete no Estadio Jalisco e tres no Estadio Tres de Marzo de Zapopan. Por outra banda, [[Monterrey]] acolleu oito, catro no Estadio Tecnológico e outros catro no Estadio Universitario de [[San NicolasNicolás de los Garza]]. Finalmente, o Estadio Cuauhtémoc de Puebla acolleu cinco encontros.
 
{| class="wikitable" style="text-align:center"
53.151

edicións