Diferenzas entre revisións de «Patente»

m
Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
m (Bot: Reemprazo de téxto automático (-== Véxase tamén == +==Véxase tamén==))
m (Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras)
Unha '''patente''' é un conxunto de dereitos exclusivos garantidos por un goberno ou autoridade ó inventor dun novo produto (material ou inmaterial) susceptible de seren explotado industrialmente ou ben ao solicitante desa invención (como representante, por exemplo) por un espazo limitado de tempo (xeralmente 20 anos dende a data da aprobación). Este termo deriva do latín ''patens, -entis'', que orixinalmente tiña o significado de ''estar aberto, ó descuberto'' (á inspección pública) e da expresión ''letras patentes'', que eran decretos reais que garantían dereitos exclusivos a certos individuos ou negocios. Segundo a definición orixinal da palabra, unha das finalidades da lexislación sobre patentes é a de inducir ó inventor a revelar o coñecemento para o avance da sociedade a cambio da exclusividade durante un periodo limitado de tempo. Logo unha patente é un garante dun monopolio de explotación da idea ou aparello por un certo tempo.
 
== Dereitos garantidos e dereitos non garantidos ==
 
Os sistemas modernos de patentes proporcionan o dereito de ''excluír ós demais'' de crear, usar, vender, comerciar ou importar o produto patentado. Xeralmente fanse respeitar mediante leis civís ou contratos de aceptación de licenza ([http://en.wikipedia.org/wiki/License license agreement]). Por outra banda, os gobernos resérvanse o dereito de anular ou suspender a patente a vontade.
Unha solicitude de patente debe explicar como poñer en práctica (isto é, construír e/ou usar) o invento e debe incluír unha descrición que poña de manifesto o seu carácter innovador. O estilo lingüístico das descricións varían moito dun país a outro e adoitan ser longas e complexas.
 
== Leis de patentes ==
Nestes momentos hai un número significativo de tratados internacionais sobre leis que afectas ó sistema de patentes. O máis extendido é o da [[OMC]] (WTO: World Trade Organization, a Organización Mundial de Comercio) denominado Acordo sobre os aspectos comercias dos dereitos de propiedade intelectual (Agreement on Trade-Related Aspects of Intellectual Property Rights), do que forman parte case todos os países, o que leva a unha harmonización significativa das leis de patentes en todo o mundo.
 
67.216

edicións