Diferenzas entre revisións de «Río Songhua»

Máis de en.wiki
Sem resumo de edição
(Máis de en.wiki)
{{en uso}}
{{Coordenadas|47.699|132.5176|type:river_region:CN-23|display=inline,title}}
'''Songhua''' ({{Chinés|p=sōng hūa jīang|c=松花江}} chinés, ; , ) ou '''Sunggari''' é un río asiático que discorre polo nordés da China, e é o maior dos afluentes do [[río Amur]]. Ten unha lonxitude de 1927 km e drena unha gran conca de 549 090 km².
{{Río
| nome = Río Songhua
| imaxe =ハルビン松花江.jpg
| lenda =O río Songhua ao seu paso por [[Harbin]]
| nace =[[Tongjiang, Heilongjiang|Tongjiang]]
| altitude da fonte =
| lonxitude =1434 km
| caudal medio =2463&nbsp;m<sup>3</sup>/s
| conca =557&nbsp;180&nbsp;km²
| país = {{CHN}}
| desemboca = [[Río Amur]]
|mapa = [[Ficheiro:LocationSonghua.PNG|250px]]
|lenda mapa =O río Songhua en azul escuro
}}
O '''río Songhua''' (en {{lang-zh|松花江}}, pinyin: Sōng Hūa Jīang) ou '''Sunggari Ula''' ("río branco") en [[lingua manchú]] (tamén '''Haixi''' ou '''Xingal''', en {{lang-ru|Сунгари}} ''Sungari'') é un río asiático que discorre polo nordés da China, o maior dos afluentes do [[río Amur]]. Ten unha lonxitude de 1434&nbsp;km, drena unha gran conca de 557&nbsp;180&nbsp;km².<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/?id=4g0I9qMfDDoC&pg=PA122&dq=songhua+river&cd=32#v=onepage&q=songhua%20river&f=false |title=National Geographic Atlas of China, p. 36|isbn=9781426201363|author1=)|first1=National Geographic Society (U.S|year=2008}}</ref><ref>[http://www.riversnetwork.org/rbo/index.php/river-blogs/north-asia/item/4614-amur-river-basin-watersheds-map Amur river basin at Rivers Network]</ref> and ten un caudal anual de 2463&nbsp;.<ref>[http://china.org.cn/english/eng-shuzi2003/gq/dili5.htm National Conditions: Main Rivers] consultado o 21 de outubro de 2010.</ref>
 
Administrativamente, discorre polas provincias chinesas de [[Heilongjiang]] e [[Jilin]].
 
== Xeografía ==
[[Ficheiro:Amurrivermap.png|esquerda|miniatura|O río Songhua nun mapa do [[Río Amur|Amur]]]]
[[Ficheiro:吉林大桥和世纪广场.jpg|esquerda|miniatura|O río ao seu paso por [[Jilin]]]]
O río Songhua nace na vertente occidental das [[montañas Changbai]], non lonxe da fronteira con Corea do Norte, na provincia de [[Jilin]]. Encamíñase en dirección norte-noroeste e chega a un tramo en que está represado, preto de [[Fengman]], unha importante central hidroeléctrica que forma un lago que se estende uns 62 km augas arriba. Ao pasar a presa, o río chega á capital Jilin e despois á cidade de [[Fuyu]]. Continúa augas abaixo na mesma dirección ata recibir, preto de [[Daan]], ao seu principal afluente, o [[río Nen]] (1370 km), que chega do norte.
Na confluencia o río Songhua cambia abruptamente de dirección e diríxese cara ao leste. Nese mesmo punto o río comeza un longo tramo no que forma a fronteira natural entre as provincias de Jilin (sur) e [[Heilongjiang]] (norte). O río segue cara ao leste, recibindo preto de [[Harbin]] o [[río Hulan]]. Despois, cruza entre a parte norte e leste do sistema de montañas de [[Manchuria]] e a cordilleira de [[Khingan]], para despois penetrar no val do [[río Amur]] e desembocar nel preto da cidade de [[Dongjiang]].
 
O río Songhua adoita conxelarse dende finais de novembro ata marzo. O seu período de maior caudal ocorre cando a neve das montañas se derrite ao comezo da primavera. O río é navegábel ata [[Harbin]] mediante embarcacións de tamaño mediano. Se estas son pequenas, poden navegar ata [[Jilin]] e polo río Nen, terminando en [[Qiqihar]]. En novembro de 2005, as augas dese río contamináronse con [[benceno]] como consecuencia dunhas [[Explosións na fábrica petroquímica de Jilin de 2005|explosións na fábrica petroquímica de Jilin]], o que causou que se cortase o abastecemento de auga de Harbin, e que [[Rusia]] ameazase cun litixio contra a China.
[[Ficheiro:SonghuaRiver_ASTER_20020401.jpg|miniatura|Imaxe de satélite do río Songhua ao leste de [[Harbin]]]]
 
O río foi chamado Sunggari Ula ("río branco") en [[lingua manchú]], e coñécese como Sungari (Сунгари) en [[Lingua rusa|ruso]].
== Historia ==
En novembro de 2005 o río foi [[Explosións na fábrica petroquímica de Jilin de 2005|contaminado con benceno]], provocando o peche do abastecemento de auga de Harbin.<ref>{{cita web |url=http://english.cctv.com/program/newshour/20100322/102807.shtml |title=Water pollution in China alarming, CCTV.com}}</ref> O derramamento cubriu 80&nbsp;km e finalmente chegou ao río Amur (Heilong) na fronteira entre a China e Rusia.<ref>{{cita libro|url=https://books.google.com/?id=eAUImCyjIcQC&pg=PA245&dq=songhua+river#v=onepage&q=songhua%20river&f=false |title=China By Organisation for Economic Co-operation and Development, p.245|isbn=9789264031159|year=2007}}</ref> O 28 de xullo de 2010 varios milleiros de toneis procedentes de dúas plantas químicas na cidade de Jilin foron arrastradas polas [[inundacións da China de 2010|riadas]]. Algúns deles contiñan 170&nbsp;kg de material explosivo como [[cloruro de trimetilsilo]] e [[hexametildisiloxano]].<ref>[http://english.ruvr.ru/2010/07/30/13882208.html Khabarovsk Region prevents poisoned Sungari water from reaching Amur], 30 de xullo de 2010, Moscow Time</ref><ref>[http://eco.rian.ru/danger/20100730/259853392.html Defence lines were opened in attempt to intercept the barrels with chemicals], [[RIA Novosti]], 30 de xullo de 2010 {{ru}}</ref> En 2016, a parte máis achegada á cidade de Jilin foi afectada por unha pequena inundación.
 
== Notas ==
{{Listaref|30em}}
 
== Véxase tamén ==
{{Commonscat}}
{{Portal|China}}
 
{{Control de autoridades}}
40.612

edicións