Tívoli: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Liña 35:
 
== Historia e características ==
Nestas terras, entre outras materias primas, había unha [[pedra]] chamada actualmente [[travertino]], que foi moi usada en Roma; aínda existen restos das antigas canteiras. O [[Coliseo de Roma|Coliseo]] e a [[Basílica de San Pedro]] de Roma están feitos con este material.
 
Foi unha localidade romana coñecida pola súa paisaxe agreste, de bosques escalonados e fervenzas, cun clima máis fresco e limpo que a populosa [[Roma]]. Converteuse en lugar de veraneo en tempos do [[Imperio romano]]. Alí tiveron vilas moitos personaxes romanos, entre os que cabe mencionar ao emperador [[Adriano]] e ao poeta [[Quinto Horacio Flaco]] ([[-65|65]]–[[-8|8 a. C.]]). As modernas obras hidráulicas de captación de auga variaron sensiblemente a paisaxe do lugar.