Vespasiano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
sofocar > sufocar
m →‎Traxectoria: Coliseo de Roma
Liña 16:
A actuación dos gobernadores foi rigorosamente fiscalizada para evitar que fixesen abusos sobre dos naturais do país, o cal sempre acababa con reaccións antirromanas e rebelións.
 
Tamén na orde económica tratou de sanear as finanzas, despois do período de desorde anterior. Esta política, que lle custou a acusacion da avaricia, non tardou en dar os seus froitos e os Estado pronto puido contar con fondos non só para atender os seus orzamentos normais, senón en acometer ambiciosas obras suntuarias como o [[templo Capitolino]] e o famoso anfiteatro Flavio, máis coñecido como [[Coliseo de Roma|Coliseo]], edificado en parte sobre da [[Domus Aurea]] de [[Nerón]], que fora derrubada.
 
O emperador non quixo correr riscos en aventuras exteriores e renunciou a calquera expansión. A súa preocupación fundamental foi o reforzamento das fronteiras. A conquista dos [[Campos Decumates]], unha rexión xermánica comprendida entre os ríos [[Danubio]] e [[Rhin]], explícase como unha zona de seguridade para garantir o dominio sobre as provincias limítrofes.