Xesús Alonso Montero: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 9:
== Traxectoria ==
[[Ficheiro:Casa avós Xesús Alonso Montero, Ventosela, Ribadavia.JPG|miniatura|esquerda|Casa dos avós en Ventosela, Ribadavia.]]
Nado en Vigo, onde os seus pais Benito Alonso e Angelina Montero rexentaban unha taberna na rúa Urzáiz. A familia trasladouse en 1938 a [[Ventosela, Ribadavia|Ventosela]] ([[Ribadavia]]), a terra dos avós (e do seu sobriño [[Manuel Rodríguez Alonso]]), onde pasou a súa infancia e adolescencia. Estudou o bacharelato en Ribadavia con [[Bernardino Graña]] e rematouno en Vigo no [[Instituto Santa Irene]] en 1948. Licenciouse en Filosofía e Letras na [[Universidade de Madrid]]. Foi profesor de Lingua e Literatura Española dende 1956, exerceu na [[Escola Normal de Santiago de Compostela]] e nos institutos de Palencia (1959-1960) e [[IES Lucus Augusti|Lugo]] (1960-1976). En [[1966]] doutorouse na [[Universidade de Salamanca]] cunha tese sobre [[Manuel Curros Enríquez]]. En 1976 é profesor titular de Literatura Española no Colexio Universitario de Vigo, despois pasou a ser profesor titular de Literatura Galega e foi catedrático de Literatura Galega da [[Universidade de Santiago de Compostela]]. Pola súa idade, pertence á xeración de escritores que comezaron o seu labor cultural após a [[guerra civil española]]. É militante do [[PCE|Partido Comunista]] desde [[1962]], represaliado en varias ocasións. Encabezou a candidatura do [[PCG]] pola [[provincia de Lugo]] nas [[Eleccións Xerais 1977 en España|primeiras eleccións democráticas]]. Foi catedrático de Lingua e Literatura Españolas de Escolas de Maxisterio, exercendo en [[Palencia]], [[Lugo]] e [[Madrid]].
[[Ficheiro:Freixanesalonso.jpg|miniatura|[[Xaime Toxo]], [[Francisco Castro Veloso|Francisco Castro]], [[Víctor Freixanes|Freixanes]], [[Fina Casalderrey]] e Xesús Alonso Montero, na presentación da reedición de ''Unha ducia de galegos'', en Pontevedra o 8/10/2017]]
Destacou no campo da [[sociolingüística]] con libros como ''O porvir da lingua galega'' (1968), ''O que cómpre saber da lingua galega'' (1969) ou o polémico e contestado ''Informe -dramático- sobre la lengua gallega'' (1973), onde retoma as súas teses apocalípticas sobre o idioma galego sinalando mesmo unha data para a súa morte. Realizou e publicou estudos sobre escritores galegos como [[Rosalía de Castro]] (''Páxinas sobre Rosalía de Castro'', 1954-2004), [[Manuel Curros Enríquez]] (''Curros Enríquez no Franquismo'', 1936-1971), [[Manuel Leiras Pulpeiro]], [[Luís Pimentel]] (''Luís Pimentel: biografía da súa poesía''), [[Celso Emilio Ferreiro]] (''Celso Emilio Ferreiro''), [[Luís Seoane]] (''As palabras no exilio. Biografía intelectual de Luís Seoane''), [[Mendiño]], [[Xosé Neira Vilas]], [[Lorenzo Varela]], [[Vicente Risco]], [[Ramón Cabanillas]] ou [[Álvaro Cunqueiro]].