Carlos Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: Posible vandalismo Edición visual
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Etiqueta: Desfacer
Liña 9:
== Traxectoria ==
Comezou os estudos de percusión na súa cidade natal con Fernando Santos, rematando no Real Conservatorio Superior de [[Madrid]] cos profesores Martín Porrás, Enrique Llácer, Joan Iborra e Javier Benet. Vinculado co ensino en [[Vigo]] dende o ano [[1986]], é profesor de percusión do [https://es.csmvigo.com/ [Conservatorio Superior de Música de Vigo]].
 
Colaborou no mundo da música sinfónica coa ONE, [[RTVE]], [[Xove Orquestra de Galicia]], Orquestra de Cámara de Pontevedra, O. Clásica de Vigo, Banda do Rosal, Coro do Liceo de Vilagarcía; tamén co Grupo de percusión de Madrid, Grupo de metais Santa Cecilia, con [https://percuseando.wordpress.com/ [Marcos Valcárcel G.]], Tomás Camacho e co dúo Arabel Moráguez/Rasa Jakutite.
 
Como percusionista e vibrafonista dentro do jazz colaborou, entre outros, con [[:es:Ángel_Rubio_González|Madera Jazz]], [[Big Band del foro]], [[Filloa Express]], [[Baio Ensemble]], [http://www.mariajoao.org/ [María João]], [[Baldo Martínez]] Gran Ensemble, [[Fernando Llorca]] Atlantic band, Big Band do festival Imaxinasons de Vigo, orquestra [[Omega (orquestra)|Omega]] (improvisación libre), Orquestra de Jazz de Galicia e a Orquestra Metamovida, de improvisación libre.
 
Na música folk forma parte do grupo [[Fía na Roca]], pero tamén colaborou con Cumbre (gañadores do concurso Gente Joven), [[DOA (grupo musical)|DOA]], [[Emilio Cao]], [[Uxía Senlle]], [[Mercedes Peón]], [[Urbano Cabrera]], [[Fuxan os ventos]], [[A Quenlla (grupo musical)|A Quenlla]], [[Na Lúa]], [[Cristina Pato]], [[Susana Seivane]], [[Rodrigo Romaní]], [[Xosé Manuel Budiño]], [[Cuchús Pimentel]], [[Emilio Rúa]], Óscar Ibáñez, [https://bandacrebinsky.bandcamp.com/ Banda Crebinsky], Vai trío etc.
 
Tamén coa Orquestra da TVG (hoxe "Son da Televisión"), Meteoro, [[Ana Kiro]], [[Claudina e Alberto Gambino]], Suburbano, [[Rocío Dúrcal]], [[Siniestro Total]], [[Nacho Cano]] e co produtor e percusionista Tino di Geraldo para Miguel Campello (Elbicho).
Liña 21:
Participou na banda sonora da película ''[[O camiño das estrelas]]'' de [[Chano Piñeiro]], así como nas producións do [[Centro Dramático Galego]] ''[[Almas Perdidas]]'', ''[[Yerma]]'' e ''[[A costa dos afogados]]'', na música do espectáculo "Bicharada" da compañía Berrobambán, "Nuncabunga" (premio María Casares 2013), "Aurora" e "Danza da choiva" (premio María Casares 2017) da compañía Elefante Elegante, e na do longametraxe ''[[Crebinsky]]'' de Enrique Otero.
 
Pertence ao grupo de música antiga [http://www.sirgotorcendo.com/musica/es/18/[Martín Códax (grupo de música antiga)|Martín Códax]], [http://www.resonet.es/galego/Resonet_galego/Resonet_-_Musica_Antiga.html [Resonet]] e Meendinho (dúo con Paulina Ceremuzinska), participa nas sesions HALO con Castromilf, [https://www.youtube.com/channel/UCUB5QXwUyBU51xOss21ASHA Comando Radar] e con SPIL (seminario permanente de improvisación libre).
 
== Publicacións ==