Dolmen de Axeitos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Véxase tamén: {{commonscat}}
mSen resumo de edición
Liña 6:
== Descrición ==
De pequenas dimensións, destaca polo seu equilibrio de formas. Coñecido como o ''"Partenón galego"'', estrutúrase nunha planta poligonal con corredor formada por sete [[ortóstato]]s. Sitúase coa orientación leste tradicional neste tipo de megálitos.
 
Ata o momento, non se teñen noticias de ningún achado no seu recinto pero suponse que a ausencia de enxovais funerarios é consecuencia das espoliacións ás que foron e seguen sometidas os monumentos megalíticos.<ref name=":0">{{Cita libro|título=Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada|apelidos=García Martínez et al.|nome=Manuel Carlos|editorial=El Progreso de Lugo|ano=2005|ISBN=84-87804-06-3|ref=|páxina=154}}</ref> Ata hai algúns anos, a 50 metros do dolmen levantábase unha rocha de 3 x 4 metros que presentaba gravadas en dúas das súas caras as figuras de tres cabras, dúas delas en actitude de marcha e a outra expectante. A maior destas figuras medía 1 metro e 5 centímetros de lonxitude por 80 centímetros de altura. Na actualidade a rocha está destruída.<ref name=":0" />
 
É propiedade da [[Deputación da Coruña]]. A súa situación atópase ben sinalizada no acceso ao complexo das dunas de Corrubedo.