Diferenzas entre revisións de «Irina Rodnina»

Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
(Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
== Traxectoria ==
=== Carreira deportiva ===
Nos seus anos preescolares, Rodnina sufriu [[pneumonía]] once veces. Despois de decidir inscribirse nalgunha actividade, en 1954 os seus pais levárona á súa primeira pista de patinaxe, no Parque Infantil Pryamikov en Moscova.<ref name=archi120106>{{cita web|url=http://www.archi.ru/events/news/news_current_press.html?nid=3112&fl=1&sl=1|título=Ирина Роднина: "Я не дачница, я москвичка"|trans_title=I'm a Moscovite|apelidos=Malinin|nome=Nikolai|data=1 de decembro de 2006|obra=archi.ru|lingua=ru|dataacceso=23 de abril de 2011|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20030119090934/http://www.archi.ru/events/news/news_current_press.html?nid=3112&fl=1&sl=1|data-arquivo=19 de xaneiro de 2003|urlmorta=siyes}}</ref> Dende o sexto grao da escola secundaria, aos 13 anos, formouse na Escola de Deportes para a Infancia e a Mocidade do [[CSKA]] en Leningradsky Prospekt.<ref name=kom122004>{{cita web|url=http://www.kommersant.ru/doc.aspx?DocsID=533871|título=скользящий путь|data=20 de decembro de 2004|obra=[[Kommersant]]|lingua=ru|data-acceso=23 de abril de 2011|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20030119090934/http://www.kommersant.ru/doc.aspx?DocsID=533871|data-arquivo=19 de xaneiro de 2003|urlmorta=siyes}}</ref>
 
Contra o 1963, Rodnina xa comezara a patinar coa súa primeira parella, [[Oleg Vlasov]], adestrado por Sonia e Milán Valun. En 1964, Stanislav Zhuk converteuse no seu adestrador e emparellouna con Aleksei Ulanov. Gañaron catro títulos mundiais e europeos consecutivos. O primeiro título mundial foi en 1969, por diante da parella [[Tamara Moskvina]] / [[Alexei Mishin]]. Gañaron os seguintes títulos mundiais, 1970 e 1971, por diante de [[Lyudmila Smirnova]] / [[Andrei Suraikin]]. Porén, Ulanov namorouse de Smirnova e antes dos Xogos Olímpicos de 1972 a parella tomou a decisión de patinar xuntos a temporada seguinte.
<ref name=profile>{{cita web|url=http://www.peoples.ru/sport/fskating/rodnina/|script-title=ru:Ирина Константиновна Роднина|trans-title=Irina Konstantinovna Rodnina| last=Pushkina|first=Oksana|date=3 de outubro 2004|work=peoples.ru|language=ru|accessdate=23 de abril de 2011|archiveurl= https://web.archive.org/web/20030119090934/http://www.peoples.ru/sport/fskating/rodnina/|archivedate=19 de xaneiro de 2003}}</ref> Rodnina e Ulanov competiron neses xogos e lograron o ouro. Logo prepararon a súa última competición xuntos, o Mundial de 1972. Mentres practicaban xuntos un día antes do inicio da competición, a parella tivo un accidente nun levantamento e Rodnina acabou no hospital cunha [[conmoción cerebral]] e un [[hematoma]] intracraneal.<ref name=profile/> A pesar do accidente, tiveron unha importante presenza no programa curto, recibindo algúns 6.0. No programa longo, Rodnina debilitouse e mareouse, mais foi suficiente para o seu cuarto título mundial. Ulanov continuou a súa carreira con Smirnova, mentres que Rodnina pensaba na súa xubilación.
 
En abril de 1972, o seu adestrador Stanislav Zhuk suxeriulle que formase equipo co patinador de [[Leningrado]] [[Aleksandr Zaitsev]], que tiña boa técnica de salto e aprendeu rapidamente os elementos. A súa música detívose durante o seu programa curto no Campionato Mundial de 1973, posiblemente debido a un traballador checo que actuou en represalia pola represión da [[Primavera de Praga]].<ref name=rodninaera>{{cita web|url=http://russianews.ru/newspaper/26869/26965/|título=Роднина – это эпоха|trans_title=Rodnina – is an era|apelidos=Srebnitskaya|nome=Daria|data=10 de setembro de 2009|obra=[[Russian News]]|lingua=ru|data-acceso=6 de maio de 2011|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20030119090934/http://russianews.ru/newspaper/26869/26965/|data-arquivo=19 de xaneiro de 2003|urlmorta=siyes}}</ref> Coñecidos por unha intensa concentración, remataron o programa en silencio,<ref name=brit>[http://www.britannica.com/EBchecked/topic/506649/Irina-Rodnina Encyclopædia Britannica: Irina Rodnina]</ref> obtendo unha ovación de pé e unha medalla de ouro ao finalizaren por diante de Smirnova e Ulanov, que foron derrotados de novo en 1974.
 
En 1974, Rodnina e Zaitsev deixaron a Zhuk, co que a súa relación se volvera tensa,<ref name=profile/> para adestrar con [[Tatiana Tarasova]]. Gañaron xuntos seis títulos mundiais e sete medallas de ouro de Europa, e gañaron o seu primeiro título olímpico en conxunto en 1976. Rodnina e Zaitsev non competiron durante a temporada 1978/79, porque ela estaba embarazada. Regresaron en 1980 para lograr o seu segundo título olímpico xuntos e terceiro de Rodnina, antes de retirarse da patinaxe competitiva. Con 30 anos e 159 días, converteuse na campioa olímpica de patinaxe artística de máis idade.
178.045

edicións