Illas Malvinas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 5 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 56:
Existe unha gran controversia sobre a descuberta e posterior [[colonización]] das Malvinas polos [[Europa|europeos]]. En varios momentos, as illas tiveron asentamentos [[Imperio colonial francés|franceses]], [[Imperio Británico|británicos]], [[Imperio Español|españois]] e [[Arxentina|arxentinos]]. O Reino Unido reafirmou o seu control sobre o arquipélago en 1833, malia que a Arxentina mantiña a súa reivindicación sobre as illas. En abril de 1982, forzas arxentinas [[Operación Rosario|ocuparon temporalmente o territorio]]. A administración británica restaurouse dous meses máis tarde, no final da [[guerra das Malvinas]].
 
A poboación (2&nbsp;932 habitantes en 2012)<ref name=census2012>{{cita web |url=http://www.falklands.gov.fk/assets/Headline-Results-from-Census-2012.pdf |título=Falkland Islands Census 2012: Headline results |data=10 de setembro de 2012 |editor=Falkland Islands Government |dataacceso=19 de decembro de 2012 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20130520184434/http://www.falklands.gov.fk/assets/Headline-Results-from-Census-2012.pdf |dataarquivo=20 de maio de 2013 |urlmorta=siyes }}</ref> está constituída principalmente por nativos das illas, a maioría de ascendencia [[Pobo británico|británica]]. Outras etnias inclúen [[Pobo francés|franceses]], [[xibraltar]]eños e [[Escandinavia|escandinavos]]. A [[inmigración]] procedente do Reino Unido, da illa de [[Santa Helena]], no Atlántico Sur, e de [[Chile]] reverteu o decline da poboación. A lingua predominante (e oficial) é o [[Lingua inglesa|inglés]]. De acordo cunha lei de 1983 aprobada polo [[Parlamento do Reino Unido]], os malvineiros son considerados [[cidadán]]s británicos.
 
O arquipélago atópase no límite das zonas climáticas [[Clima oceánico|oceánica subantártica]] e de [[tundra]] e as dúas principais illas teñen cordilleiras que atinxen 700 metros de altura. Elas son o lar de grandes poboacións de [[aves]], malia que moitas xa non se reproducen nas principais illas por mor da concorrencia con [[Especie introducida|especies introducidas]]. As principais actividades económicas son a [[pesca]], o [[turismo]] e a cría de [[ovella]]s, con énfase na exportación de [[la]] de alta calidade. A exploración de [[petróleo]], licenciada polo Goberno das Illas Malvinas, permanece en controversia como resultado de disputas marítimas coa [[Arxentina]].
Liña 118:
=== Biodiversidade ===
[[Ficheiro:Necksaundersisland2.jpg|miniatura|Colonia de [[Pingüín saltador da rocha|pingüíns saltadores da rocha]] na [[Illa Saunder, Malvinas|Illa Saunders]] (''Trinidad'').]]
As Illas Malvinas son unha parte [[Bioxeografía|bioxeográfica]] da [[Flora antártica|zona antártica]],{{sfn|Jónsdóttir|2007|pp = 84–86}} con fortes ligazóns coa flora e a fauna da [[Patagonia]], en América do Sur.<ref name="epk">{{cita web |url=http://www.epd.gov.fk/wp-content/uploads/Falkland%20Islands%20State%20of%20the%20Environment%20Report%202008_final_sm.pdf |título=Falkland Islands State of the Environment Report 2008 |autor1=Helen Otley |autor2=Grant Munro |autor3=Andrea Clausen |autor4=Becky Ingham |editor=Environmental Planning Department Falkland Islands Government |data=maio de 2008 |dataacceso=25 de marzo de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110720195504/http://www.epd.gov.fk/wp-content/uploads/Falkland%20Islands%20State%20of%20the%20Environment%20Report%202008_final_sm.pdf |dataarquivo=20 de xullo de 2011 |urlmorta=siyes }}</ref> As aves terrestres compoñen a maioría da avifauna das Malvinas; 63 especies reprodúcense nas illas, incluíndo 16 especies [[Endemismo|endémicas]].{{sfn|Clark|Dingwall|1985|p = 131}} Tamén é abondosa a diversidade de [[artrópodos]].{{sfn|Clark|Dingwall|1985|p = 132}} A flora das Malvinas está composta por 163 especies [[Planta vascular|vasculares]] nativas.{{sfn|Clark|Dingwall|1985|p = 129}} O único [[mamífero]] terrestre nativo do arquipélago, o [[Dusicyon australis|raposo das Illas Malvinas]], foi cazado até a [[extinción]] polos colonizadores europeos.{{sfn|Hince|2001|p = 370}}
 
As illas son frecuentadas por [[mamíferos mariños]], como o [[elefante mariño do sur]] e o [[Arctophoca australis|lobo mariño suramericano]], alén de varios tipos de [[cetáceos]]; o arquipélago tamén é fogar do raro ''[[Phalcoboenus australis]]''. Os peixes endémicos na contorna das illas son principalmente do xénero das ''[[Galaxias (animal)|Galaxias]]''.{{sfn|Clark|Dingwall|1985|p = 132}} As Malvinas non teñen árbores, apenas unha vexetación resistente ó vento predominantemente composta por unha variedade de [[subarbusto]]s.{{sfn|Jónsdóttir|2007|p = 85}}
Liña 127:
[[Ficheiro:FAL-2016-Stanley, Falkland Islands–Christ Church Cathedral.jpg|miniatura|esquerda|[[Catedral de Stanley]], a maior poboación do territorio.]]
[[Ficheiro:Falkland-Islanders.jpg|miniatura|esquerda|Os moradores locais son predominantemente de ascendencia [[Pobo galés|galesa]] e [[Pobo escocés|escocesa]].{{sfn|Laver|2001|p = 9}}]]
As Illas Malvinas son unha sociedade homoxénea, xa que a maioría dos habitantes descenden de [[Inmigración|inmigrantes]] [[Pobo escocés|escoceses]] e [[Pobo galés|galeses]] que se instalaron no territorio en 1833.{{sfn|Laver|2001|p = 9}}<ref>Roberto Laver argumenta que isto é probabelmente o resultado de políticas gobernamentais que reduciron con éxito o número de poboacións non-británicas que tamén habitaban o arquipélago. Laver afirma que "ordenanzas de naturalizacións" nas primeiras décadas da colonia británica "amosan unha gran variedade de colonos de lugares en Europa, América do Norte e Central, e un casal da Arxentina".</ref>{{sfn|Laver|2001|p=9}} O [[censo]] de 2006 listou algúns moradores malvineiros como descendentes de [[Pobo francés|franceses]], [[xibraltar]]enses e [[Escandinavia|escandinavos]].<ref name="2006Census">{{cita web |url=http://www.falklands.gov.fk//documents/Census%20Report%202006.pdf |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20101216182057/http://www.falklands.gov.fk//documents/Census%20Report%202006.pdf |dataarquivo=16 de decembro de 2010 |título=Falkland Islands Census Statistics, 2006 |editor=Falkland Islands Government |dataacceso=4 de xuño de 2010 |urlmorta=siyes }}</ref> Ese censo indicou que un terzo dos moradores naceron no arquipélago, sendo os residentes estranxeiros [[Asimilación cultural|asimilados]] pola cultura local.<ref>{{cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/uk_news/6683677.stm |título=Falklands questions answered |xornal=BBC News |data=4 de xuño de 2007 |dataacceso=22 de xullo de 2013}}</ref> Unha lei aprobada polo [[Parlamento do Reino Unido]] en 1983 deu a [[cidadanía]] británica ós moradores das illas.{{sfn|Laver|2001|p = 9}}
 
Un declive de poboación significativo afectou o arquipélago no século XX, cando moitos dos habitantes máis mozos partiron das illas na busca dun [[estilo de vida]] moderno e mellores oportunidades de traballo.<ref>{{harvnb|Gibran|1998|p=18}}</ref><ref>{{harvnb|Laver|2001|p=173}}</ref> Nos últimos anos, o declive da poboación da illa estabilizouse grazas a inmigrantes provenientes do Reino Unido, de [[Santa Helena]] e de [[Chile]].{{sfn|Minahan|2013|p = 139}} No censo de 2012, a maioría dos moradores clasificaron a súa [[nacionalidade]] como malvineira (59%), seguido da [[Pobo británico|británica]] (29%), da santahelena (9,8%) e da [[chile]]na (5,4%) .<ref name="census2012" /> Un pequeno número de [[Arxentina|arxentinos]] tamén viven nas illas.<ref name="mercopress">{{cita novas | url=http://en.mercopress.com/2013/06/28/falklands-referendum-voters-from-many-countries-around-the-world-voted-yes |título=Falklands Referendum: Voters from many countries around the world voted Yes |xornal=MercoPress |data=28 de xuño de 2013 |dataacceso=22 de xullo de 2013}}</ref>
Liña 240:
==== Bibliografía adicional ====
{{Refempeza|2}}
* {{cita publicación periódica |nome=César |apelido=Caviedes |url=http://lasa-2.univ.pitt.edu/LARR/prot/search/retrieve/?Vol=29&Num=2&Start=172 |título=Conflict Over The Falkland Islands: A Never-Ending Story? |publicación=Latin American Research Review |volume=29 |ano=1994 |issue=2 |páxinas=172–187 |url-arquivo=https://web.archive.org/web/20120118140010/http://lasa-2.univ.pitt.edu/LARR/prot/search/retrieve/?Vol=29&Num=2&Start=172 |dataarquivo=18 de xaneiro de 2012 |df=dmy |apelidos= |data= |revista= |data-acceso=24 de marzo de 2018 |urlmorta=siyes }}
* {{cita publicación periódica |ano=1846 |apelido=Darwin |nome=Charles |título=On the Geology of the Falkland Islands |publicación=[[Journal of the Geological Society|Quarterly Journal of the Geological Society]] |volume=2 |páxinas=267–274 |doi=10.1144/GSL.JGS.1846.002.01-02.46 |url=http://www.umag.cl/investigacion/dpa/docs/267-a.pdf |formato=PDF |dataacceso=9 de marzo de 2013 |apelidos= |data= |revista= |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140711103055/http://www.umag.cl/investigacion/dpa/docs/267-a.pdf |dataarquivo=11 de xullo de 2014 |urlmorta=siyes }}
* {{cita libro |editor1= Carlos Escudé&nbsp;|editor2= Andrés Cisneros |título= Historia de las Relaciones Exteriores Argentinas |localización= Buenos Aires, Argentina |editorial= GEL/Nuevohacer |ano= 2000 |isbn= 978-950-694-546-6}} Traballo desenvolvido e distribuído baixo o auspicio do Consello Arxentino de Relacións Internacionais (CARI).
* {{cita libro|apelido = Freedman | nome=Lawrence |ligazónautor=Lawrence Freedman|título=The Official History of the Falklands Campaign|ano=2005|editor=Routledge|localización=Oxon, Reino Unido|isbn=978-0-7146-5207-8}}