Illa de Jura: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 44:
Cunha extensión de 366 km², e só arredor de 180 habitantes, ten unha densidade de poboación considerabelmente menor que a veciña Islay. O maior asentamento é a vila de [[Craighouse]] na costa leste. Craighouse é sede da única [[destilación|destilaría]] da illa, onde se fai o ''Whisky da illa de Jura''. Na vila tamén está o único [[hotel]], tenda e [[Igrexa (arquitectura)|igrexa]].
 
É estraño que unha vila do tamaño e a poboación de Jura, tan próxima ao territorio principal de Escocia, non conte cunha conexión directa por ferry, aínda que en setembro de 2007 se iniciase un servizo de pasaxeiros a xeito de proba entre [[Craighouse]] e [[Tayvallich]], no territorio principal. Porén, existe un pequeno ferry para coches que opera a través do [[Estreito de Islay]] entre [[Port Askaig]] en [[Islay]] e [[Feolin|Feolin Ferry]] en Jura. Desde Feolin Ferry unha estrada de carril único segue a liña costeira do sur e o leste da illa. Na punta sur da illa, a medio camiño entre [[Feolin]] e [[Craighouse]], a estrada pasa por Jura House<ref>{{Cita web |url=http://www.jurahouseandgardens.co.uk/The_House.html |título=Jura House |data-acceso=02 de outubro de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071002024315/http://www.jurahouseandgardens.co.uk/The_House.html |dataarquivo=02 de outubro de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref>, cuxos xardíns, grazas ao seu aspecto sureño e resgardado, fan de fogar para exóticos espécimes de plantas procedentes de [[Australasia]]. Os xardíns están abertos ao público. Ao norte de [[Craighouse]] a estrada leva a Lagg, Tarbert, Ardlussa e alén. Un sendeiro privado vai desde a estrada até o estremo norte da illa.
 
A costa oeste de Jura non ten habitantes permanentes, mais acolle varias [[terrazas costeiras]]. Entre a punta norte de Jura e a illa de [[Scarba]] atópase o [[Golfo de Corryvreckan]] onde os remuíños fan que o paso sexa perigoso cando hai certos niveis na [[marea]].