Piano: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 13:
Como instrumento de corda con teclado, o piano é semellante ao clavicordio, dende o punto de vista organolóxico, e ao clavecín, en termos estético-musicais. Estes tres instrumentos diferéncianse nos seus mecanismos de produción do son. Nun clavecín, as cordas son pulsadas por plectros. Nun clavicordio, as cordas son percutidas por pequenas púas de metal (tanxentes) que continúan en contacto coa corda ata que se deixa de premer a tecla. Nun piano, as teclas son percutidas por mazos, que rebotan inmediatamente deixando á corda vibrar libremente.
[[Ficheiro:Bartolomeo Cristofori.jpg|miniatura|225px|[[Bartolomeo Cristofori]].]]
O grande éxito de Cristofori foi atopar a solución, sen exemplos previos, ao problema fundamental mecánico do deseño do piano: o mazo de madeira cuberto de coiro debía golpear a corda, pero non permanecer en contacto con ela porque amortiguaba o son, como ocacontecía coas tanxentes que se mantiñan en contacto coas cordas do clavicordio. Por outra banda, o mazo debía volver á súa posición de descanso sen rebotar violentamente e, a ser posible, debía permitir repetir unha nota rápidamenterapidamente. O mecanismo de percusión de Cristofori servíu como modelo para os numerosos enfoques diferentes para as accións de piano posteriores. Se ben os primeiros instrumentos de Cristofori fixéronse con cordas delgadas e foron moito máis silenciosos que o piano moderno, en comparación co clavicordio (o único instrumento de teclado anterior capaz de controlar minimamente os matices dinámicos a través do teclado) foron considerablemente máis fortes e podían manter mellor a potencia do son.
 
O piano non tiña un son estridente e metálico como o clavicordio ou o clave, senón que era un son moito máis suave e sostido. Ademais, os mazos estaban dotados dun sistema de escape mediante o cal era posible variar tanto o volume como o ton do son. Con el incrementábase notablemente a capacidade expresiva musical do instrumento, xa que ademais de producir un determinado son sempre ao mesmo volume e ton, como acontecía cos instrumentos antecesores, era posible producir sons con máis ou menos volume que outros e producir unha moi lixiera variación tonal. Todo isto dependía da forma de executar o teclado do piano: con movementos rápidos e bruscos das teclas producíanse sons de gran volume e brillantes; e con movementos lentos e pacificados xerábanse sons de menor volume e cun tono máis doce.