Accidente de Los Rodeos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Liña 30:
O '''accidente de Los Rodeos''' foi un choque fatal entre dous [[Boeing 747]] ocorrido o domingo [[27 de marzo]] de [[1977]] na pista do [[Aeroporto de Tenerife Norte|Aeroporto de Los Rodeos]] (agora coñecido como Aeroporto de Tenerife Norte), na illa de [[Tenerife]]. Cun total de 583 mortes, o choque é o peor accidente da historia da aviación.
 
O estoupido dunha bomba no [[Aeroporto de Gran Canaria]], e a ameaza dunha segunda bomba, causaron que moitos avións fosen desviados ao Aeroporto de Los Rodeos. Entre eles estaban o voo 4805 de [[KLM]] e o voo 1736 da [[Pan Am]], os dous avións involucrados no accidente. No aeroporto, os controladores do tráfico aéreo víronse forzados a aparcar moitos dos aparellos na pista de rodaxe bloqueándoa. Para complicar aída máis a situación, mentres as autoridades agardaban para reabrir Gran Canaria, unha densa néboa caíucaeu sobre Tenerife, reducindo enormemente a visibilidade.
 
Cando Gran Canaria reabriu, requeríuse a ámbolos dous [[Boeing 747]] que rodasen pola única pista para que tomasen posición para engalar. A néboa era tan densa que os avións non podían verse entre si, nin os controladores na torre podían ver a pista e os 747 nela. Xa que o aeroporto non tiña radar de terra, o único xeito que tiñan os controladores de identificar a posición de cada aparello era a través de informes de voz pola radio. Como resultado de varios malentendidos nas comunicacións, o voo da KLM intentou engalar mentres o da Pan Am aínda estaba na pista. A colisión resultante destruíu ámbolos dous avións, matando aos 248 ocupantes do voo de KLM e a 335 dos 396 ocupantes do da Pan Am. Sesenta e unha persoas do avión estadounidense, incluídos os pilotos e o enxeñeiro de voo, sobreviviron ao desastre.<ref name=ASN>{{cita web|título=Descrición do accidente en ASN|url=http://aviation-safety.net/database/record.php?id=19770327-0|dataacceso=6 de abril de 2014}}</ref>