Guerra de Bosnia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Recuperando 10 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 5:
Ao desintegrarse Iugoslavia en [[1991]], coa independencia de [[Croacia]] e [[Eslovenia]], líderes nacionalistas [[serbobosnio]]s como [[Radovan Karadzić]] e [[Pobo serbio|serbios]] como [[Slobodan Milošević]] marcáronse como obxectivo principal que todos os serbios -diseminados poas distintas [[república]]s que compoñían Iugoslavia- viviran nun mesmo país. En febreiro de 1992, o pobo de [[Bosnia e Herzegovina]] decide en referendo a súa independencia da [[República Federal Socialista de Iugoslavia]], nunha votación boicoteada polos [[serbobosnio]]s.<ref>[http://www.elmundo.es/elmundo/2006/05/22/internacional/1148265955.html Cronoloxía da desintegración. Diario ''El Mundo'' (España)]</ref> A sección do [[Exército Popular Iugoslavo]] en Bosnia e Herzegovina, fiel ao referendo, organizouse no [[Exército da República Bosnia e Herzegovina]] (ARBiH), mentres que os serbios formaron o [[Exército da República Serbia]] (VRS). Nun principio os serbios ocuparon o 70 % do territorio de Bosnia e Herzegovina pero, ao unir as súas forzas o [[Consello Croata de Defensa]] e o [[ARBiH]], a guerra tomou outro rumbo e as forzas serbias foron derrotadas na [[Batalla de Bosnia Occidental]]. A participación da [[OTAN]], durante 1995, contra as posicións do VRS internacionalizou o conflito, pero só nas súas etapas finais. A alianza bosniocroata ocupou un 51 % do territorio de Bosnia e Herzegovina e chegou até as portas de [[Banja Luka]]. Ao veren perigar a súa capital de facto, os líderes serbios firmaron o armisticio e a guerra terminou oficialmente coa sinatura dos [[Acordos de Dayton]], en [[París]], o [[14 de decembro]] de [[1995]].<ref>[https://archive.is/20120525111048/www.state.gov/www/regions/eur/bosnia/bosagree.html Acordos de paz de Dayton]</ref>
 
A guerra durou pouco máis de tres anos e causou cerca de 100.000 vítimas entre civís e militares e 1,8 millóns de desprazados, segundo informes recentes.<ref>{{Cita web |url=http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php |título=''Herald Tribune''. Estimacións das Comisións |data-acceso=27 de xuño de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070627040825/http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php |dataarquivo=27 de xuño de 2007 |urlmorta=nonyes }}</ref> Das 97.207 vítimas totais documentadas, o 65 % foron bosníacos musulmáns e o 25 % serbios. Dentro das vítimas civís, o 83 % correspondeu a bosníacos.
 
== Disolución de Iugoslavia ==
Liña 52:
Despois de que Eslovenia e Croacia declararan, en 1991, a súa independencia da [[República Socialista Federal de Iugoslavia]], Bosnia e Herzegovina organizou tamén un [[referendo]] sobre a súa independencia. A decisión do Parlamento da República Socialista de Bosnia e Herzegovina da celebración do referendo tomouse despois de que a maioría de membros [[Pobo serbio|serbios]] abandonaran a asemblea parlamentaria en sinal de protesta.
 
Estes serbios de Bosnia, membros da asemblea, convidaron á poboación serbia a boicotear o referendo, celebrado o 29 de febreiro e o 1 de marzo de 1992. A participación no referendo foi do 67 % e o resultado foi do 99,43 % a favor da independencia.<ref>{{Cita web |url=http://www.voanews.com/bosnian/archive/2005-03/2005-03-01-voa2.cfm |título=U Federaciji Bosna i Herzegovina obilježen. Dan nezavisnosti BiH |data-acceso=02 de xullo de 2012 |urlarquivo=https://archive.is/20120702230828/www.voanews.com/bosnian/archive/2005-03/2005-03-01-voa2.cfm |dataarquivo=02 de xullo de 2012 |urlmorta=siyes }}</ref> A independencia foi declarada polo Parlamento o [[5 de marzo]] de [[1992]]. O referendo en si mesmo e o asasinato dun serbio nunha voda o día antes, utilizáronse polos líderes políticos serbios cosermo unha razón para iniciar bloqueos de estradas en sinal de protesta.
 
==== Embargamento de armas ====
Liña 69:
 
[[Ficheiro: Alija Izetbegovic.jpg|miniatura|150px|Alija Izetbegović.]]
Os [[Pobo bosníaco|bosníaco]]s recibiron o apoio de grupos islámicos comunmente coñecidos como "guerreiros santos" ([[Muyahid]]ines). Houbo tamén varios centos de membros do ''Exército dos Gardiáns da Revolución Islámica'' que axudaron ao do Goberno de Bosnia durante a guerra.<ref>{{Cita web |url=http://www.usip.org/pubs/specialreports/early/dayton_imp/train_equip.html |título=Instituto americano da Paz, aplicación de Dayton |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090602142441/http://www.usip.org/pubs/specialreports/early/dayton_imp/train_equip.html |dataarquivo=02 de xuño de 2009 |urlmorta=siyes }}</ref>
Inicialmente as forzas serbias atacaron á poboación civil non serbia en Bosnia oriental. Despois de que as cidades e as vilas estaban aseguradas, procedían á expulsión dos seus habitantes ([[limpeza étnica]]), que en ocasións incluíu violacións e asasinatos.<ref>[http://www.un.org/icty/kunarac/trialc2/judgement/kun-tj010222e-5.htm TPII: Ataques contra a poboación civil]</ref> Os serbios tiñan superioridade (a pesar de contar con menos efectivos) debido ao armamento que recibiron do Exército Popular Iugoslavo, e estableceron o control sobre a maioría das zonas onde eran maioría relativa, ademais de zonas onde eran unha minoría significativa nas zonas rurais e rexións urbanas, excluíndo as grandes cidades de [[Saraxevo]] e [[Mostar]]. Os dirixentes militares e políticos serbios recibiron a maioría das acusacións de [[crimes de guerra]] ante o [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]] (TPII, ou ICTY), moitos dos cales foron condenados despois da guerra nos xuízos.
 
A maior parte da capital, Saraxevo, estivo permanentemente en mans dos bosníacos, aínda que o Goberno oficial da República de Bosnia-Herzegovina seguiu funcionando con relativa composición multiétnica. Nos 44 meses do asedio, o terror contra Saraxevo e os seus residentes variou na súa intensidade, pero o obxectivo sempre foi o mesmo: infrinxir o maior sufrimento posíbel aos civís a fin de obrigar ás autoridades bosníacas a aceptar as demandas dos serbios.<ref>{{Cita web |url=http://www.sense-agency.com/en/stream.php?sta=3&pid=9043&kat=3 |título=TPII: Maior sufrimento ao menor risco |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071013175021/http://sense-agency.com/en/stream.php?sta=3&pid=9043&kat=3 |dataarquivo=13 de outubro de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref> O [[Exército da República Serbia]] rodeou a cidade (alternativamente, as forzas serbias situábanse nos arredores de Saraievo, o chamado anel ao redor de Saraxevo), despregando tropas e artillaría nos outeiros dos arredores no que sería o sitio máis longo na historia da guerra moderna, durante case 4 anos.
{{VT|Sitio de Saraxevo}}
 
Liña 85:
A primeira vítima en Bosnia é outro punto de discordia entre serbios e bosníacos. Os serbios consideran que foi Nikola Gardović, o pai dun noivo que foi morto na procesión dunha voda serbia dous días despois do referendo, o 1 de marzo de 1992, no casco antigo de [[Saraxevo]]. Bosníacos e croatas, porén, consideran as primeiras vítimas da guerra, antes da independencia, a uns civís croatas asasinados polo [[JNA]] (despois transformado en [[Exército da República Serbia]] e no [[Exército de Serbia e Montenegro]]), na aldea de [[Ravno]], en setembro de 1991. Os bosníacos tamén consideran a primeira persoa vítima da guerra a [[Suada Dilberović]], que recibiu un disparo durante unha marcha de paz por pistoleiros non identificados o 5 de abril desde un niño de francotiradores serbios no hotel ''Holiday Inn'' de Saraxevo.
 
Hai que ter en conta que estas actividades non estaban relacionadas aínda co comezo da guerra no territorio de Bosnia-Herzegovina. O 30 de setembro de 1991, o Exército Popular Iugoslavo destruiu o pequeno pobo de Ravno, situado en Herzegovina, habitado por croatas, durante o transcurso do sitio da cidade de [[Dubrovnik]], en Croacia. O 19 de setembro, o [[JNA]] trasladou máis tropas á zona en torno á cidade de [[Mostar]], o que foi protestado publicamente polo goberno local. O 13 de outubro de 1991 o futuro presidente da República Serbia, [[Radovan Karadžić]], expresou a súa opinión sobre o futuro de Bosnia e dos musulmáns bosnios, deixando claras as súas intencións de anexionarse todo o territorio posíbel.<ref>{{Cita web |url=http://www.helsinki.org.yu/hcharter_t16a02.html |título=Karadzic e o xenocidio |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080821153504/http://www.helsinki.org.yu/hcharter_t16a02.html |dataarquivo=21 de agosto de 2008 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
Durante os meses de marzo, abril e maio de 1992 producíronse feroces ataques no leste de Bosnia, así como na parte noroeste do país. En marzo, os ataques do [[VRS]], xunto con membros do Segundo Comando Militar do antigo Exército Popular Iugoslavo, desenvolvéronse na parte oriental do país co obxectivo de tomar posicións estratexicamente pertinentes e de levar a cabo un bloqueo de comunicacións e información. Estes ataques deron lugar a un gran número de mortos e feridos civís.<ref>[http://www.unhchr.ch/tbs/doc.nsf/(Symbol)/333378630589b6d680256674005bc280?Opendocument Comité de Dereitos Humanos. Informe de Bosnia e Herzegovina]</ref>
Liña 104:
Gran parte do ano 1993 foi dominada pola guerra bosnio-croata que se fixo máis grave en outubro de 1992, cando as forzas croatas bosníacas atacaron á poboación civil en [[Prozor]], queimando as súas casas e matando a civís. En xaneiro de 1993 as forzas croatas de Gornji Vakuf atacaron de novo co fin de conectar Bosnia Central con Herzegovina.
 
A [[limpeza étnica]] do Val de Lašva, campaña contra os civís bosníacos prevista polos xefes políticos e militares da [[Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia]] de maio de [[1992]] a marzo de [[1993]], foi para dar cumprimento aos obxectivos enunciados polos nacionalistas croatas en novembro de [[1991]].<ref name="un.org"/> Os bosníacos do Val de Lašva foron obxecto de persecución por motivos políticos, raciais e relixiosos,<ref>{{Cita web |url=http://www.haverford.edu/relg/sells/indictments/Kordic2.html |título=TPII (1995): acta de acusación inicial para a limpeza étnica da zona do val de Lasva |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20071013144629/http://www.haverford.edu/relg/sells/indictments/Kordic2.html |dataarquivo=13 de outubro de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref> deliberadamente discriminados no contexto dun ataque xeneralizado na rexión á poboación civil<ref>[http://www.un.org/icty/bralo/bra-sum051207-e TPII: Resumo da sentenza de Miroslav Bralo]</ref> e sufriu asasinatos en masa, violacións e retención en campamentos, así como a destrución de lugares culturais e propiedades privadas, o que desembocou no [[masacre de Ahmići]]. Estes feitos foron continuados a miúdo por propaganda anti-bosnia, en particular nos municipios de [[Vitez]], [[Busovača]], [[Novi Travnik]] e [[Kiseljak]].
 
A [[Comunidade Croata de Herzeg-Bosnia]] tomou o control de moitos gobernos municipais e servizos en [[Herzegovina]] e eliminou ou apresou aos líderes bosníacos locais. Herzeg-Bosnia tomou o control dos medios de comunicación e impuxo ideas e propaganda croata. Introducíronse novos plans de estudos e o idioma croata nas escolas. Moits bosníacos e serbios foron retirados de posicións no goberno er as empresas privadas; a axuda humanitaria era xestionada e distribuída aos bosníacos e aos serbios en desvantaxe e os bosníacos en xeral foron cada vez máis acosados.
Liña 146:
A investigación realizada por Tibeau e Bijak en [[2004]] determinou uns 102.000 mortos e estimou o seguinte desglose: 55.261 eran civís e 47.360, soldados. Dos civís: 16.700 eran serbios, mentres que 38.000 foron bosníacos e croatas. Dos soldados, 14.000 foron os serbios, os croatas foron 6.000, e os bosníacos 28.000.<ref>Nilsen, Av Kjell Arild; - Axencia Norueguesa de Noticias</ref>
 
Outra investigación levouna a cabo o Centro de Investigación e Documentación de Saraxevo (RDC), baseada na creación de listas e bases de datos, en lugar de proporcionar estimacións. Estudos demográficos do [[TPII]] na Unidade de [[A Haia]], proporcionan un número similar de mortos, pero un tanto diferente en distribución étnica.<ref>{{Cita web |url=http://www.nezavisne.com/revija/tekst060312-01.php |título=Krsman, Natasa; "Mirsad Tokaca: Samo fizicki me mogu sprijeciti Radim da Bosnia" |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080514012358/http://www.nezavisne.com/revija/tekst060312-01.php |dataarquivo=14 de maio de 2008 |urlmorta=siyes }}</ref> A partir de outubro de [[2006]], o reconto do número de vítimas chegou a 97.884.<ref>{{Cita web |url=http://www.idc.org.ba/aboutus/Overview_of_jobs_according_to_%20centers.htm |título=RDC: Estudo dos centros de bases de datos |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090418125418/http://www.idc.org.ba/aboutus/Overview_of_jobs_according_to_%20centers.htm |dataarquivo=18 de abril de 2009 |urlmorta=siyes }}</ref> Outras investigacións seguen en curso.
 
O [[21 de xuño]] de [[2007]], o Centro de Investigación e Documentación de Saraxevo publicou a máis ampla investigación sobre as baixas da guerra de Bosnia-Herzegovina titulado ''O libro bosnio dos Mortos'' -unha base de datos que revela 97.207 nomes de cidadáns mortos e desaparecidos durante a guerra de 1992-1995. Un equipo internacional de expertos avaliou os resultados antes de que foran publicados. Máis de 240.000 bases de datos foron recollidas, tratadas, estudadas e avaliadas polo equipo internacional de expertos, obtendo o número final de máis de 97.000 nomes de vítimas, pertencentes a todas as nacionalidades. Das 97.207 mortes documentadas en Bosnia-Herzegovina, o 83 % das vítimas civís foron [[Bosnia|bosníacos]], o 10 % [[Serbia|serbios]] e máis do 5 %, [[Croacia|croatas]], seguido por un pequeno número doutros, como [[Albania|albaneses]] ou [[pobo xitano|romanís]]. A porcentaxe de vítimas bosníacas podería ser superior, pois hai superviventes de Srebrenica que informaron que os seus seres queridos eran 'soldados' para accederen aos servizos sociais e outros beneficios do goberno. A cifra total de mortos podería aumentar até un máximo doutros 10.000 para todo o país debido ás investigacións en curso.<ref>{{Cita web |url=http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php |título=A investigación mostra que as estimacións do número de mortos foron inchadas |data-acceso=27 de xuño de 2007 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070627040825/http://www.iht.com/articles/ap/2007/06/21/europe/EU-GEN-Bosnia-War-Victims.php |dataarquivo=27 de xuño de 2007 |urlmorta=nonyes }}</ref><ref>[http://www.birn.eu.com/en/88/10/3377/ Libro bosnio dos Mortos]</ref>
 
As grandes discrepancias en todas estas estimacións son polo xeral debido á contradición das definicións dos que poden ser considerados vítimas da guerra. Algunhas investigacións computan só as vítimas directas da actividade militar, mentres que outros computan tamén vítimas indirectas, como os que morreron como consecuencia das duras condicións de vida, fame, frío, enfermidades ou outros accidentes causados indirectamente pola guerra. Tamén se utilizaron cifras máis altas cando moitas das vítimas se computaron dúas ou tres veces, tanto en civís como en militares, ademais de que pouco ou nada de comunicación e coordinación pode haber entre estas listas en condicións de guerra. A manipulación dos números á hoxe en día moi utilizada polo [[revisionismo histórico]] para cambiar o carácter e o alcance da guerra en Bosnia-Herzegovina. Porén, a maioría dos estudos independentes non foron acreditados por ningún dos gobernos involucrados no conflito e non hai resultados oficiais que sexan aceptábeis para todas as partes.
Liña 158:
=== Limpeza étnica ===
{{Artigo principal|Limpeza étnica}}
A [[limpeza étnica]] foi un fenómeno común na guerra. Polo xeral, isto implicaba a intimidación, a expulsión forzosa ou o asasinato da etnia indesexada, así como a destrución dos vestixios físicos do grupo étnico, como os lugares de culto, cemiterios e edificios culturais e históricos. De acordo con numerosos fallos do [[Tribunal Penal Internacional para a ex Iugoslavia]], as forzas serbias <ref>[http://www.un.org/icty/brdjanin/trialc/judgement/index.htm TPII: Sentenza Radoslav Brdanin]</ref> e croatas <ref>[http://www.un.org/icty/kordic/trialc/sentencia TPII: Veredicto Kordic e Cerkez]</ref> realizaron limpeza étnica nos seus territorios, planificadas polos seus líderes políticos co fin de crear estados etnicamente puros ([[República Serbia]] e [[República Croata de Herzeg-Bosnia]]). Por outra parte, as forzas serbias cometeron o [[masacre de Srebrenica]] ao final da guerra, cualificado polo Tribunal como [[xenocidio]].<ref>[http://www.un.org/icty/pressreal/2004/p860-e.htm TPII: Discurso do Presidente do Tribunal Theodor Meron, no cemiterio de Potocari]</ref> Así mesmo, forzas bosníacas -sobre todo paramilitares chegados de países árabes, [[muyahid]]ines- levaron a cabo tamén limpieza étnica en aldeas de maioría serbia.<ref>{{Cita web |url=http://www.acnur.org/index.php?id_pag=5280 |título=TPII: Condena a Naser Oric |data-acceso=29 de decembro de 2011 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140220055410/http://www.acnur.org/index.php?id_pag=5280 |dataarquivo=20 de febreiro de 2014 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
=== Violacións en masa ===