NAACP: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 1:
A '''NAACP''' ('''The National Association for the Advancement of Colored People''' ou '''Asociación Nacional para o Progreso da Xente de Cor'''), é unha das máis antigas e influíntes organizacións polos dereitos civís dos [[Estados Unidos]]. Fundouse en [[1909]] para traballar polo progreso dos [[afroamericano]]s. En [[2004]] tiña 500.000 membros
 
== Historia ==
En 1905 un grupo de 32 líderes da comunidade afroamericana dirixidos por [[W.E.B. DuBois]] xuntáronse nun hotel da banda canadiana das [[Cataratas do Niágara]] (para evitar as leis segregacionistas que segregaban os hoteis), polo que se lles coñeceu como o Movemento Niágara, e fixeron un chamamento para a fin das discriminacións raciais, en [[1906]] uniuselles un xudeu e dous brancos. Unha xuntanza estaba prevista para o [[12 de febreiro]] de [[1909]], aniversario do nacemento de [[Abraham Lincoln]], pero tivo que se retrasar para o 3 de maio, e o 30 de maio de 1909 tomou o nome de NAACP (aínda que o NAACP mantén o 12 de febreiro como data de fundación do movemento).