Corporación de Radio e Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 13:
Ao redor da Compañía da Radio-Televisión de Galicia e as súas dúas sociedades móvense actualmente un total de 671 traballadores dos que un 70% son homes e un 30% mulleres.
 
== Historia ==
O primeiro goberno galego xurdido dunhas eleccións autonómicas en 1981 estaba dividido acerca da constitución dun medio público galego que entre outras cousas favorecera a normalización da [[lingua galega]], dunha banda o conselleiro da Presidencia, [[Xosé Luís Barreiro Rivas]], era o principal impulsor do proxecto e da outra o vicepresidente [[José Manuel Romay Beccaría]] era totalmente contrario preferindo unha política de axuda aos medios privados. Cando Romay Beccaria deixou o goberno galego, Barreiro comezou a redactar a Lei de Radio e Televisión que conduciu á creación da CRTVG ainda que se mantivo a oposición dun sector de AP; na oposición o PSOE tamén estaba dividido xa que os catro deputados independentes galeguistas que concurriran polas listas socialistas estaban a favor da súa creación mentres o PSOE mantiña unha política ambigüa, tan só os nacionalistas do [[BNPG]]-[[PSG]] e [[EG]] estaban totalmente a favor da súa creación.