Factor abiótico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 5:
Entre os factores abióticos físicos están: temperatura (temperatura media no ecosistema, oscilacións da temperatura, temperaturas mínimas por debaixo da conxelación), cantidade de luz (moita luz, sombra, horas de luz), precipitacións (cantidade, uniformes ao longo do ano, estación seca), humidade atmosférica, vento, presión etc. Moitos destes factores están influídos polo clima.<ref name=EoEarth>{{Cita web |url=http://www.eoearth.org/article/Abiotic_factor?topic=49461 |title=Abiotic factor |publisher=National Council for Science and the Environment |year=2010 |last=Hogan |first=C. Benito |location=Washington,D.C. |work=Encyclopedia of Earth}}</ref> Entre os factores químicos están: pH (concentración de H<sup>+</sup>), cantidade de oxíxeno (disolto na auga, nos poros do solo), cantidade de auga e aire no solo, salinidade, concentración de nutrientes ou toxinas etc. Nos ecosistemas terrestres os factores principais son a luz, temperatura e humidade atmosférica. Nos ecosistemas acuáticos os máis importantes son a luz, temperatura, salinidade, cantidade de oxíxeno, presión, movementos da auga (correntes, ondas), nutrientes disoltos etc. Ademais, hai que ter en conta que a viscosidade e densidade da auga é maior que a do aire.
 
Todos estes factores afectan de distintas maneiras aos organismos, que teñen que adaptarse a eles. Cada especie ten un límite de tolerancia para cada un destes factores. A luz só penetra ata certa profundidade nos ecosistemas acuáticos, polo que nesa zona ([[zona fótica]]) é onde pode vivir o [[fitoplancto]]. Moitas plantas da [[selva]] están adaptadas a pouca luz, xa que o chan das selvas está en penumbra ao taparen as follas das árbores a luz. Os seres vivos que están adaptados a condicións abióticas extremas denomínase [[extremófilo]]s. Por exemplo, certas [[arqueas]] especializáronse en vivir en condicións de temperatura extremadamente altas.<ref name=UWC>{{Cita web|url=http://www.botany.uwc.ac.za/sci_ed/grade10/ecology/abiotic/abiot.htm|title=Abiotic Components|publisher=Department of Biodiversity and Conservation Biology, University of the Western Cape|data-acceso=22 de xuño de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20050425160041/http://www.botany.uwc.ac.za/SCI_ED/grade10/ecology/abiotic/abiot.htm|dataarquivo=25 de abril de 2005|urlmorta=siyes}}</ref>
 
== Notas ==