Exectosoma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 3:
# Algúns patóxenos intracelulares, como a bacteria ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'', escapan das súas células hóspede utilizando unha estrutura baseada na [[actina]], que tamén recibe o nome de exectosoma.
 
Os exectosomas de [[criptomónadas]] (criptófitas) conteñen dúas estruturas parecidas a fitas conectadas en espiral que manteñen en tensión.<ref>{{Cita web |url=http://www.botany.ubc.ca/Biol320/ultra/whol11.htm |título=Cryptophyte With Ejectosome Electron Micrograph. |data-acceso=01 de xuño de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20110613114553/http://www.botany.ubc.ca/Biol320/ultra/whol11.htm |dataarquivo=13 de xuño de 2011 |urlmorta=siyes }}</ref> Se as células son irritadas por estreses mecánicos, químicos e luminosos, descárganos, propulsando a célula en zig-zag lonxe da perturbación. Hai grandes exectosomas, visibles ao [[microscopio óptico]], que están asociados co peto ou invaxinación característica destas células; outros máis pequenos aparecen por toda a célula.<ref>[http://tolweb.org/Cryptomonads/2396 Cryptomonads = Goniomonas + plastid-containing cryptophytes.]</ref>
 
As [[micobacteria]]s son expulsadas das células hóspede pola acción dun exectosoma baseado na actina. Este mecanismo de escape require un regulador do [[citoesqueleto]] do hóspede e mais un sistema de [[secreción]] ESX-1 micobacteriano intacto. Os exectosomas aparentemente exercen forza contráctil, formando un septo moi axustado arredor da bacteria. A exección da bacteria fóra da célula ocorre sen que se produza a [[lise celular]] do hóspede.<ref>[http://www.sciencemag.org/cgi/content/abstract/323/5922/1729?ck=nck Hagedorn, M. et al. Infection by Tubercular Mycobacteria Is Spread by Nonlytic Ejection from Their Amoeba Hosts. Science 27 March 2009: Vol. 323. no. 5922, pp. 1729 - 1733.]</ref>