Diferenzas entre revisións de «Donicela»

Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
(Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2)
 
== Nomes en galego ==
A donicela recibe en galego múltiples nomes, donicela e as súas variantes derivan do latín ''domina'' que deu dona en galego e da súa variante ''domnicilla'' que deu doncela, aínda que se perdeu a identificación coa orixe etimolóxica, o que se manifesta na gran cantidade de formas deturpadas.<ref>[http://www.culturaspopulares.org/textos2/articulos/acunagarrosa.pdf Ana Acuña e José Luis Garrosa “Os nomes dos animais, das doenzas e doutros elementos relacionados coas crenzas en Galicia: estudo comparativo”] ''Culturas Populares'' nº 2 (maio-agosto 2006)</ref> Derivadas de dona: '''adelociña''', '''delonciña''', '''delosiña''', '''delunciña''', '''denidela'''<ref>Recollida en Hermisende (Zamora): Luis Cortés Vázquez (1954) ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref>, '''denociña''', '''denosiña''', '''denosiña''', '''denouciña''', '''denuciña''', '''denunciela''', '''denunciña''', '''dernicela''', '''dinicela''', '''dinoncela''', '''dinucela''', '''dinuciña''', '''dolosiña''', '''dona''', '''dona das paredes''', '''dondicella'''<ref name="Boal p. 401">Recollido en Boal: Menédez Pidal ''Orígenes del español'', p. 401</ref>, '''donexina''', '''donicella'''<ref name="Boal p. 401"/>, '''donidela'''<ref>Recollida en Calabor (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954): ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref>, '''doniña''', '''donirla''', '''donisela''', '''donociña''', '''donosiña''', '''donuciña''', '''dunicela''', '''durusiña'''<ref>{{Cita web |url=http://www.anosafala.com/wp-content/uploads/2014/05/TIT-l%C3%A9xico.pdf |título=Arantxa Román Domínguez "Contribución ao léxico do galego exterior. O Val do Río Ellas (Cáceres)" |data-acceso=01 de setembro de 2018 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140712042940/http://www.anosafala.com/wp-content/uploads/2014/05/TIT-l%C3%A9xico.pdf |dataarquivo=12 de xullo de 2014 |urlmorta=siyes }}</ref> ou '''gunicela'''. Relacionada coas anteriores está a forma '''dama das paredes'''.<ref>Recollida en Pías (Zamora) Luis Cortés Vázquez (1954) ''El dialecto galaico-portugués hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario'' Universidad de Salamanca</ref> Mais tamén recibe nomes de orixes diferentes como '''farridiña''', '''feiticeira''', '''galana''', '''galaniña''', '''garridiña''', '''listiña''', '''lusiña das paredes''', '''pombiña''', '''preciosiña''' ou '''ruliña'''.
 
Non existe en galego derivado ningún do ''mustela'' latino malia incluír [[Xoán Cuveiro Piñol|Cuveiro]] mustela no seu [[Diccionario gallego|dicionario]], non se rexistrou en ningunha recollida léxica.<ref>Emilio Montero "El eufemismo en Galicia. Su comparación con otras áreas romances" ''Verba'' Anexo: 17-18, p.156</ref>
180.494

edicións