Defensores da Man Vermella: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 10:
|cor=Navy
|publicación=
|status= Organización proscrita no [[Reino Unido]]<ref>{{Cita web |url=http://security.homeoffice.gov.uk/legislation/current-legislation/terrorism-act-2000/proscribed-groups?view=Standard |título=Proscribed Groups |data-acceso=14 de abril de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20090414165629/http://security.homeoffice.gov.uk/legislation/current-legislation/terrorism-act-2000/proscribed-groups?view=Standard |dataarquivo=14 de abril de 2009 |urlmorta=siyes }}</ref><br />Considerada terrorista pola [[UE]] (Véxase [[Lista da Unión Europea de grupos terroristas]])
}}
Os '''Defensores da Man Vermella''' (en [[Lingua inglesa|inglés]]: '''Red Hand Defenders, RHD''') é un grupo paramilitar norirlandés creado en 1998 e composto principalmente de militantes [[protestantismo|protestantes]] partidarios da liña dura procedentes de [[Unionismo del Ulster|grupos unionistas]]. Está integrado por membros da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e da [[Forza de Voluntarios Lealistas]], moitos dos cales son aínda membros destes grupos. En xaneiro de 2002, o grupo anunciou que os membros das escolas [[catolicismo|católicas]] de [[Belfast]] e os carteiros católicos eran obxectivos lexítimos. Malia os chamamentos de febreiro de 2002 da [[Asociación de Defensa do Ulster]] e da [[Forza de Voluntarios Lealistas]] para que anunciase a súa disolución, a RHD continúa a ameazar e a publicar reivindicacións de responsabilidade. A comezos de 2003, a RHD reivindicou a súa responsabilidade no asasinato de dous membros da Asociación de Defensa do Ulster como resultado do que é chamado descrito como unha guerra interna lealista. Tamén asumiu a autoría da colocación dunha bomba nas oficinas do [[Sinn Féin Poblachtach]] en [[Belfast]] Oeste que foi desactivada sen producir danos. Nos anos recentes, o grupo ten levado a cabo ataques contra obxectivos civís como vivendas, igrexas e negocios privados. En xaneiro de 2002, o grupo incendiou a vivenda dun funcionario de prisións en Belfast Norte.