Corrente de Humboldt: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 1:
[[Ficheiro:Humboldt current.jpg|miniatura|Mapa da corrente de Humboldt.]]
[[Ficheiro:Humboldt.jpg|miniatura|[[Alexander von Humboldt]].]]
A '''corrente de Humboldt''', ou '''corrente peruana''',<ref>{{cita web|url=http://geoservidor.minam.gob.pe/atlasperu/Default.asp?WCI=PltEcosistemas&WCE=1.1.4|título=Oceanografía|urlmorta=siyes|urlarquivo=https://archive.today/20120710090919/http://geoservidor.minam.gob.pe/atlasperu/Default.asp?WCI=PltEcosistemas&WCE=1.1.4|dataarquivo=10 de xullo de 2012|editor=Ministerio de Medio Ambiente (Perú)|lingua=es|data-acceso=04 de setembro de 2012}}</ref> é unha [[corrente mariña]] orixinada polo ascenso de augas profundas, e por tanto moi frías, que se produce nas costas occidentais de [[América do Sur]]. Foi descrita polo científico [[Alexander von Humboldt]] na súa famosa obra ''Viaxe ás rexións equinocciais do Novo Continente'', escrita coa colaboración de [[Aimé Bonpland]] nos anos iniciais do [[século XIX]].<ref>Alexander von Humboldt. ''Viaje a las regiones equinocciales del Nuevo Continente''. Caracas: Ministerio de Educación, Biblioteca Venezolana de Cultura, 1941-1942, 1956. Segunda edición de Monte Ávila, 1991, 5 tomos</ref> Débese aos efectos combinados do movemento de rotación terrestre e da forza centrífuga das augas oceánicas na zona ecuatorial. Xunto coa [[corrente do Golfo]], a corrente de Humboldt é unha das máis importantes do mundo.
 
Exerce influencia determinante sobre o clima da costa chileno-peruana con ceos cubertos de brétemas, ausencia de choivas e temperaturas tépedas durante o inverno. Pola latitude, o clima debería corresponder á zona intertropical; pero as augas frías arrefrían a atmosfera, o que causa un clima sumamente árido pola escasa evaporación das augas frías.