Charlie Bell: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 51:
Así en [[2004]], con 25 anos, Charlie Bell chegaría a [[Galicia]], asinando polo [[Club Baloncesto Breogán|C.B. Breogán de Lugo]], denominado ese ano por motivos de patrocinio Leite Río Breogán, equipo dirixido por [[Moncho López]]. Con todo, Bell sufriría unha nova lesión a comezos de tempada e súa permanencia no equipo semellaba complicada. Porén, antes incluso de estar recuperado, Charlie Bell volvería a xogar, e aínda que coxo realizaría verdadeiras fazañas, anotando 37 puntos ao [[Real Madrid]] ou 30 ao [[Saski Baskonia|Tau Cerámica Baskonia]]. Unha vez recuperado, o seu nivel de xogo sobe aínda máis, logrando anotacións de 40 puntos fronte ao [[Pamesa Valencia]] ou 41 puntos fronte ó [[Fórum Valladolid]], sendo o seu tope de anotación de 43 puntos fronte ao [[CB Sevilla|Caja San Fernando]].
 
Así, conseguiría ser nomeado tres veces xogador da semana (xornadas 15, 19 e 24) e outras tres veces xogador do mes (xaneiro, febreiro e marzo). Ademais, ao final da tempada liderou a clasificación en tiros de tres, cunha media do 44,49% de acerto, e colocándose primeiro na clasificación de anotadores, rematando a temporada cunha media de 27,0 puntos por encontro, sendo a media máis alta dun xogador dende [[1990]].<ref>{{Cita web |url=http://www.acb.com/stsindiv.php?cod_competicion=LACB&cod_edicion=49&cod_fase=LR |título=Máximos anotadores 2005 |data-acceso=09 de abril de 2010 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120530062751/http://www.acb.com/stsindiv.php?cod_competicion=LACB&cod_edicion=49&cod_fase=LR |dataarquivo=30 de maio de 2012 |urlmorta=siyes }}</ref> Grazas ao rendemento de Charlie Bell, o equipo comezou a gañar, soñando con entrar durante algúns momentos con entrar nos playoffs polo título, aínda que finalmente non o consegue. Charlie Bell acabou finalmente a tempada cunha media de 27 puntos por partido, 3 rebotes, 2 asistencias e 22,8 puntos de valoración de media. Foi elixido no quinteto ideal e estivo preto de ser MVP, quedando cuarto nas votacións. Ademais gañou o galardón de "Gigante del año" (do [[lingua castelá|castelán]]: ''Xigante do ano'') que a revista "Gigantes" entrega cada ano ao mellor xogador da liga ACB. Na cidade de Lugo é lembrado como un heroe, sendo alcumado polos habitantes locais coma "O xenio de Flint".
 
=== Volta á NBA ===