Cangrexo de río: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta15)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 36:
Os cangrexos de río cómense en todo o mundo. Como outros crustáceos comestíbeis, só se aproveita unha pequea parte do seu corpo. Nos pratos máis elaborados só se usa a cola. Noutras receitas cocíñanse enteiros, cocidos, á plnacha ou á grella. As pinzas dos exemplares de maior tamaño ábrense a miúdo para acceder á carne do seu interior. Tamén é frecuente chupar as súaas cabezas (o [[cefalotórax]]), xa que os condimentos e o sabor concéntranse na graxa do seu interior.
 
Un mito frecuente é que os cangrecos coa cola recta morreron antes de cocelos e non é seguro comelos. En realidade, os cangrexos mortos antes da cocción poden ter as colas rectas ou curvas, igual que os que estaban vivos, e poden comerse ben sen problemas. Os cangrexos que morreron antes da cocción poden comerse con seguridade se se mantuveron refrixerados e non levaban mortos demasiado tempo. Un indicador da comestibilidade dun cangrexo mellor que a cola recta é a propia carne da cola: se está branda adoita ser un indicio de que debe evitarse.<ref>{{cita web | url=http://www.lsuagcenter.com/en/crops_livestock/aquaculture/Scientist+More+Interested+in+Research+than+Crawfish+Boils.htm | título=Scientist More Interested in Research than Crawfish Boils | idioma=inglés | dataacceso=30 de novembro de 2016 | urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150911094315/http://www.lsuagcenter.com/en/crops_livestock/aquaculture/Scientist+More+Interested+in+Research+than+Crawfish+Boils.htm | dataarquivo=11 de setembro de 2015 | urlmorta=siyes }}</ref>
 
En [[España]] o cangrexo de río consómese amplamente, sobre todo en [[Castela]] e [[Aragón]]. Pero as enfermidades, a sobrepesca, a introdución de especies exóticas e a contaminación ambiental en certas zonas levaron a un importante declive da poboación do cangrexo de río autóctono. Actualmente, ao ser unha especie protexida, non se pode consumir, polo que foi substituído na pesca e a cociña española por especies de augas quentes, máis resistentes e abundantes, como o cangrexo de río vermello, do que España é o terceiro produtor a nivel mundial.