Cali: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 3 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 29:
|sitio web = [http://www.cali.gov.co/ Páxina oficial]
}}
'''Cali''', oficialmente, '''Santiago de Cali'''<ref name="Nombre oficial" />, é a capital do departamento de [[Valle del Cauca]],<ref name="Nombre oficial">{{cita web |url=http://www.cali.gov.co/publicaciones.php?id=1335 |título=Nuestra Historia:Santiago de Cali tiene 470 años |dataacceso= 3 de maio de 2013 |editorial=Alcaldia de Santiago de Cali }}</ref> e a terceira cidade máis poboada de [[Colombia]]. Está situada na rexión [[Sur del Valle del Cauca]], entre a cordilleira occidental e a cordilleira central dos [[Andes]]. A cidade forma parte da [[Área Metropolitana de Cali]], xunto cos concellos achegados a esta.<ref>{{Cita web |url=http://gittv.univalle.edu.co/publicaciones/Area_metropolitana_web.pdf |título=Ciro Jaramillo Molina - Jackeline Murillo Hoyos: Análisis de accesibilidad vial para el Área Metropolitana de Cali |data-acceso=12 de decembro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140201225251/http://gittv.univalle.edu.co/publicaciones/Area_metropolitana_web.pdf |dataarquivo=01 de febreiro de 2014 |urlmorta=siyes }}</ref> Foi fundada o 25 de xullo de [[1536]] por [[Sebastián de Belalcázar]], o que a converte nunha das cidades máis antigas de [[América]].
 
A cidade é un dos principais centros económicos e industriais de Colombia, ademais de ser o principal centro urbano, cultural, económico, industrial e agrario do suroccidente do país e o terceiro a nivel nacional. Como capital departamental, acolle as sedes da [[Gobernador del Valle del Cauca|Gobernación del Valle del Cauca]], a Asemblea Departamental, o Tribunal Departamental, a Fiscalía Xeral, Institucións e Organismos do Estado, tamén é a sede de empresas oficiais como a municipal [[EMCALI]].
 
É o principal centro deportivo de Colombia, salientando a organización de importantes eventos deportivos como os [[Xogos Panamericanos de 1971]] e os [[Xogos Mundiais de 2013]]. É coñecida como «a capital mundial da salsa».<ref>{{Cita web |url=http://www.metrocuadrado.com/decoracion/content/cali-la-capital-mundial-de-la-salsa |título=Copia arquivada |data-acceso=12 de decembro de 2015 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150130130905/http://www.metrocuadrado.com/decoracion/content/cali-la-capital-mundial-de-la-salsa |dataarquivo=30 de xaneiro de 2015 |urlmorta=siyes }}</ref><ref>http://www.salsa.ch/news_view.php?idnews=178</ref><ref>http://www.hsbnoticias.com/vernoticia.asp?WPLACA=14272</ref>
 
== Etimoloxía ==
A cidade ten un nome composto como case todas as fundacións españolas en [[América]]. '''''Santiago''''' (un dos nomes máis difundidos no continente grazas ás devocións de [[Santiago de Compostela]] en [[España]]), fai honra ó [[Santiago o Maior|Apóstolo Santiago]]. Cali fundouse o 25 de xullo, día no que se celebra a data do Apóstolo Santiago. Por iso se lle deu este nome á cidade. O nome de ''Cali'', en troques, ten varias lecturas: pode provir da [[lingua paez]] ''Caly'' (tecido sen agullas)<ref name="slocum">{{cita libro|apelidos=Slocum|nome=Mariana C.|autor2=Gerdel Florence L., Yonda-Güejia Rogelio, Ocaña-Nache Porfirio|título=Diccionario: Paez-Español / Español-Paez|editorial=Townsend|data=1983|localización=Lomalinda|url=http://www.sil.org/americas/colombia/pubs/abstract.asp?id=20107|isbn=0883122774|dataacceso=12 de decembro de 2015|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080611152641/http://www.sil.org/americas/colombia/pubs/abstract.asp?id=20107|dataarquivo=11 de xuño de 2008|urlmorta=siyes}}</ref> ou se cadra fai alusión a un dos pobos [[amerindio]]s ou ó nome que daba á rexión e a un río ó sur da cidade, ''Lili'' (en paez, "húmido").<ref name="slocum" /> Tamén se cavilou sobre que foron indíxenas aztecas ó servizo dos conquistadores quen deron o nome a Cali, do [[Lingua náhuatl|náhuatl]] ''calli'' ("casa") ou posiblemente sexa unha verba de orixe [[Lingua quechua|quechua]] introducida polos indios [[Yanaconas]] que foron traídos polo fundador [[Sebastián de Belalcázar]] dende [[Ecuador]], interpretación respaldada pola existencia dunha poboación indíxena de nome "Cali Cali" nas proximidades de [[Quito]]. A [[etimoloxía]] máis probable é a paez, xa que varios nomes de Valle del Cauca teñen o seu significado nesa lingua,<ref>''Buga'' (ola de barro grande), ''Yumbo'' (asolagamento, beira do río, río grande), ''Sonso'' (ra), ''Dagua'' (especie de árbore), ''Petecué'' (ancián), ''Tuluá'' (horta), ''Chipichape'' (choclo cocido), ''Yotoco'' (aviva a chama), Quilichao (verte a chama), ''Changos'' (escoupro)</ref> especialmente se se segue o antigo dicionario de Eugenio del Castillo y Orozco.<ref>{{cita libro|apelidos=Castillo y Orozco|nome=Eugenio|título=Vocabulario Paez-Castellano|editorial=Maisonneuve y Cía Libreros Editores|data=1877|localización=París}}</ref>
 
== Xeografía ==