Vendima: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 5:
A '''vendima''' é a acción de recoller a [[uva]] para colleitala coma [[alimento]] ou materia prima para o [[viño]], así coma a época do [[ano]] na que se realiza. A época da vendima coincide co final do [[verán]], habitualmente no [[mes]] de [[setembro]], pero non é igual en tódalas rexións. Nos vales interiores de [[Galicia]] ([[Ribeira Sacra]], [[Valdeorras]]) a colleita faise máis cedo (finais de [[agosto]]) debido a que o maior calor [[verán|estival]] do interior continental permitelle ás uvas madurecer antes. A época xeral tamén depende do clima dese ano, pois un verán de calor pode adiantar a vendima mentres que un verán chuvioso ou frío pode estragar a colleita. Certas tradicións tamén teñen en conta o cuarto da [[lúa]] para decidir a data da vendima. Fóra de [[Galicia]] existe unha variedade de viño chamada ''viño de xelo'' que se colleita de noite, cando as uvas aínda están conxeladas ou moi frías do [[orballo]], o cal modifica a súa maduración e gradación alcólica.
 
=== Variantes ===
A vendima máis habitual é para o viño e é unha actividade eminentemente social, pois normalmente realízase en grupos. Ás veces son as amizades do dono e ás veces os veciños ós que axudan, tanto na decota dos [[acio]]s como no transporte ou presada no [[lagar]], que tradicionalmente se fai pisando cos pés descalzos.