Bangalore: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Substitución automática de "Bangalore1924_map.gif" por "Bangalore1924_map.png" segundo o ordenou CommonsDelinker. Motivo: file renamed or replac
Recuperando 2 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 41:
No seu interior estendeuse a poboación propiamente dita, o chamado '''Pete''' (''mercado'' na lingua local). En forma de améndoa con dous eixos principais (rúa Chikkapete do leste a oeste; rúa Doddapete de sur a norte) que crúzanse no centro (praza Doddapete), como nas nosas cidades medievais distribuíase cada oficio nun área que levaba esa denominación (Aralpete do algodón, Akkipete do arroz, Ragipete, Balepete das frores, Kumbarpete dos oleiros, Ganginarpete do aceite, Upparpete do sal e Nagartharapete do ouro e a prata). Actualmente aínda segue a ser o mercado tradicional da metrópole <ref>[http://farm1.static.flickr.com/148/360153398_7a05ab08da_o.jpg ''Plano de Pete de Bangalore co forte de 1689 ao sur'']</ref>.
 
A máis erixiu entre outros o Templo Nandi (do Toro) de Basavanagudi algo máis ao sur e dotou ao territorio, que non posuía corrente algunha de importancia, de numerosos estanques e lagos. O seu neto, Kempe Gowda II, seguiu a política do seu avó atraendo poboación e máis mercados, cavando novos reservorios e erixindo catro torres cardinais delimitadoras do que pretendía fora a cidade futura <ref>[http://maps.google.com/maps/ms?ie=UTF8&amp;msa=0&amp;msid=111256470318736788548.00044fc7ced11a6742278&amp;t=k&amp;ll=12.980997,77.587831&amp;spn=0.064934,0.057892&amp;source=embed ''Situación das catro torres de Kempe Gowda en Google Maps'']</ref><ref>{{Cita web |url=http://chitra-vihaar.blogspot.com/2008/03/kempe-gowda-towers-of-bangalore.html |título=''As catro torres de Kempegowda con imaxes da cidade'' |data-acceso=06 de marzo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160305124758/http://chitra-vihaar.blogspot.com/2008/03/kempe-gowda-towers-of-bangalore.html |dataarquivo=05 de marzo de 2016 |urlmorta=siyes }}</ref>.
 
=== Baixo o reino de Mysore ===
Liña 56:
O South Parade converteuse na arteria central con bares e restaurantes, clubs, cines, tendas e igrexas (e actualmente é o centro da metrópole co nome de Mahatma Gandhi Road ou MG Road). Na súa contorna, as zonas residenciais de baixa densidade dos europeos (tipo ''cidade-xardín'', que tamén é o alcume de Bangalore). Ao norte creceu o complexo núcleo dos traballadores tamiles, o Bazar Blackpally. Entre as dúas cidades, Pete e Cantonment, o Parque Cubbon (creado en 1864) actuaba de charnela. No mesmo ano chegou o ferrocarril de [[Madrás]], que tiña a súa estación a carón do Bazar.
 
Pronto precisáronse novos asentamentos. Na década final do século (continuando nas dúas primeiras do [[século XX]]) apareceron entre outros, ao norte do bazar, Cleveland Town (1883), Fraser Town e Richards Town; ao sur do Parade, Richmond Town (1883). Tamén na vella Bangalore houbo extensións, ao sur do forte (que coma o vello muro de Pete foi caendo na ruína ata desaparecer): Chamarajpet (1892), Sankarapuram, Basavanagudi (1894 <ref>{{Cita web |url=http://www.sephis.org/images/b4b02.jpg |título=''Plano da Basavanagudi, 1894'' |data-acceso=06 de marzo de 2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070812162550/http://www.sephis.org/images/b4b02.jpg |dataarquivo=12 de agosto de 2007 |urlmorta=siyes }}</ref>); ao norte, Malleswaram (1898, durante a peste que desaloxou a moitos habitantes do centro). Nelas, o contraste entre a súa planificación reticular de rúas amplas e alboradas con prazas e zonas verdes, e a adxacente vella cidade india era absoluto.
 
En 1927, con motivo do Xubileo de Prata do maraxá Krishna Raja Wadiyar IV, comezou unha campaña de obras de embelecemento (parques, edificios públicos, hospitais) para facer valer o alcume de Bangalore coma ''Cidade Xardín''.