Augaforte: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
 
Liña 3:
 
===O método===
A lámina de metal (normalmente de cobre, zinc ou aceiro) é cuberta cunha capa de graxa ou verniz resistente ó ácido <ref>{{Cita web |url=http://www.cairnsregionalgallery.com.au/ed-artiststudio.pdf |título=Copia arquivada |data-acceso=25 de agosto de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20150906124255/http://www.cairnsregionalgallery.com.au/ed-artiststudio.pdf |dataarquivo=06 de setembro de 2015 |urlmorta=siyes }}</ref>. Despois escárvase a capa con axuda dunha agulla <ref>{{Cita web|url=http://expositions.bnf.fr/bosse/grand/207.htm|páxina-web=expositions.bnf.fr|título=Abraham Bosse|data-acceso=2019-02-01}}</ref> ou dun buril <ref>{{Cita web|url=http://expositions.bnf.fr/bosse/grand/209.htm|páxina-web=expositions.bnf.fr|título=Abraham Bosse|data-acceso=2019-02-01}}</ref> para debuxar as liñas que se quere que aparezan na obra final (e que se corresponden coas zonas do metal que quedan ó descuberto). Unha vez feito o debuxo, a lámina introdúcese nun baño de ácido ou aplícaselle ácido por riba <ref>{{Cita web|url=http://expositions.bnf.fr/bosse/grand/210.htm|páxina-web=expositions.bnf.fr|título=Abraham Bosse|data-acceso=2019-02-01}}</ref>. O ácido ataca as partes descubertas da lámina de metal debuxando así toda unha serie de liñas. A capa sobrante de graxa ou verniz retírase. Posteriormente aplícaselle tinta á lámina e límpase a superficie de xeito que só quede tinta nas liñas debuxadas polo ácido.
 
A lámina introdúcese nunha prensa de impresión de alta presión xunto cunha lámina de papel (previamente humedecida para amolecela) <ref>{{Cita web|url=http://expositions.bnf.fr/bosse/grand/204.htm|páxina-web=expositions.bnf.fr|título=Abraham Bosse|data-acceso=2019-02-01}}</ref>. O papel absorbe a tinta da lámina conseguindo así un debuxo do gravado do ácido. O proceso pode repetirse máis veces, cada lámina pode dar lugar a centos de impresións sen sufrir un desgaste considerable.