Abd al-Rahman III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 9:
Chegou ao trono nunha época en que toda a península estaba inzada por máis dunha xeración de conflitos tribais entre árabes e de escaramuzas entre musulmáns e descendentes hispánicos. A maior parte da poboación, de orixe hispánica, composta por renegados e cristiáns, asumidos ou non, era favorábel á ascensión ao poder dun gobernante poderoso que os protexese contra a aristocracia árabe. Esta última, composta por nobres musulmáns, compuña o principal núcleo de oposición a Abderramán. Logo a seguir, viñan os [[fatímida]]s do [[Exipto]] e Norte de África, que reclamaban o Califado, xustificando a pretensión coa súa descendencia do profeta [[Mahoma]], procurando estender o seu poder a todo o mundo musulmán. Abderramán conseguiu facer face a todos estes adversarios grazas ao apoio dun exército mercenario, tamén constituído por cristiáns. De feito, foi coñecido pola súa tolerancia para coa comunidade cristiá e xudaica.
 
Fíxolles fronte aos fatímidas, por un lado ao apoiar os seus inimigos, en África e, por outro lado, reclamando o Califato para el mesmo. Ao declarar o [[Califato de Córdoba]], estaba a quebrar, efectivamente, todos os lazos que o unían aos califas exipcios e sirios. Os seus ascendentes contentáranse apenas co título de [[emir]]<ref>{{Cita web|url=https://www.academia.gal/web/guest/dicionario?p_p_id=dictionarynormalsearch_WAR_BUSCARAGFrontendportlet&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=column-2&p_p_col_count=1&_dictionarynormalsearch_WAR_BUSCARAGFrontendportlet_miniSearchNoun=emir|páxina-web=academia.gal|título=emir|data-acceso=2-6-2019|lingua=gl}}</ref><ref>{{Cita web|url=https://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=procesa|páxina-web=digalego.xunta.gal|título=emir|data-acceso=2-6-2019|lingua=gl|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20190109012119/http://digalego.xunta.gal/digalego/Html/index.php?op=procesa|dataarquivo=09-01-2019|urlmorta=siyes}}</ref> (príncipe). Na altura, aceptábase que apenas o gobernante das cidades santas de [[A Meca|Meca]] e [[Medina]] podía reclamar tal título. A forza da tradición estaba, con todo, moi esbatida, de modo que Abd-ar-Rahman se fixo proclamar sucesor do Profeta (califa) e [[príncipe dos crentes]] (amir al-Mu'minin) a [[16 de xaneiro]] de [[929]], gañando un prestixio sen precedentes para un líder musulmán en [[Europa]], tanto entre os seus súbditos hispánicos como en África. Foi nesa data que asumiu a súa al-kunya an-Nasir li-Din Allah (vencedor en nome de Allah).
 
A súa principal misión, foi a unificación de [[al-Andalus]], tendo para iso sometido os rebeldes andaluces, no sur e centro da península. Un ano após proclamarse califa, emprendeu a súa maior campaña militar, contra [[Ibn Hafsūn]], a quen tomou [[Sevilla]] e [[Alxeciras]]. Conquistou [[Bobastro]] (onde pontificaba ibn Hafsūn), [[Badaxoz]] (o dominio dos [[banu Marwan]]), onde se centraba a maior parte dos seus opositores, en [[928]]; en 933 conquistou o último reduto deste, en [[Toledo]]. Loitou contra os reis cristiáns do norte, apoderouse de [[Osma]], de [[San Esteban de Gormaz]]. En resposta aos ataques do [[reino de León|rei de León]] [[Ordoño II]], venceu os [[Reino de León|reis de León]] e [[reino de Navarra|Navarra]], na [[Batalla de Valdejunquerra]], a [[26 de xullo]] de [[920]] e saqueou [[Pamplona]].