Erinias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
SieBot (conversa | contribucións)
m robot Añadido: tr:Erinyeler
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Quitando espazos entre símbolos = nas cabeceiras
Liña 1:
''Nome propio.'' Divinidades gregas, correspondentes ás '''''[[Furias]]''''' romanas.
 
== Nomes ==
As Erinias, deusas encargadas de castigar os crimes, especialmente os delitos de sangue, son tamén chamadas '''Euménides''' ''(Εὐμενίδες)'', que en grego significa « as bondadosas », eufemismo usado para evitar pronunciar o seu verdadeiro nome, por medo de atraer sobre sí a súa cólera. En Atenas, usábase como eufemismo a expresión '''Semnai Deai''' (''σεμναὶ θεαί''), ou « deusas venerables ».
En Roma, as Erinias reciben o nome de '''Furias''' ''(Furiæ'' ou ''Diræ)''.
 
== Historia ==
Nacidas das gotas do sangue de [[Urano]] caído sobre [[Gaia]] cando o seu fillo, [[Cronos]] o castra, estas tres irmás encarnan a vinganza e habitan, segundo as versións, o Erebo ou o [[Tártaro]], o inframundo, onde descansan ata que son de novo reclamadas na Terra. Os seus nomes son:
* '''Alecto''', (''Ἀληκτώ'' a implacable), eternamente encolerizada. Encárgase de castigar os delitos morais como a ira, a cólera, a soberbia, etc. Ten un papel moi similar ó de [[Némesis]], coa diferencia de que se esta se ocupa do referente ós deuses, Alecto ten unha dimensión máis "terrenal".
Liña 18:
As Erinias son representadas comunmente como mulleres aladas de aspecto terrorífico, cuns ollos dos que mana o sangue, e cabeleiras de serpes, estando moitas veces acompañadas por moitos destes animais. Adoitan portar como atributos propios látegos e fachos.
 
== Culto ==
Na Antigüidade, sacrificábanselles carneiros negros, así como libacións de nephalia (''νηφάλια''), ou augamel.
 
== Curiosidades ==
Existe en Arcadia un lugar no que se atopan dous santuarios consagrados ás Erinias. Nun deles, elas reciben o nome de '''Maniai''' (''Μανίαι'', as que volven tolo). Neste lugar, segundo a lenda relatada por '''Esquilo''' na súa traxedia ''As Euménides'', perseguen a Orestes por primeira vez, vestidas de negro. Cerca de alí, e segundo conta '''Pausanias''', atópase outro santuario onde o seu culto asóciase ó das [[Cárites]], « deusas do perdón ». Neste santuario purifican a Orestes, vestidas completamente de branco. Orestes, unha vez curado e perdoado, adicará un sacrificio expiatorio ás '''Maniai'''.