Ébola: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Recuperando 15 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 18:
| MeSHID = D019142
| MeSH_ano = | MeSH_nome = | MeSH_número = | GeneReviewsID = | GeneReviews_nome = }}
A '''febre hemorráxica do Ébola''' ou '''enfermidade polo virus Ébola''' ([[CIE-10|ICD-10, CIE-10]])<ref>{{Cita web|url=http://eciemaps.mspsi.es/ecieMaps/browser/index_10_2008.html#search=A98.4|título=CIE-10 A98.4|editor=Goberno de España. Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.|data-acceso=06 de xullo de 2015|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20151218091739/http://eciemaps.mspsi.es/ecieMaps/browser/index_10_2008.html#search=A98.4|dataarquivo=18 de decembro de 2015|urlmorta=siyes}}</ref><ref name=WHO2014/> e informalmente "o ébola" (ás veces escrito Ebola) é unha enfermidade [[virus|viral]] humana contaxiosa e de alta mortalidade que pode ser producida pola infección de catro das cinco especies de ''[[Ebolavirus]]'', que son: Zaire, Sudán, Bundibugyo, e Bosque Taï (ou Costa do Marfil). Os ebolavirus tamén afectan a algúns animais, e a quinta especie, [[virus Reston|Reston]], afectou só a [[primate]]s non humanos e [[porco]]s.<ref name=WHO2014/> A especie prototípica é o ''Ebolavirus Zaire'', tamén chamado simplemente [[virus Ébola]]<ref>O virus Ébola é o único "virus" que ten a "especie" ''Ebolavirus Zaire''.</ref>. Os primeiros gromos coñecidos desta enfermidade aconteceron en 1976 no sur do [[Sudán]] e en rexións preto do [[río Ébola]] (ou Ebola), na actual [[República Democrática do Congo]] (antes Zaire). As taxas de mortalidade da doenza son altas e nas distintas epidemias que se sucederon variaron entre o 90% e o 25% (media 50%).<ref name=WHO2014/>
 
A infección produce [[febre hemorráxica viral|febre hemorráxica]]; o seu período de incubación pode variar dos dous aos vinte e un días. O virus multiplícase polo [[fígado]], o [[bazo]], os [[pulmón]]s e o [[sistema linfático|tecido linfático]] causando danos significativos. Os seus síntomas clínicos son moi similares aos da [[enfermidade polo virus Marburg]]; comeza cunha forte sensación de febleza, [[cefalea]] intensa, [[náusea]]s, [[vómito]]s, dores musculares, [[diarrea]], dor abdominal e na garganta, despois avanza con tose seca e dores punzantes no peito ao tempo que se desenvolven signos de deshidratación, insuficiencia renal e hepática, e coagulación intravascular diseminada. No sangue detéctanse síntomas de [[leucocitose|leucocitose neutrofílica]], [[trombocitopenia]] e [[anemia]] producíndose xeralmente a morte na segunda semana da enfermidade debido a fallos multiorgánicos ou [[shock hipovolémico]].<ref name=WHO2014>{{Cita web|title=Ebola virus disease Fact sheet N°103|url=http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs103/en/|work=World Health Organization|accessdate=12 abril 2014|date=Marzo 2014}}</ref><ref>{{Cita libro|last1=Ruzek|first1=edited by Sunit K. Singh, Daniel|title=Viral hemorrhagic fevers|date=2014|publisher=CRC Press, Taylor & Francis Group|location=Boca Raton|isbn=9781439884294|page=444|url=http://books.google.ca/books?id=l5MtJdDhie0C&pg=PA444}}</ref><ref name=AFP.Diagram>{{Cita web | title = How the Ebola virus attacks |url=https://images.search.yahoo.com/images/view;_ylt=A0LEVyHVWj1UulAAtXNXNyoA;_ylu=X3oDMTB0MGRoZG51BHNlYwNzYwRjb2xvA2JmMQR2dGlkA1ZJUDQ5OV8x?p=ebola+death+mechanism&back=https%3A%2F%2Fsearch.yahoo.com%2Fsearch%3Fei%3DUTF-8%26p%3Debola%2Bdeath%2Bmechanism%26fr%3Dyfp-t-746-s%26fp%3D1&w=787&h=800&imgurl=www.m2c3.com%2Fchemistry%2FVLI%2FM2_Topic4%2Fla_12_06.jpg&size=98KB&name=la_12_06.jpg&rcurl=http%3A%2F%2Fwww.m2c3.com%2Fchemistry%2FVLI%2FM2_Topic4%2FM2_Topic4_print.html&rurl=http%3A%2F%2Fwww.m2c3.com%2Fchemistry%2FVLI%2FM2_Topic4%2FM2_Topic4_print.html&type=&no=7&tt=114&oid=1059c7d9a0cc83f3be1cd9b207a584da&tit=At+the+cellular+level%2C+viruses+cause+cell+death+by+multiplying+and+...&sigr=120va5kc4&sigi=11h22tgu1&sign=10c3i31sj&sigt=103stl7si&sigb=12ku9masr&fr=yfp-t-746-s |publisher=Agence France-Presse (AFP) |author=Adrian Leung, John Saeki |date=15 August 2014 |accessdate= 14 October 2014}}</ref>
Liña 26:
Entre as medidas de prevención están tratar de diminuír o espallamento da enfermidade desde os monos e outros animais aos humanos mediante o exame dos animais na procura de casos de infección ou mortes, e desfacerse dos seus corpos da forma máis axeitada. Tamén son útiles medidas como cociñar suficientemente a carne e levar roupas protectoras cando se manexa carne. Unha vez que comezou o gromo nas poboacións humanas debe levarse roupa protectora e lavar as mans cando se está cerca dunha persoa coa enfermidade e aplicar medidas xerais de desinfección. As mostras de fluídos corporais e de tecidos de persoas afectadas deberían manexarse con especial precaución.<ref name=WHO2014/>
 
Non existe un tratamento específico para esta doenza; pode atenderse ás persoas infectadas dándolles unha [[terapia de rehidratación oral]] (auga algo azucrada e salgada para beber) ou [[fluídos intravenosos]].<ref name=WHO2014/> A doenza ten unha alta [[taxa de mortalidade]]: como media mata ao 50% dos infectados (a cifra exacta depende de cada epidemia e virus, e nalgúns casos chegouse ao 90%).<ref name=WHO2014/><ref name="Elsevier/Academic Press">{{Cita libro|author1=C.M. Fauquet|title=Virus taxonomy classification and nomenclature of viruses; 8th report of the International Committee on Taxonomy of Viruses|date=2005|publisher=Elsevier/Academic Press|location=Oxford|isbn=9780080575483|page=648|url=http://books.google.ca/books?id=9Wy7Jgy5RWYC&pg=PA648}}</ref> A doenza aparece tipicamente en gromos en rexións tropicais da [[África subsahariana]].<ref name=WHO2014/> Desde que se identificou en 1976 ata 2013, foron infectadas menos de 1.000 persoas por ano.<ref name=WHO2014/><ref name=MMWRJune2014/> Porén, o maior gromo ata agora é o de 2014 que está afectando sobre todo a [[Guinea]], [[Serra Leoa]] e [[Liberia]] e que ata o momento non rematou.<ref name=CDC2014/><ref name=CDC2014>{{Cita web|title=CDC urges all US residents to avoid nonessential travel to Liberia, Guinea, and Sierra Leone because of an unprecedented outbreak of Ebola.|url=http://wwwnc.cdc.gov/travel/notices/warning/ebola-liberia|website=CDC|accessdate=2 de agosto de 2014|date=31 de xullo de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140809181737/http://wwwnc.cdc.gov/travel/notices/warning/ebola-liberia|dataarquivo=09 de agosto de 2014|urlmorta=siyes}}</ref><ref name=CDCAug2014N>{{Cita web|title=Outbreak of Ebola in Guinea, Liberia, and Sierra Leone|url=http://www.cdc.gov/vhf/ebola/outbreaks/guinea/index.html|website=CDC|accessdate=5 de agosto de 2014|date=4 de agosto de 2014}}</ref> Estanse a facer grandes esforzos para obter unha [[vacina]], pero polo momento non existe ningunha,<ref name=WHO2014/> e estanse a probar medicamentos experimentais.
 
== Signos e síntomas ==
Liña 110:
Debido á falta dun equipamento e de prácticas hixiénicas adecuados, as grandes epidemias ocorreron principalmente en áreas pobres e illadas, sen hospitais modernos ou equipos médicos ben adestrados. O adestramento dos traballadores sanitarios nas técnicas de protección, illamento e desinfección, e a provisión de equipamentos axeitados para crear unha barreira de separación (como os traxes especiais) é unha prioridade para organizacións sobre o terreo como [[Médicos sen Fronteiras]].<ref>{{cita novas|url=http://www.nytimes.com/2014/10/11/world/africa/doctors-without-borders-evolves-as-it-forms-the-vanguard-in-ebola-fight-.html?_r=0 |título=Doctors Without Borders Evolves as It Forms the Vanguard in Ebola Fight|xornal=The New York Times|autor=Nossiter e Kanter|data=10 de outubro de 2014|dataacceso=12 de outubro de 2014}}</ref> Isto require unha previa aprendizaxe sobre como poñer e quitar o equipo persoal protector. En Serra Leoa, o período de adestramento típico para o uso destes traxes protectores é de aproximadamente 12 días.<ref>{{Cita novas|url=http://www.telegraph.co.uk/news/worldnews/ebola/11155840/Ebola-medics-better-trained-in-Sierra-Leone-than-Spain.html|título= Ebola medics 'better trained in Sierra Leone than Spain'|xornal= The Telegraph|autor= Fiona Govan |data= 11 de outubro de 2014}}</ref> As tripulacións de liñas aéreas que voan a áreas afectadas son instruídas para saberen identificar o ébola e illar a calquera que manifeste os síntomas.<ref>{{Cita web|url=http://www.webmd.com/a-to-z-guides/ebola-fever-virus-infection|título= Ebola Virus: Symptoms, Treatment, and Prevention}}</ref> Nos laboratorios onde se levan a cabo as probas de diagnóstico cómpre un nivel 4 de [[bioseguridade]], xa que os ebolavirus son considerados pola OMS como patóxenos do Grupo de risco 4.
 
A OMS considera moi importante a instrución da poboación xeral sobre os factores de risco e as medidas de protección individuais.<ref name=WHOFS103>{{cita web|título= Ebola virus disease Fact sheet N°103 |url=http://www.who.int/mediacentre/factsheets/fs103/en/|páxina-web=[[OMS]]|dataacceso=6 de setembro de 2014 }}</ref> Estas inclúen evitar o contacto directo con persoas infectadas e lavar as mans regularmente con auga e xabón.<ref>{{cita web | url = https://plan-international.org/about-plan/resources/news/ebola-outbreak-5-tips-to-avoid-the-deadly-disease/| title = Ebola – 5 tips to avoid the deadly disease | editor= Plan International| data = 6 de setembro de 2014}}</ref> En África, a carne de caza é un importante recurso alimenticio, polo que debería manipularse con roupas protectoras e cociñarse suficientemente antes de ser consumida.<ref name=WHO2014/> As epidemias entre os animais salvaxes están sendo vixiadas desde 2003 para intentar previr os gromos entre as poboacións humanas.<ref name="Cite pmid15752448">{{Cita publicación periódica | autor = Rouquet P, Froment JM, Bermejo M, Kilbourn A, Karesh W, Reed P, Kumulungui B, Yaba P, Délicat A, Rollin PE, Leroy EM | título = Wild animal mortality monitoring and human Ebola outbreaks, Gabon and Republic of Congo, 2001–2003 | journal = Emerging Infectious Diseases | volume = 11 | número = 2 | páxinas = 283–290 | data = feb 2005 | pmid = 15752448 | pmc = 3320460 | doi = 10.3201/eid1102.040533 | url = http://www.cdc.gov/ncidod/EID/vol11no02/04-0533.htm | issn = 1080-6040 | revista = | data-acceso = 05 de agosto de 2014 | urlarquivo = https://web.archive.org/web/20090424024425/http://www.cdc.gov/ncidod/EID/vol11no02/04-0533.htm | dataarquivo = 24 de abril de 2009 | urlmorta = siyes }}</ref> Os vellos rituais de enterramentos tradicionais, e os que requiren embalsamamento ou unción dos corpos, deberían ser desaconsellados ou modificados.<ref name=CDC1998/>
 
=== Rastreo de contactos e corentena ===
Liña 140:
[[Ficheiro:CDC worker incinerates med-waste from Ebola patients in Zaire.jpg|miniatura|Traballador do CDC incinerando residuos médicos de pacientes de ébola en Zaire en 1976.]]
[[Ficheiro:Rio ebola.png|miniatura|dereita|Sistema fluvial do [[río Ebola|Ebola-Mongala]] no norte de Zaire, que lle deu nome á enfermidade. Indícase a aldea de Yambuku, onde se iniciou o gromo de Zaire de 1976.]]
A enfermidade fai a súa aparición tipicamente en gromos en rexións tropicais da [[África subsahariana]].<ref name=WHO2014/> Desde que foi identificada en 1976 ata 2013, foron infectadas menos de 1.000 persoas por ano.<ref name=WHO2014/><ref name=MMWRJune2014>{{Cita web|title=Ebola Viral Disease Outbreak — West Africa, 2014|url=http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm6325a4.htm?s_cid=mm6325a4_w|website=CDC|accessdate=26 de xuño de 2014|date=27 de xuño de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140924125238/http://www.cdc.gov/mmwr/preview/mmwrhtml/mm6325a4.htm?s_cid=mm6325a4_w|dataarquivo=24 de setembro de 2014|urlmorta=siyes}}</ref> O maior gromo ata a data foi o de 2014 que se estendeu por África occidental e está a afectar sobre todo a [[Guinea]], [[Serra Leoa]], e [[Liberia]].<ref name=CDC2014/> En agosto de 2014 chegou a [[Nixeria]] e en outubro a [[Mali]].<ref name=CDCAug2014N/>
 
=== 1976 ===
Os primeiros casos da que se chamaría febre hemorráxica do Ébola déronse en 1976 no sur do Sudán (inicialmente na zona de Nzara<ref>{{Cita publicación periódica|apelidos1=Feldmann|nome1= H.|apelidos2= Geisbert|nome2= T. W. |ano=2011|título=Ebola haemorrhagic fever|lingua=en|revista=The Lancet|volume= 377 |número=9768|páxinas= 849–862| doi=10.1016/S0140-6736(10)60667-8|PMID=21084112}}</ref>) e pouco despois no norte de Zaire preto da fronteira coa [[República Centroafricana]] (inicialmente na aldea de Yambuku no distrito de Mongala).<ref>{{Cita libro|last1=Hewlett|first1=Barry|last2=Hewlett|first2=Bonnie|title=Ebola, Culture and Politics: The Anthropology of an Emerging Disease|date=2007|publisher=Cengage Learning|page=103|url=http://books.google.com/books?id=aboFAAAAQBAJ&pg=PA103&lpg=PA103&dq=congo+yambuku&source=bl&ots=pBDyVznpfn&sig=_6uTpL46YKgFJmniEMIo2G5Um3I&hl=en&sa=X&ei=SKDaU9-ONtKj8gGK74DYAQ&ved=0CEMQ6AEwBzgK#v=onepage&q=congo%20yambuku&f=false|accessdate=31 July 2014}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|title=Ebola hemorrhagic fever in Zaire, 1976|journal=Bulletin of the World Health Organization|date=1978|volume=56|issue=6|pages=271|url=http://whqlibdoc.who.int/bulletin/1978/Vol56-No2/bulletin_1978_56(2)_271-293.pdf|accessdate=4 de agosto de 2014|apelidos=|data=|revista=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140808213715/http://whqlibdoc.who.int/bulletin/1978/Vol56-No2/bulletin_1978_56%282%29_271-293.pdf|dataarquivo=08 de agosto de 2014|urlmorta=siyes}}</ref><ref>{{Cita publicación periódica|title=Ebola hemorrhagic fever in Zaire, 1976|journal=Bulletin of the World Health Organization|date=1978|volume=56|issue=6|pages=271|url=http://whqlibdoc.who.int/bulletin/1978/Vol56-No2/bulletin_1978_56(2)_271-293.pdf|accessdate=4 de agosto de 2014|apelidos=|data=|revista=|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140808213715/http://whqlibdoc.who.int/bulletin/1978/Vol56-No2/bulletin_1978_56%282%29_271-293.pdf|dataarquivo=08 de agosto de 2014|urlmorta=siyes}}</ref> No gromo de Zaire (hoxe [[República Democrática do Congo]]) contabilizáronse 318 casos e 280 mortes, e contívose coa axuda da Organización Mundial da Saúde. Inicialmente, creuse que o virus era o [[virus Marburg]], pero despois foi identificado como un novo tipo de virus relacionado co Marburg, ao que se lle deu o nome do río que pasa por esa rexión de Zaire, o río Ébola. A primeira descrición clínica da doenza fíxoa durante o gromo de Yambuku o Dr. Ngoy Mushola no seu rexistro do historial diario, no que escribiu: "A doenza caracterízase por febres altas duns 39&nbsp;°C, [[hematémese]], diarrea con sangue, dor abdominal retroesternal, prostración con "pesadez" nas articulacións, e morte de rápida evolución despois de como media tres días."<ref>{{Cita web|last1=Bardi|first1=Jason Socrates|title=Death Called a River|url=http://www.scripps.edu/newsandviews/e_20020114/ebola1.html|website=The Scripps Research Institute|accessdate=9 October 2014}}</ref>
 
No gromo que se deu en 1976 no sur do Sudán (hoxe en [[Sudán do Sur]]) houbo 284 casos e 151 mortes, e o causante foi o [[virus Sudán]].<ref>{{Cita publicación periódica|título=Ebola haemorrhagic fever in Sudan, 1976|lingua=en|revista=Bulletin of the World Health Organization|volume= 56|número=2|páxinas= 247–270|ano= 1978| PMC=2395561| PMID=307455}}</ref>
Liña 167:
En novembro de 2007, confirmouse un gromo de ébola no distrito de Bundibugyo. Despois de comprobar as mostras tomadas en laboratorios dos EUA, a OMS confirmou a presenza dunha nova especie de ''[[Ebolavirus]]'', que foi inicialmente chamada Bundibugyo.<ref>{{Cita novas|title=Uganda: Deadly Ebola Outbreak Confirmed – UN|url=http://allafrica.com/stories/200711301070.html|work=UN News Service|date=2007-11-30|accessdate=25-2-2008}}</ref> A epidemia rematou oficialmente en febreiro de 2008, cun total de 149 casos contabilizados, dos cales 37 morreron.
 
En marzo de 2008 celebrouse un Simposio Internacional celebrado no Centro Cultural Francés de [[Libreville]], [[Gabón]] para discutir o medio ambiente dos filovirus, a interacción dos filovirus co sistema celular, e o tratamento e prevención dos filovirus.<ref>{{Cita libro|title=The IV International Symposium on Filoviruses|url=http://www.ird.fr/filomeeting2008/venue.php|accessdate=31-0-2009|publisher=l'Institut de recherche pour le développement (IRD)|archiveurl=https://web.archive.org/web/20070827053744/http://www.ird.fr/filomeeting2008/venue.php|archivedate=27 de agosto de 2007|urlmorta=nonyes}}</ref>
 
O virus volveu a aparecer en [[Kasai Occidental]] (República Democrática do Congo) en novembro de 2008,<ref>{{Cita libro|last=World Health Organization|title=RD Congo: Fièvre hémorragique à virus Ebola au Kasaï Occidental, Rapport de situation No 1 des 26 & 27 décembre 2008|url=http://www.reliefweb.int/rw/rwb.nsf/db900sid/ASAZ-7MSCBQ?OpenDocument|accessdate=2009-06-02|date=2008-12-27|publisher=Relief Web|language=French}}</ref> e as mostras tomadas foron analizadas en laboratorios de Gabón e [[Suráfrica]]. En decembro de 2008, informouse de que o virus Ébola matara a 9 persoas e infectara a 21 na provincia de Kasai Occidental.<ref name="FluTrackers">{{Cita web | url=http://www.flutrackers.com/forum/printthread.php?t=89268 | title=DR Congo: Ebola Outbreak Confirmed, 9 Deaths | date=25 de decembro de 2008 | accessdate=3 de agosto de 2014}}</ref> Días despois, a organización Médicos sen Fronteiras informou de 11 mortes na mesma área, e de 24 casos en tratamento. En xaneiro de 2009, Angola pechou parte das súas fronteiras coa República Democrática do Congo para previr o espallamento da doenza.<ref>{{Cita libro|title=Ebola alert shuts Angolan border|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/africa/7812868.stm|accessdate=31-5-2009|date=6-1-2009|publisher=BBC}}</ref>
Liña 176:
En xullo de 2012, confirmáronse en Uganda 13 mortes debidas a un gromo do virus Sudán<ref>{{Cita web | publisher = Norwegian Council for Africa | url = http://www.afrika.no/Detailed/22121.html |title=Congo (DRC): Bushmeat blamed for Ebola outbreak | date = 24-8-2012 | accessdate = 15-4-2013}}</ref> no distrito de [[Kibaale]].<ref>{{Cita novas |url=http://www.bbc.co.uk/news/world-africa-19031860 |title=Outbreak of Ebola in Uganda kills 13 |work=BBC News |date=28 de xullo de 2012 }}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.msnbc.msn.com/id/48372851/ns/health/ |title=Officials: Uganda Ebola outbreak kills 14 | work = Health | publisher = MSNBC | date = 28-7-2012 | accessdate = 15-4-2013 | author = Muhumuza R }}</ref> Días despois xa se espallara a varias aldeas do distrito.<ref>{{Cita novas|title=Ebola Outbreak Spreads|newspaper=Associated Press – The Express|date=July 31, 2012}}</ref> A rede de resposta global e ás alertas da OMS informou en agosto dese ano que os casos sospeitosos chegaran a 53, dos cales 16 faleceran. Deses casos 5 foron confirmados con seguridade polo [[Uganda Virus Research Institute|UVRI]] como casos de ébola. Houbo tamén casos non confirmados fóra do distrito de Kibaale, agás un paciente confirmado que foi evacuado a [[Kampala]], onde morreu. A OMS e os [[CDC]] apoiaron sobre o terreo os esforzos do goberno de Uganda. Non houbo ningún caso confirmado fóra de Uganda.<ref>{{Cita web| url=http://www.who.int/csr/don/2012_08_03/en/index.html |title=WHO &#124; Ebola in Uganda – update |publisher=Who.int |date=8 de marzo de 2012 |accessdate=15-4-2013}}</ref><ref name="urlPrisoner with suspected case of Ebola escapes from hospital in Uganda - CNN.com">{{Cita web | url = http://www.cnn.com/2012/08/03/health/uganda-ebola-virus/index.html | title = Prisoner with suspected case of Ebola escapes from hospital in Uganda | publisher = CNN.com | date =6 de agosto de 2012 | author = McKenzie D }}</ref> Todos os que tiveran contacto cun paciente de ébola foron postos en illamento.<ref>{{Cita web|url=http://www.medicaldaily.com/news/20120803/11282/un-world-health-organization-ebola-uganda.htm |title=WHO: Ebola Outbreak in Uganda is Under Control | work = US/World | publisher = Medical Daily | date = 8 de marzo de 2012 | accessdate = 15-4-2013 | author = Hsu C }}</ref><ref>{{Cita web | url=http://www.who.int/csr/don/2012_08_10/en/index.html | title = Ebola in Uganda – update | publisher = WHO | accessdate = 8 de setembro de 2012}}</ref>
 
O 17 de agosto, o ministro de sanidade da República Democrática do Congo informou da aparición dun gromo da variante Bundibugyo<ref>{{Cita web |url=http://www.voanews.com/content/Ebola-drc-outbreak/1492233.html |title=DRC Confirms Ebola Outbreak |publisher=Voanews.com |accessdate=15-4-2013 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20120915235056/http://www.voanews.com/content/Ebola-drc-outbreak/1492233.html |dataarquivo=15-09-2012 |urlmorta=siyes }}</ref> na rexión oriental do país.<ref>{{Cita web|url=http://www.who.int/csr/don/2012_08_18/en/index.html |title=WHO &#124; Ebola outbreak in Democratic Republic of Congo |publisher=Who.int |date=17-8-2012 |accessdate=15-4-2013}}</ref> O 21 de agosto a OMS informou dun total de 15 casos con 10 mortes.<ref>{{Cita web|url=http://www.who.int/csr/don/2012_08_21/en/index.html |title=WHO &#124; Ebola outbreak in Democratic Republic of Congo – update |publisher=Who.int |date=21-8-2012 |accessdate=15-4-2013}}</ref> Non houbo evidencias que indicasen que este gromo estaba relacionado co de Uganda.<ref>{{Cita web|url=http://www.disasternews.net/news/article.php?articleid=5009 |title=Ebola outbreak in DRC – Disaster News Network |publisher=Disasternews.net |date=22-8-2012 |accessdate=15-4-2013}}</ref> En setembro de 2012, a OMS informou de que o gromo se cobrara 32 vidas e que a causa probable era a carne de animais infectados cazados arredor das cidades de Isiro e Viadana.<ref>{{Cita publicación periódica | url = http://www.cbsnews.com/8301-504763_162-57512216-10391704/ebola-virus-claims-31-lives-in-democratic-republic-of-the-congo/ | title = Ebola virus claims 31 lives in Democratic Republic of the Congo | year = 2012 | publisher = [[CBS News]] | publication-place = [[United States]] | accessdate = 14 September 2012 | ref = harv | author = Castillo M}}</ref>
 
=== Epidemia de 2013-16 ===
[[Ficheiro:Diseased Ebola 2014.png|lang=gl|miniatura|300px|Incremento co tempo de casos e mortes durante o ano 2014 no período indicado.]]
[[Ficheiro:2014 ebola virus epidemic in West Africa.svg|miniatura|300px|Mapa de cal era a situación da epidemia en África occidental na data indicada.]]
En marzo de 2014, estalou en [[África occidental]] un gromo de [[virus Ébola]] que comezou en [[Guinea]].<ref name=CDC2014Out>{{Cita web|title=Guidelines for Evaluation of US Patients Suspected of Having Ebola Virus Disease|url=http://emergency.cdc.gov/han/han00364.asp|website=CDC|accessdate=5 de agosto de 2014|date=1 de agosto de 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20140808075214/http://emergency.cdc.gov/han/han00364.asp|dataarquivo=08 de agosto de 2014|urlmorta=siyes}}</ref> Este é o primeiro caso dun gromo de virus Ébola rexistrado nesa rexión.<ref name=CDC2014Out/> Os investigadores que estudaron a orixe da epidemia rastrexárona ata un primeiro caso (un neno dun ano de idade que morreu) en decembro de 2013.<ref name="Baize2014">{{cita publicación periódica|autor=Baize S, Pannetier D, Oestereich L, Rieger T, Koivogui L, Magassouba N, Soropogui B, Sow MS, Keïta S, De Clerck H, Tiffany A, Dominguez G, Loua M, Traoré A, Kolié M, Malano ER, Heleze E, Bocquin A, Mély S, Raoul H, Caro V, Cadar D, Gabriel M, Pahlmann M, Tappe D, Schmidt-Chanasit J, Impouma B, Diallo AK, Formenty P, Van Herp M, Günther S|título=Emergence of Zaire Ebola Virus Disease in Guinea|revista=New England Journal of Medicine|volume=371|número=15|data=outubro 2014|páxinas=1418–25|pmid=24738640|doi=10.1056/NEJMoa1404505}}</ref><ref name="1st Chain">{{cita web|título=The first cases of this Ebola outbreak traced by WHO|url=http://who.int/csr/disease/ebola/ebola-6-months/guinea-chart-big.png?ua=1|obra=who.int|autor=[[OMS|WHO]]|ref=1st-chain|formato=png|ano=2014}}</ref> Posteriormente, a epidemia estendeuse de Guinea aos países veciños [[Liberia]] e [[Serra Leoa]]. Neses tres países: Guinea, Liberia e Serra Leoa, é onde se concentra a gran maioría dos casos e das mortes. Noutros países veciños houbo un número de casos moito menor: 1 caso en [[Senegal]] (procedente de Guinea; ao non haber máis casos a OMS declarou o gromo finalizado no Senegal o 17 de outubro <ref name=Ebola_Outbreak_total_WHO_17_Oct>{{Cita web|páxina-web=WHO: EBOLA RESPONSE ROADMAP |título=UPDATE-17 |data=outubro de 2014.|url=http://apps.who.int/iris/bitstream/10665/136645/1/roadmapupdate17Oct14_eng.pdf?ua=1}}</ref>),<ref name=2014_Ebola_Senegal>{{Cita novas |url=http://www.washingtonpost.com/world/africa/senegalese-minister-of-health-confirms-1st-case-of-ebola-virus-in-the-west-african-country/2014/08/29/7996179a-2f79-11e4-be9e-60cc44c01e7f_story.html |title=Senegalese minister of health confirms 1st case of Ebola virus in the West African country |work=Washington Post |date=29 August 2014 |accessdate=29 August 2014}}</ref><ref name=2014_Ebola_Senegal_1>{{Cita novas |url=http://www.itv.com/news/story/2014-08-29/first-case-of-ebola-virus-is-confirmed-in-senegal/ |title=First case of Ebola virus is confirmed in Senegal |publisher=ITV |date=29 August 2014 |accessdate=29 August 2014}}</ref> e 20 casos e 8 mortes en [[Nixeria]] (onde non xa houbo ningún caso máis desde o 8 de setembro,<ref>{{Cita web |url=http://www.bbc.co.uk/news/world-africa-28498665 |title=Nigeria 'on red alert' over Ebola death in Lagos |publisher=BBC News |date=26 July 2014 |accessdate=27 July 2014}}</ref> e finalmente a OMS declarou o 20 de outubro que Nixeria era un país "libre de ébola"<ref name="Nigeria_outbreak_ended">{{Cita novas| url=http://www.bbc.com/news/world-africa-29685127 | title=Ebola crisis: Nigeria declared free of virus | publisher =BBC News | date = 20 October 2014 | accessdate = 20 October 2014}}</ref><ref>{{Cita web |url=http://www.thisdaylive.com/articles/no-single-case-of-ebola-in-nigeria-says-chukwu/188681/ |title=No Single Case of Ebola in Nigeria, Says Chukwu |work=[[Thisday]] |accessdate=12 September 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141006071835/http://www.thisdaylive.com/articles/no-single-case-of-ebola-in-nigeria-says-chukwu/188681/ |dataarquivo=06 de outubro de 2014 |urlmorta=siyes }}</ref>).<ref name="Ebola_Outbreak_total_20_Sept">{{Cita web|url=http://apps.who.int/iris/bitstream/10665/134449/1/roadmapupdate22sept14_eng.pdf?ua=1|title=WHO: Ebola Response Roadmap Update, 22 September 2014 |publisher=WHO|date=22 September 2014|accessdate=22 September 2014}}</ref> O 23 de outubro confirmouse un caso de ébola en [[Mali]]: unha nena de dous anos que regresara de Guinea, e que acabou morrendo; foron postas en corentena decenas de persoas, e houbo dúas mortes máis noutro foco, e o 11 de novembro o goberno informou de 38 casos sospeitosos de ébola.<ref name="BBC News">{{Cita web|url=http://www.bbc.com/news/world-africa-29750723|title=BBC News - Ebola crisis: Mali confirms first infection case|work=BBC News|accessdate=24 October 2014}}</ref>.<ref name="Ebola_Outbreak_Mali_17_Nov">{{Cita novas|title=Rapport de la Situation Epidémiologique de la maladie à virus Ebola au Mali|url=http://www.sante.gov.ml/docs/Bulletin_Ebola_N17.pdf|publisher=Ministère de laSanté|date=13 November 2014 |accessdate=16 November 2014}}</ref> Despois dun período sen novos casos, Mali foi declarado libre de ébola o 18 de xaneiro de 2015.<ref name=WHO2015_01_21>{{Cita web|título="EBOLA SITUATION REPORT- 18 January 2015". |páxina-web=World Health organization. |data=21 de xaneiro de 2015.| url=http://apps.who.int/iris/bitstream/10665/149314/1/roadmapsitrep_21Jan2015_eng.pdf?ua=1}}</ref>
 
O 8 de agosto de 2014, a OMS declarou que a epidemia era unha emerxencia pública internacional. En outubro de 2014, xa eran decenas de miles de persoas as que estaban en corentena en Liberia, Guinea e Serra Leoa. Os custos económicos da xestión da epidemia, o peche de fronteiras e cesamento do comercio están supoñendo un custo económico enorme para os países afectados, e un colapso do seu sistema sanitario. En total, a OMS informou de ao termo da epidemia no 14 de xaneiro de 2016 o número de casos sospeitosos acumulados fora de 28.638 e o de mortes de 11.315,<ref name=":0">{{Cita web|url = http://www.cdc.gov/vhf/ebola/outbreaks/2014-west-africa/index.html|título = 2014 Ebola Outbreak in West Africa – Case Counts|data = 2014|páxina-web=2014 Ebola Outbreak in West Africa |editor = CDC (Centers for Disease Control and Prevention)}}</ref> aínda que a OMS considera que estas cifras están moi subestimadas.<ref name="World Health Organization ">{{Cita web | url=http://www.who.int/csr/disease/ebola/overview-20140814/en/ | title=WHO states that the Ebola cases may be vastly underestimated | work=WHO Ebola news | date=14 de agosto de 2014 | accessdate=18 de agosto de 2014}}</ref> Segundo a OMS o 10% dos falecidos foi persoal sanitario que atendía aos doentes.<ref>{{cita web|título=Unprecedented number of medical staff infected with Ebola|url=http://www.who.int/mediacentre/news/ebola/25-august-2014/en/|páxina-web=WHO|dataacceso=29 de agosto de 2014|data=25 de agosto de 2014}}</ref> A finais de 2015 a epidemia foi remitindo, e o 7 de novembro de 2015 Serra Leoa foi declarada libre da transmisión do ébola, e o 29 de decembro de 2015 Guinea foi tamén declarada libre da transmisión do ébola.<ref>{{Cita web |url=http://www.cbc.ca/news/health/ebola-guinea-1.3382945 |title=Ebola gone from Guinea |author=Thomson Reuters |date=29 December 2015 |website=CBC News - Health |publisher=CBC/Radio Canada |access-date=30 December 2015}}</ref> Finalmente, o 14 de xaneiro de 2016 Liberia foi declarada pola OMS como libre do virus. De todos modos programouse por precaución para os tres países un período de vixilancia de 90 días.<ref>{{cita web|url=http://who.int/mediacentre/news/releases/2016/ebola-zero-liberia/en/ |título="WHO - Latest Ebola outbreak over in Liberia; West Africa is at zero, but new flare-ups are likely to occur".|autor= World Health Organization.|dataacceso=14 de xaneiro de 2016}}</ref><ref>{{cita web|url=http://time.com/4179412/ebola-outbreak-over/|título=West Africa to Be Declared Ebola-Free, Health Officials Say|autor=Alexandra Sifferlin|obra=TIME.com|dataacceso=14 de xaneiro de 2016}}</ref> Pero durante ese período apareceu un novo caso en Serra Leoa o 15 de xaneiro de 2016 e posteriormente outro.<ref name="who.int1">{{cita web|url=http://www.who.int/mediacentre/news/statements/2016/new-ebola-case/en/ |título=New Ebola case in Sierra Leone; WHO continues to stress risk of more flare-ups|autor=World Health Organization |data=15 de xaneiro de 2016 |dataacceso=15 de xaneiro de 2016}}</ref> Deste modo non se puido dar por definitivamente concluída a peor epidemia de ébola da historia, que empezara en decembro de 2013. Finalmente, o gromo deixou de ser considerado oficialmente "emerxencia" o 29 de marzo de 2016.
Liña 203:
'''Descubrimento do RESTV'''. En 1989, cando se estaba investigando un gromo de [[virus da febre hemorráxica simia]] (SHFV) que xurdira nuns laboratorios de Reston, [[Virxinia]], EUA, un microscopista electrónico da [[USAMRIID]] descubriu uns [[filovirus]] de aparencia similar ao Ébola en mostras de tecidos tomadas de [[Macaca fascicularis|macacos cangrexeiros]] importados de [[Filipinas]] para os Hazleton Laboratories de Reston. Os monos estaban coinfectados<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999}}</ref> co SHFV e co novo virus.<ref name="McCormick 1999 277–279">{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999|pp=277–279}}</ref> Os monos enfermaron e morreron,<ref name="Waterman 1999">{{Cita libro|last=Waterman|first=Tara|url=http://www.stanford.edu/group/virus/filo/ebor.html|title=Ebola Reston Outbreaks|accessdate=2008-08-02|year=1999|publisher=Stanford University}}</ref> pero o persoal do laboratorio que traballou cos monos non enfermou, a pesar de que se comprobou que seis persoas eran seropositivas para ese virus. O CDC concluíu que ese tipo de virus tiña unha patoxenidade moi baixa para os humanos.<ref name="McCormick 1999 298–299">{{Cita Harvard sen parénteses|McCormick|Fisher-Hoch|1999|pp=298–299}}</ref> En 2008 en Filipinas enfermaron por este virus porcos, pero non persoas. As investigacións concluíron que se trataba dun novo tipo de virus Ébola, ao que despois se lle deu o nome de virus Reston (ebolavirus Reston, RESTV ou REBOV), un filovirus de orixe asiática.<ref name="Preston">{{Cita libro | title=The Hot Zone | publisher=Random House | author=Preston, Richard | year=1994 | location=New York | pages=300 | isbn=978-0679437840}}</ref>
 
'''Descubrimento do TAFV'''. En 1994 apareceu en [[Costa do Marfil]] un gromo en chimpancés que vivían no bosque Taï, que despois se contaxiou a unha científica que fixera as autopsias dos animais. O virus causante era un ebolavirus novo que se denominou ebolavirus Bosque Taï, (tamén denominado Taï Forest, Cote d'Ivoire [sic] ou Côte d'Ivoire, TAFV).<ref>{{Cita libro|last=Waterman|first=Tara|title=Ebola Cote D'Ivoire Outbreaks|url=http://virus.stanford.edu/filo/eboci.html|accessdate=2009-05-30|year=1999|publisher=Stanford University|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20080216054703/http://virus.stanford.edu/filo/eboci.html|dataarquivo=16 de febreiro de 2008|urlmorta=siyes}}</ref>
 
'''Descubrimento do BDBV'''. En 2008 deuse un gromo de [[febre hemorráxica viral|febre hemorráxica]] no distrito de Bundibugyo en [[Uganda]], no que se detectou unha nova variedade de ebolavirus, o [[virus Bundibugyo]] (BDBV), do que non volvería a haber outro gromo ata 2012 na República Democrática do Congo.<ref>{{Cita publicación periódica|autores= Wamala, J. F.; Lukwago, L.; Malimbo, M.; Nguku, P.; Yoti, Z.; Musenero, M.; Amone, J.; Mbabazi, W.; Nanyunja, M.; Zaramba, S.; Opio, A.; Lutwama, J. J.; Talisuna, A. O.; Okware, S. I.|ano=2010|título=Ebola Hemorrhagic Fever Associated with Novel Virus Strain, Uganda, 2007–2008|revista=Emerging Infectious Diseases|volume=16|número=7|páxinas= 1087–1092| doi=10.3201/eid1607.091525| PMC=3321896|PMID=20587179}}</ref>
Liña 232:
=== Medicamentos antivirais ===
Varios medicamentos [[antiviral|antivirais]] están sendo estudados para a súa aplicación ao tratamento do ébola. Son:
* [[Favipiravir]]. É un fármaco antiviral aprobado no Xapón para o almacenamento contra pandemias de gripe, que mostrou ser útil en modelos de ratos contra o ébola.<ref name="Gatherer 2014" /><ref name="pmid24583123">{{Cita publicación periódica | author = Oestereich L, Lüdtke A, Wurr S, Rieger T, Muñoz-Fontela C, Günther S | title = Successful treatment of advanced Ebola virus infection with T-705 (favipiravir) in a small animal model | journal = Antiviral Res. | volume = 105 | issue = | pages = 17–21 | year = 2014 | pmid = 24583123 | doi = 10.1016/j.antiviral.2014.02.014}}</ref> En 2014 foille administrado a unha monxa francesa que se contaxiou de ébola en Liberia e recuperouse.<ref>{{Cita web|url=http://www.msn.com/en-gb/news/world/french-nurse-cured-of-ebola-contracted-in-liberia/ar-BB7r1UJ|title=French nurse cured of Ebola contracted in Liberia|work=MSN|accessdate=7 October 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141011040312/http://www.msn.com/en-gb/news/world/french-nurse-cured-of-ebola-contracted-in-liberia/ar-BB7r1UJ|dataarquivo=11 de outubro de 2014|urlmorta=siyes}}</ref>
* [[BCX4430]]. É unha pequena molécula antiviral de amplo espectro desenvolvida por [[BioCryst Pharmaceuticals]] que está sendo probada en animais como un potencial tratamento humano contra o ébola pola [[USAMRIID]].<ref>{{Cita web|url=http://www.forbes.com/sites/davidkroll/2014/08/29/biocryst-to-launch-nhp-ebola-drug-safety-studies-within-weeks/|title=BioCryst to Launch NHP Ebola Drug Safety, Efficacy Studies 'Within&nbsp;Weeks'. David Kroll, Forbes Magazine. 29 August 2014|date=29 August 2014|work=Forbes|accessdate=5 October 2014}}</ref> Autorizouse que o fármaco pase a ensaios clínicos en fase I, e espérase ter resultados a finais de 2014.<ref>{{Cita web|url=http://www.wncn.com/story/26569197/biocryst-receives-additional-money-to-ramp-development-of-ebola-drug|title=DURHAM: BioCryst receives additional funding for Ebola drug - WNCN: News, Weather|date=18 September 2014|publisher=WNCN|accessdate=5 October 2014}}</ref>
* [[Brincidofovir]]. É outro fármaco antiviral de amplo espectro, inicialmente pensado para tratar infeccións por [[citomegalovirus]] e [[adenovirus]], que ten unha autorización de emerxencia da FDA norteamericana como nova droga en investigación para o tratamento do ébola, despois de que as probas ''[[in vitro]]'' resultasen efectivas contra o virus Ébola.<ref>{{Cita web|url=http://www.wncn.com/story/26438036/chimerix-experimental-drug-shows-promise-in-fighting-ebola-virus|title=Chimerix experimental drug shows promise in fighting Ebola virus. WNCN News, 4 September 2014|author=WNCN Staff|date=3 September 2014|publisher=|accessdate=7 October 2014}}</ref> Foi utilizada xa para tratar o paciente liberiano internado nun hospital de Texas, que finalmente faleceu.<ref>{{Cita web|url=http://money.cnn.com/news/newsfeeds/articles/globenewswire/10101305.htm|title=Chimerix Announces Emergency Investigational New Drug Applications for Brincidofovir Authorized by FDA for Patients With Ebola Virus Disease|publisher=|accessdate=7 October 2014|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20141006184937/http://money.cnn.com/news/newsfeeds/articles/globenewswire/10101305.htm|dataarquivo=06 de outubro de 2014|urlmorta=siyes}}</ref><ref name=Brincidofovir>{{Cita novas|last1=Perrone|first1=Matthew|title=Experimental Drug Provided to Dallas Ebola Patient|url=http://abcnews.go.com/Health/wireStory/drugmaker-experimental-drug-ebola-25997813|accessdate=10/6/14|agency=AP|publisher=ABC|date=10/6/14}}</ref>
* [[Lamivudina]]. É un antiviral que se usa normalmente para tratar o [[VIH/SIDA]], pero que en setembro de 2014 se utilizou para tratar con éxito a 13 dun total de 15 pacientes de ébola en Liberia, como parte dunha terapia de combinación na que tamén se utilizaron fluídos intravenosos e [[antibiótico]]s para combater [[infección oportunista|infeccións oportunistas]] bacterianas.<ref>{{Cita web|url=http://edition.cnn.com/2014/09/27/health/ebola-hiv-drug/|title=Doctor treats Ebola with HIV drug in Liberia -- seemingly successfully. Elizabeth Cohen, CNN news. 29 September 2014|date=27 September 2014|work=CNN|accessdate=7 October 2014}}</ref> Debido a esta combinación de fármacos e ao pequeno número de pacientes nos que se probou, algúns virólogos consideran que os resultados hai que tomalos con precaución. Os investigadores do [[NIH]] afirman que a lamivudina ata agora non demostrou actividade anti-Ébola nas probas ''in vitro'' preliminares realizadas, pero que estas continúan.<ref>{{Cita web|url=http://www.washingtonpost.com/news/to-your-health/wp/2014/10/02/a-liberian-doctor-is-using-hiv-drugs-to-treat-ebola-victims-the-nih-is-intrigued/|title=A Liberian doctor is using HIV drugs to treat Ebola victims. The NIH is intrigued. Elahe Izadi, Washington Post. 2 October 2014|work=Washington Post|accessdate=7 October 2014}}</ref>
* A falta de tratamentos para esta doenza está acelerando as investigacións doutros posibles antivirais contra o ébola.
Liña 265:
* {{Cita libro |last=Kuhn |first=Jens H. |title=Filoviruses: A Compendium of 40 Years of Epidemiological, Clinical, and Laboratory Studies. Archives of Virology Supplement, vol. 20 |url=http://books.google.com/?id=LaOue0F9Ns4C |year=2008 |publisher=SpringerWienNewYork |location=Vienna |isbn=978-3-211-20670-6 |ref=harv|lingua=en}}
* {{Cita libro |last1=McCormick |first1=Joseph |last2=Fisher-Hoch |first2=Susan |others=Horvitz, Leslie Alan |title=Level 4: Virus Hunters of the CDC |url=http://books.google.com/?id=QEvR3aJX2m0C |origyear=1996 |edition=Updated [3rd] |year=1999 |publisher=Barnes & Noble |isbn=978-0-7607-1208-5 |ref=harv|lingua=en}}
* {{Cita libro |last=Pattyn |first=S. R. |title=Ebola Virus Haemorrhagic Fever |year=1978 |url=http://www.itg.be/ebola/ |edition=1ª |publisher=Elsevier/North-Holland Biomedical Press |location=Amsterdam |isbn=0-444-80060-3 |ref=harv |lingua=en |dataacceso=05 de agosto de 2014 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20101211083855/http://www.itg.be/ebola/ |dataarquivo=11 de decembro de 2010 |urlmorta=siyes }}
* {{Cita libro | last1 = Ryabchikova | first1 = Elena I. | last2 = Price | first2 = Barbara B. | title = Ebola and Marburg Viruses: A View of Infection Using Electron Microscopy | year = 2004 | publisher = Battelle Press | location = Columbus, Ohio | isbn = 978-1-57477-131-2 | ref = harv|lingua=en}}
 
Liña 277:
* {{Cita web|url=http://www.cdc.gov/vhf/ebola/|título=Ebola (Ebola Virus Disease)|lingua=en|páxina-web=Centers for Disease Control and Prevention}}
* {{Cita web|url=http://www.who.int/csr/disease/ebola/en/|título=Ebola|lingua=en|páxina-web= [[Organización Mundial da Saúde]]}}
* {{Cita web|url=http://www.viprbrc.org/brc/home.spg?decorator=filo_ebola|título=Ebolavirus|lingua=en|páxina-web=Virus Pathogen Resource|data-acceso=29 de xuño de 2015|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160119052327/http://www.viprbrc.org/brc/home.spg?decorator=filo_ebola|dataarquivo=19 de xaneiro de 2016|urlmorta=siyes}}
* {{cita web|url=http://www.ebi.ac.uk/pdbe/emdb/searchResults.html/?q=ebola|título=Estruturas en 3D do virus Ébola|lingua=en|páxina-web=European Bioinformatics Institute}}