Y vasco: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas. #IABot (v2.0beta8)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 11:
A entrada en servizo desta infraestrutura permitirá reducir o tempo de viaxe entre as tres capitais: [[Vitoria]] - [[Donostia]] nun 60%, e entre [[Bilbao]] - [[Donostia]] e [[Bilbao]] - [[Vitoria]] nun 80% (a duración no ano [[2008]] do percorrido en transporte ferroviario entre capitais como [[Bilbao]] e [[Donostia]] era de algo máis de 2 horas e 15 minutos; entre [[Bilbao]] e [[Vitoria]] era de 2 horas 20 minutos con transbordo en [[Miranda de Ebro]], e para rematar, entre [[Vitoria]] e [[Donostia]], era de 1 hora e 40 minutos).
 
Os servizos de mercadorías chegarán directamente ata o [[porto de Bilbao]] en [[Santurtzi]] ([[Biscaia]]) pola variante sur ferroviaria, e ao [[porto de Pasaias]] en [[Guipúscoa]] a través dun acceso desde [[Irún]] creando unha intermodal de mercadorías en [[Lezo]]. Estímase que se retirarán da estrada 800.000 camións anuais. Prevíronse conexións ao futuro eixo cantábrico de alta velocidade ([[liña de alta velocidade da costa cantábrica]]) que o uniría con [[Santander]], e ao corredor navarro que o uniría con [[Pamplona]] e a liña do [[val do Ebro]], esta última cunha conexión en [[Ezkio-Itsaso]] e sen afectar os parques naturais de ao redor.<ref>{{Cita web |url=http://www.noticiasdenavarra.com/ediciones/2008/02/07/sociedad/navarra/d07nav10.1153322.php |título=O Goberno foral apoia que a conexión co 'Y' vasco sea en Ezkio-Itsaso. |data-acceso=05 de xullo de 2009 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20111117184039/http://www2.noticiasdenavarra.com/ediciones/2008/02/07/sociedad/navarra/d07nav10.1153322.php |dataarquivo=17 de novembro de 2011 |urlmorta=siyes }}</ref>
 
Prevíronse seis estacións e dous postos de adiantamento e estacionamento de trens, un en [[Aramayona]] ([[Áraba]]) e outro en [[Ezkio-Itsaso]] (esta última tamén será estación de pasaxeiros). Estas instalacións ocuparán unha plataforma de 1.500 m de longo, cun largo de entre 42 e 56 metros, e acollerán seis ou oito vías.