Xosé Manoel Núñez Seixas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Actualización de publicacións.
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Liña 10:
O seu labor investigador céntrase na análise comparada e transnacional dos nacionalismos subestatais e estatais, tanto ibéricos como europeos, no século XX, así como nos estudos migratorios (especialmente da emigración galega a América) e na historia cultural da guerra, sobre todo da [[II Guerra Mundial]] e da [[Guerra Civil Española]], temas todos sobre os que ten máis dunha ducia de monografías en galego, inglés, alemán, francés, portugués, castelán e catalán, amais de abondosos artigos en revistas ibéricas e internacionais, e capítulos en libros colectivos de ámbito europeo e internacional. Fai parte de varios consellos asesores de revistas galegas, españolas e internacionais, como ''Ayer, Historia del Presente'' e ''European History Quarterly,'' así como do consello de redacción das revistas ''Historia Social'' (Valencia) e ''Passato e Presente'' (Florencia).
 
Foi profesor titular ([[1994]]-[[2007]]) e, dende 2007, catedrático da Universidade de Santiago de Compostela. Igualmente, foi profesor convidado de varias universidades europeas ([[Bielefeld]], [[Zentrum für zeithistorische Forschung Potsdam]], París VII, París X), arxentinas (Mar del Plata), italianas (Verona) e norteamericanas (Stanford, City University of New York). Tamén é profesor visitante cada ano do Colexio de Europa, Natolin (Varsovia).<ref>{{cita web|título=Núñez Seixas, Xosé M.|url=http://www.libreriaentrecomillas.es/n%C3%BA%C3%B1ez-seixas-xos%C3%A9-m|dataacceso=13 de abril de 2016|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160424023502/http://www.libreriaentrecomillas.es/n%C3%BA%C3%B1ez-seixas-xos%C3%A9-m|dataarquivo=24 de abril de 2016|urlmorta=siyes}}</ref>
 
Dende o [[1 de outubro]] do [[2012]] até o 30 de setembro de 2017 ocupou a cátedra de Historia Contemporánea de Europa (séculos XIX e XX) na Universidade Ludwig-Maximilian de [[Múnic]], [[Alemaña]], onde desenvolveu o seu labor docente e investigador.